Mostrando entradas con la etiqueta Maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maios. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de mayo de 2024

MAIOS 2024

Aínda que este ano tivemos que aprazar a nosa tradicional festa debido á choiva, a semana pasada por fin puidemos celebrala.

Colares de flores, xogos, cancións, bailes con gaiteiros e unha gran merendola, inundaron un ano máis a nosa escola para darlle a benvida á primavera.





lunes, 8 de mayo de 2023

MAIOS 2023


Para dar a benvida á primavera, celebramos a festa dos Maios. Este ano, puidemos volver a xuntar a toda a comunidade educativa para construílo e cantar e bailar ao seu redor. Grazas a todos o que fixeron posible a súa realización.


lunes, 2 de mayo de 2022

MAIOS 2022

Para darlle a benvida a primavera, cada curso realizamos un maio. Trátase dunha construción feita con paus e cuberta con fiúncho, flores e outros adornos ao redor da que cantamos coplas a ritmo de claves.

 Este ano, grazas ao ANPA da escola, volveron a acompañarnos os gaiteiros.





domingo, 2 de mayo de 2021

MAIOS 2021

 

Para darlle a benvida á primavera, en moitas localidades de Galicia celébrase a festa dos Maios. Trátase dunhas construcións feitas con paus, recubertas de fiúncho e decoradas con flores, ao redor das que se cantan coplas a ritmo de claves. Na nosa escola era tradicional facela o último venres de abril xuntándonos coas familias. Debido á pandemia, este ano tivemos que adaptala ás novas normas sanitarias, pero non por iso deixamos de continuar con tan bonita tradición.


Comezamos os días anteriores vendo que podíamos empregar como base. Coa axuda da mestra Ana creamos unha pequena estrutura reciclando revistas de xoguetes. O xoves buscamos e apañamos fiúncho na contorna da escola e ensaiamos as cántigas. O venres trouxemos flores e logo veu a parte más divertida, facer os colares, vestir o maio e cantar ao seu redor.  







ABELLAS

Chega maio,  o mes da flores, e para darle a benvida propoñemos elaborar unha receita que ten coma protagonista á mellor alida desta parte das plantas : a abella. Coma sempre nós propuxemos unha receita sinxeliña, pero neste enlace tedes outra opción  e aquí unha divertida versión en sándwich.  Marta xa se animou a realizala empregando tamén pébidas de chocolate. Mirade nas fotos que nos mandou que bonita lle quedou.


sábado, 10 de abril de 2021

PAMPULLOS

Esta semana a primavera tróuxonos un bonito agasallo. Á volta das vacacións de Pascua, atopamos o xardín do parque da escola cuberto de pampullos. Non puidemos resistirnos á tentación de apañalos e elaborar pulseiras de flores.




martes, 5 de mayo de 2020

OS NOSOS MAIOS



Aínda que non puidemos celebralo na escola, as familias uníronse á proposta da mestra Ana de #maiosdendeascasas e déronlle a benvida a primavera dende o fogar. Agora que xa podemos saír a dar pequenos paseos, podedes aproveitar para apañar flores e construílo se aínda non tivestes tempo de facelo. Mandarnos as fotos das vosas creacións e publicarémolas nesta entrada.



miércoles, 29 de abril de 2020

CHEGA A FESTA DOS MAIOS

Mañá sería o día previsto para facer unha das celebracións máis vistosa da nosa escola:  Os Maios. Debido á situación de illamento na que nos atopamos, non podemos reunirnos pero non por isto imos deixar de darlle a benvida á primavera de diferentes xeitos. Un deles pode ser facendo florecer margaridas como no vídeo que nos mandou Marta. Outra secundar a proposta da mestra Ana #maiosdendeascasas no seu blog de natureza. Seguro que a vós se vos ocorren moitas máis, animádevos a compartilas.

miércoles, 1 de mayo de 2019

MAIOS 2019

Un obradoiro de compostaxe, unha alfombra floral, unha merendola espectacular, gaiteiros, baile e, por suposto, o noso maio. ¡Canto traballamos na nosa festa pero que ben o pasamos!

domingo, 29 de abril de 2018

MAIOS 2017

Como cada ano, para darlle a benvida á primavera, na nosa escola celebramos a festa dos Maios. Aínda que a mañá comezou anunciando choiva, o sol foi gañando terreo e todos puidemos gozar da nosa celebración no exterior.  Obradoiros de confección de colares, coroas e música con material de refugallo da man de Matrácala, iniciaron unha xornada  chea de flores e fiúncho. Despois da merenda,  musica e bailes en compañía das familias puxeron o punto final a un día cheo de actividades. Moitas grazas a todos pola súa colaboración e, en especial, ao papá de Suevia e as mamás de Breixo e Lucía, pola súa axuda na construción e decoración do Maio.

viernes, 28 de abril de 2017

BOLBORETAS E FLORES

No noso obradoiro de cociña tamén celebramos a festa dos Maios dun xeito moi especial. A semana pasada elaboramos froitas de flores para enchernos de vitaminas e hoxe unhas riquísimas bolboretas.



