Mostrando entradas con la etiqueta Primavera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primavera. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de mayo de 2023

AS RECEITAS DE ANA E NOA

As nosas cociñeiras Ana e Noa animáronse a elaborar dúas das propostas primaverais desta tempada.


Comezamos cun día de choiva e seguimos coas imprescindibles flores.

Mirades nas imaxes que nutritivas e lucidas quedan. Animádevos a crear a vosa flor de primavera con outros ingredientes. 

lunes, 2 de mayo de 2022

MAIOS 2022

Para darlle a benvida a primavera, cada curso realizamos un maio. Trátase dunha construción feita con paus e cuberta con fiúncho, flores e outros adornos ao redor da que cantamos coplas a ritmo de claves.

 Este ano, grazas ao ANPA da escola, volveron a acompañarnos os gaiteiros.





lunes, 18 de abril de 2022

COELLIÑOS DE PASCUA

 

Coa creatividade que caracteriza á mestra Olalla, convertemos uns simples tubos de papel hixiénico en divertidos coelliños de Pascua.

martes, 5 de abril de 2022

O COELLIÑO DE PASCUA DE NOEL

 

Achéganse as vacacións de Semana Santa e con ela chegan as roscas, os coelliños de Pascua e os ovos de chocolate. Dende as nosas propostas culinarias da fin de semana, propuxemos elaborar un coelliño de Pascua empregando saborosas froitas. O noso chef Noel animouse a cociñalo e mirade nas imaxes que ben lle quedou.



Nese enlace tedes outras saborosas receitas alternativas e igualmente divertidas.

AS FLORES DE NOEL

 

Para darlle a benvida a primavera, fai unhas semanas propuxemos elaborar unhas nutritivas e saudables flores de froitas. O noso cociñeiro Noel animouse a realizalas. Mirade nas imaxes que chuliñas lle quedaron.