Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de junio de 2023

CONVIVENCIA 2023

Para os nenos que rematan a escolaridade en infantil, realizamos unha xornada de convivencia cos que serán os seus futuros compañeiros no colexio de primaria.

Ademais da emoción de ir no autobús para familiarizarse co transporte escolar, no transcurso da mañá tiveron multitude de actividades.


miércoles, 5 de junio de 2019

CONVIVENCIA 2019

Un ano máis, para facilitar o cambio de etapa dos meniños que rematan infantil, realizamos unha xornada de convivencia no que será o seu futuro colexio. Ademais de ir no transporte escolar, no transcurso da mañá realizan xogos para coñecer os seus novos compañeiros, visitan as instalación da escola e fan actividades co profesorado do centro.


lunes, 4 de junio de 2018

CONVIVENCIA 2018

Hoxe, como cada ano por estas datas, con todos os nenos que rematan a súa etapa de infantil, fixemos unha xornada de convivencia no que será o seu futuro colexio. Para que os meniños se familiaricen co transporte escolar, collemos o autobús na parada máis próxima á nosa escola. Ao chegar ao CPI Xulia Becerra Malvar, fixemos xogos de presentación e despois comezaron as actividades. No transcurso da maña, os cativos traballaron cos que serán os seus compañeiros o vindeiro curso, asistiron a un concerto na aula de música, viron un contacontos en inglés, visitaron as instalacións do centro e coñeceron a algunhas das mestras. Case sen darnos conta chegou o momento de regresar á nosa escola.

miércoles, 14 de junio de 2017

CONVIVENCIA 2017

O final de curso achegase e pronto os maiores remataran a súa etapa de infantil. Para coñecer os que serán os seus novos compañeiros e familiarizarse coas instalación do seu futuro colexio,  o pasado venres tivemos unha convivencia no CPI Julia Becerra Malvar. Foi unha mañá do máis intensa. Primeiro viaxamos no transporte escolar, despois as mestras de infantil de Barrantes argallaron xogos de presentación e, xa máis relaxados, asistimos a un contacontos na biblioteca. Para recuperar forzas, merendamos xuntos e os nenos coñeceron a algúns dos profesores que lle darán clase. No campo de fútbol atopamos antigos amigos e despois de moitas apertas, fomos á aula de música a un concerto que prepararan os maiores de primaria. Para rematar, o mestre de ximnasia fixo varias actividades con todos xuntos e, xa cansadiños pero contentos, chego o momento de regresar ás escolas. 

jueves, 2 de junio de 2016

CONVIVENCIA 2016

Para que os alumnos coñezan o que será o seu futuro colexio e se familiaricen co transporte escolar, cada ano organizamos unha convivencia con todos os nenos de 6º de infantil no CPI  Julia Becerra Malvar.

Cando chegamos, as mestras dese centro tíñannos preparadas unha chea de actividades para que os meniños coñeceran os que serán os seus compañeiros e profesores o vindeiro curso. Xogos de presentación, visita á biblioteca escolar e outras instalacións da escola, contacontos, unha merenda compartida, clase de música, inglés, educación física … Ademais da emoción de ir no autobús escolar e ver aos amigos do ano pasado, no transcurso da mañá tivemos de todo, ¡ata unha medalla para levar para casa como agasallo!.  

miércoles, 3 de junio de 2015

CONVIENCIA ESCOLAR 2015


Os maiores da escola  tiveron unha mañá do máis emocionante. Fomos no transporte escolar ata o que será o seu futuro colexio. Coñeceron os seus compañeiros do vindeiro curso e algunhas das mestras. Visitamos as aulas de primeiro e de música, a biblioteca, o comedor … A profesora de inglés leunos un conto moi divertido e ensinou algunhas palabras nesa lingua. Coa mestra de música cantamos, bailamos e ata aprendemos como relaxarnos cun “agradable masaxe musical”.

jueves, 5 de junio de 2014

CONVIVENCIA ESCOLAR 2014

Para facilitar o cambio ao centro de primaria, cada ano facermos un día de convivencia cos neno do concello que rematan a súa etapa de infantil e visitamos o colexio dos maiores. Co obxectivo de familiarizarnos co transporte escolar, fomos ata alá en autobús e collémolo na parada máis próxima á nosa escola. Ao chegar xuntámonos cos nenos das demais parroquias e, tras facer xogos de presentación, ensináronnos o centro. Vimos a aula de música,onde  experimentamos cos sons e tamén co silencio; coa mestra de inglés e a súa mascota, fixemos unha chea de actividades divertidas;  no ximnasio descubrimos que teñen moitísimo material e xogamos ao pilla; recuperamos forzas merendando todos xuntos; saímos ao recreo cos maiores nun campo de fútbol enorme e, case sen darnos conta, chegou a hora de volver ás nosas escolas.

jueves, 6 de junio de 2013

CONVIVENCIA

O pasado 23 de maio, os alumnos do noso centro que rematan este curso educación infantil, asistiron a unha xornada de convivencia cos nenos do CPI Julia Becerra Malvar. Para familiarizarse co transporte escolar, colleron o autobús na parada que está máis preto da nosa escola e foron a coñecer o que será o seu futuro colexio. Unha vez alí, realizaron unha visita polas instalacións do centro, merendaron no comedor escolar e compartiron cancións e xogos cos que serán os seus compañeiros. Xa están colgadas as fotos na galería de imaxes da web do centro, ou se o preferides podedes velas clicando directamente aquí