miércoles, 26 de abril de 2017

MAIOS 2017

Este ano o noso Maio veu cargado de flores pero tamén de música. As familias, os nenos e os mestres cantamos, bailamos e xogamos ao ritmo dos gaiteiros. Mirade nas fotos que ben o pasamos dándolle a benvida á primavera. E neste enlace e aquí, tedes as fotos que publicou La Voz de Galicia na súa versión dixital con vídeo incluído.

sábado, 22 de abril de 2017

PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS

Para darlle a benvida á primavera, cada ano celebramos na nosa escola a festa dos Maios. Trátase dunha construción feita de canas que revestimos de fiuncho e decoramos con flores. Esta semana estivemos lembrando como se realiza, aprendendo os nomes das plantas que empregamos e, sobre todo, ensaiando as coplas para cantar ao seu redor. Non vos esquezades mañá á tardiña de apañar fiuncho e flores para que o luns teñamos material de abondo para facelo.

sábado, 30 de abril de 2016

FESTAS DOS MAIOS 2016

O venres foi unha mañá chea de actividades e emocións. Comezamos a xornada traballando duramente na confección dos colares de margaridas necesarios para decorar o Maio. Aínda que realmente o labor xa o empezaran as familias o día anterior baleirando ovos e apañando fiúncho, flores, laranxas e limóns para traelos á escola. Unha vez máis graciñas a todos pola vosa colaboración e xenerosidade, sen ela a elaboración do maio non seria posible.
Despois os cativos confeccionaron coroas de flores coas que acicalarse e aínda tivemos tempo dunha sorpresa moi especial: a visita da científica Luísa do CSIC en Galicia.
Ademais de contarnos un precioso conto co que nos explicou como xurdiu nela a necesidade de investigar e descubrir o porqué das cousas, ensinounos a través dun divertido experimento que a auga salgada pesa máis que a doce. Abraiados co resultado e con ganas de máis chegou o momento de recuperar forzas coa rica merendola que trouxeron as familias. 
Mentres, paseniño o Maio foi collendo xeito ata quedar rematado e a nosa exposición “A min gústame ler en …” tamén. Entón chegaron os músicos e o tempo das cancións e xogos ao seu redor.  A ritmo de gaitas bailamos, cantamos e gozamos dándolle a benvida a primavera.

martes, 19 de abril de 2016

PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS

Para darlle a benvida á primavera, en diferentes zonas de Galicia celebrase a festa dos Maios. Na nosa escola tamén nos unimos a esta tradición e todos os anos confeccionamos un Maio. Trátase dunha construción de canas que se reviste de fiúncho e se decora con flores, ovos e laranxas. Este curso realizarémolo o venres 29 pero xa empezamos a ensaiar as cantigas e a preparar as diferentes actividades que se realizarán o seu redor.
Unha delas será unha exposición fotográfica baixo o lema “A min gústame ler en …” coa idea de conmemorar o Día do Libro que se celebra este sábado 23. Para organizala, hoxe os meniños levaron para casa unha folliña cun debuxo dun libro aberto no que deberán escribir o nome do seu lugar favorito para ler: a cama, a terraza, a praia, o salón …  Nela tamén deberan pegar unha foto deles lendo no lugar escollido ou se o preferides podedes enviala a escoladeleiro@gmail.com e xa a imprimimos nós na escola. Lembrades que se queredes participar tedes que entregala antes do 26 de abril.

viernes, 1 de mayo de 2015

MAIOS 2015

Como anunciaban as predicións, tivemos unha mañá dominada pola choiva pero, a pesar do mal tempo, pasámolo xenial. No transcurso da mañá xogamos, vimos contos, fixemos colares de flores, merendamos uns doces riquísimos que prepararon as familias,  vestimos e decoramos o Maio e o mellor, cantamos e bailamos arredor del. Graciñas á mamá de Uriel e aos músicos que a acompañaban, acabamos todos danzando e gozando da festa. Unha vez máis o noso máis sincero agradecemento a toda a comunidade educativa pola súa axuda e colaboración.

martes, 28 de abril de 2015

PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS

Para darlle a benvida á primavera nalgunhas zonas de Galicia celébrase a festa dos Maios. Trátase de realizar construcións cunha base de paus e recubrila de fiúncho, flores, ovos, laranxas ou outros elementos naturais dependendo do lugar.
O vindeiro xoves, na nosa escola, imos participar deste costume elaborando un Maio ao redor do cal cantaremos a ritmo de claves como manda a tradición.

Hoxe na aula comezamos cos preparativos. O primeiro identificar e localizar o fiúncho, elemento básico para vestir o Maio. 
Despois lembramos as normas de uso dos paus que empregaremos como claves e ensaiamos as cancións e movementos ao redor da estrutura que usaremos como base. As previsións anuncian que teremos unha mañá con choivas persistentes, esperemos que co paso das horas o tempo mellore e poidamos celebralo fóra e gozar todos da festa.