Mostrando entradas con la etiqueta Recunchos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recunchos. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de septiembre de 2015

O RECUNCHO DA COLCHONETA


Un dos recantos máis activos da nosa aula é o da colchoneta. Nel os cativos poden xogar con animais, ferramentas, bonequiños, coches, barcos, camións e, sobre todo, con gran variedade de pezas de construción. Pero ademais de lugar de xogos, a colchoneta é tamén o espazo onde facemos multitude de actividades: contamos as nosas inquedanzas e sucesos na asamblea, ollamos o xornal, marcamos o calendario, anotamos o tempo meteorolóxico, realizamos a hora de ler, escoitamos música, cantamos… Hoxe, os pequenos, coñeceron algunhas das tarefas que nela facemos pero, especialmente, gozaron coa cantidade de xoguetes que este curruncho ten.

Pouco a pouco, os novos alumnos van ampliando o seu tempo de permanencia na escola. Está mañá xa merendaron connosco e quedaron ata a hora da saída co resto dos seus compañeiros. Portáronse como auténticos chicos maiores e integráronse nas rutinas da aula sen dificultade.

Mentres, cos maiores e medianos, imos quentando motores na aprendizaxe da lectoescritura traballando ao redor dos nomes dos novos amigos. Vimos como se escribían, copiámolos do encerado, asociámolos coas fotos e contamos cantas letras tiñan cada un. Por certo … ¿quen se lembra que nome tiña máis letras de todos?... A ver quen nos manda un comentario coa resposta.

martes, 10 de marzo de 2015

FINALIZAMOS “AS OBRAS”…

Xa rematamos os cambios na aula e agora dispoñemos de máis espazo de traballo e visualizamos mellor o encerado dixital dende diferentes ángulos. Ademais, despois de moito tempo pechado por avarías, hoxe conseguimos poñer en marcha o recuncho do ordenador. É moi velliño e non vai a conexión a internet  pero podemos traballar co procesador de textos e introducir xogos. Todos os cativos querían probalo pero temos que ir por quendas. Seguro que nos vindeiros días quitarémoslle moito partido.

miércoles, 29 de mayo de 2013

NOS DÍAS DE CHOIVA… VISITA AO SALÓN DE PEITEADO


Volven os días de choiva e non podemos saír ao patio de recreo, pero si xogar nos diferentes recunchos da aula. Unha boa opción é aproveitar o mal tempo para lavar, peitear e amañar os cabelos no salón de peiteado que temos no recanto dos disfraces. Mergullados no seu xogo simbólico, os cativos deixasen acicalar cunha paciencia admirable.


viernes, 13 de abril de 2012

UN RECREO NOS RECUNCHOS DA CLASE

Esta semana o frío e a choiva impedíronnos saír ao patio da escola.
Gústanos correr e brincar por fora pero, cando polo mal tempo non podemos, tamén o pasamos ben xogando nos diferentes recunchos da aula. No da casiña preparamos comidas imaxinarias mentres imitamos aos adultos que nos rodean,  na colchoneta cos vehículos e as pezas inventamos construcións que serían a envexa dos arquitectos, nos disfraces creamos o mellor salón de peiteado do planeta, na biblioteca deixamos voar a nosa imaxinación, nos puzzles desenvolvemos o noso pensamento matemático sen darnos conta… na escola cos nosos amigos  sempre logramos pasalo ben con ou sen choiva.