Mostrando entradas con la etiqueta Pingüíns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pingüíns. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de abril de 2024

IMOS AO TEATRO

A semana pasada fomos ao Auditorio de Abanca a ver a obra de monicreques Pingüín. Unha tenra e divertida historia sobre os cambios familiares tras o nacemento dun novo membro.

Ao rematar, aproveitamos a nosa visita a Pontevedra para brincar e xogar nun dos parques da vila.




lunes, 29 de enero de 2024

AS RECEITAS DE ANA E NOA

Xa temos as fotos das creacións das nosas cociñeiras Ana e Noa. Mirade nas imaxes que ben lle quedaron estas receitas de inverno.


lunes, 22 de enero de 2024

PINGÜÍNS

Cada 20 de xaneiro conmemórase o Día de Concienciación polos pingüíns,para unirnos a esta celebración, levamos estes animaliños ás nosas propostas culinarias da fin e semana con esta divertida receita.

O noso cociñeiro Noel xa nos enviou a súa creación. Mirade nas imaxes que chuliño  lle quedou.

lunes, 24 de enero de 2022

jueves, 20 de enero de 2022

FELIZ DÍA DOS PINGÜÍNS!

 

Para promover a protección e coidado dos pingüíns, cada 20 de xaneiro conmemórase o Dia da Concienciación por estes animaliños. Na aula tamén nos unimos  a esta celebración con diversas actividades.


 Comezamos lendo varios dos libros que temos deles e descubrimos algunhas das súas características. Despois fixemos o baile dos pingüíns e pintamos tubos de papel hixiénico para construír uns cos que xogar. 


Tamén comezamos a facer unha divertida receita con eles coma protagonistas, pero iso volo contaremos na seguinte entrada

miércoles, 3 de febrero de 2021

NA HORA DE LER … LIBROS DE PINGÜÍNS

 

Cada día, normalmente á volta do recreo, chega a hora de ler. Para ese momento temos unha bolsiña cargada de libros que imos cambiando.  A diario, o encargado escolle entre eles cal lemos. Esta semana veu chea de libros de pingüíns. Paseniño imos lendo e aprendendo unha chea de cousas sobre eles.

viernes, 22 de enero de 2021

PARA MERENDAR… PINGÜÍNS

Despois de toda a semana a voltas cos pingüíns, chegou o momento de levalos tamén ao noso obradoiro de cociña da fin de semana. Coma sempre, propoñemos unha receita sinxeliña con ovo cocido, pero nos seguintes vídeos tedes outras opcións con olivas negras e con plátanos. E por suposto, podedes deixar voar a imaxinación e crear as vosas propias receitas. Animádevos a cociñar cos meniños e mandarnos as fotos.


jueves, 21 de enero de 2021

O BAILE DOS PINGÜÍNS

 

Á maioría dos meniños da aula aínda lles custa aclararse cos conceptos dereita e esquerda. Hoxe con este divertido baile que vimos na aula de Ribadumia b, estivemos traballando estas nocións. Preparados para practicar tamén na casa?

miércoles, 20 de enero de 2021

FELIZ DÍA DOS PINGÜÍNS!

 

Hoxe conmemorase o Día da concienciación polos pingüíns. O obxectivo desta celebración é promover a protección e coidado destes animaliños. 


Na nosa aula tamén quixemos unirnos a esta iniciativa coñecendo algunhas das características destas aves. Amodiño, a través de libros e documentais, estamos aprendendo cousas curiosas. Pero tamén divertidas coma a manualidade que realizaron coa axuda da mestras Olalla e Malú.