Mostrando entradas con la etiqueta Calendarios escolares temáticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calendarios escolares temáticos. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de junio de 2021

REMATAMOS O TRIMESTRE


Case sen darnos conta chegamos a final de curso. Xa rematamos os traballos, empaquetamos todo e levamos as cousas para casa. Para meter todos os traballos do trimestre a mestra Ana axudounos a personificar unhas bolsiñas.

Nas últimas semanas completamos o calendario escolar de Frida Kalho. A portada é unha pequena guía de lectura. Nela aparecen recollidos os libros que consultamos ao longo do curso adaptados ás idades dos nosos alumnos. 

Quedara pendente de publicar neste blog a versión signada do conto Zapato, que con tanta ilusión reescribimos e memorizamos.


 Déixovola a continuación para que poidades practicar en familia.

A última crisálida que tiñamos, tamén saíu do seu casulo e soltámola para que puidera continuar o seu ciclo vital.


viernes, 12 de junio de 2020

GUÍA DE LECTURAS DE JOAN MIRÓ


Debido á suspensión das clases, non puidemos continuar co noso tradicional calendario escolar que este curso dedicabamos a Joan Miró. Pero non queríamos renunciar tamén á recompilación de libros que normalmente facemos nel. Por este motivos editamos a seguinte guía de lecturas na que recollemos todos eses exemplares cos que traballamos pero dun xeito diferente. Esperamos que pronto a nosa biblioteca escolar volva a abrir as súas portas para que todos continuemos gozando deles.

martes, 10 de marzo de 2020

CALENDARIO ESCOLAR DE MIRÓ


Un ano máis imos confeccionar un calendario escolar do vindeiro curso que sirve de lembranza aos que marchan para primaria e de guía de lectura aos que quedan. Nesta ocasión ímolo a dedicar ao pintor Joan Miró. Para a súa elaboración, eliximos un cadro para cada mes e un libro onde aparece recollida a obra. Comezamos a semana pasada co setembro ao que lle dedicamos o cadro “A masía” e o conto “Pequeña historia de Joan Miró”. Paralelamente serviranos para traballar a serie numérica e os meses do anos.

miércoles, 19 de junio de 2019

REMATAMOS O NOSO CALENDARIO DE BOTERO

Despois de varios meses traballando ao redor do calendario de Fernando Botero e o circo, xa está listo para que mañá os meniños o leven para casa xunto co resto dos seus traballiños.








sábado, 23 de marzo de 2019

FERNANDO BOTERO


Nos últimos anos, cando chegan estas datas, realizamos un calendario temático escolar do vindeiro ano académico que dedicamos a diferentes artistas. Este curso, como andamos a voltas co circo, imos copiar a proposta da mestra Marta de Ribadumia e traballar ao redor de Fernando Botero, un pintor que ten unha extensa colección de obras con esta temática.


miércoles, 20 de junio de 2018

SOROLLA E O MAR

Cada curso elaboramos un calendario escolar que adoitamos dedicar a un artista. Este ano eliximos ao pintor Joaquín Sorolla e centrámonos nas súas obras relacionadas co mar. Seleccionamos doce cadros desta temática e dedicamos un a cada mes. No transcurso do terceiro trimestre fomos coñecendo os seus títulos e creando o noso almanaque á vez que traballabamos a serie numérica. Hoxe por fin os meniños levárono para casa xunto con outros materiais dos que falaremos noutra entrada.

miércoles, 31 de mayo de 2017

REMATAMOS O NOSO CALENDARIO

Onte, coa confección da portada que sirve de guía de lecturas, rematamos o noso calendario escolar dedicado a Leandro Lamas. Agora soamente nos queda encadernalo e listo para empeza a usar en setembro.





martes, 9 de mayo de 2017

O NOSO CALENDARIO DE LEANDRO LAMAS AVANZA

Paseniño imos creando o noso particular calendario escolar do vindeiro curso. Imos polo mes de xuño e son moitas as imaxes creadas por Leandro Lamas que xa coñecemos. Paralelamente imos lendo os contos e poemas que ilustra, así como escoitando as cancións dos CD que conteñen os libros disco. Neste enlace podedes ver o vídeo do conto do Apapaldor ao que dedicamos o mes de decembro.







martes, 7 de marzo de 2017

CALENDARIO ESCOLAR DE LEANDRO LAMAS


Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, este ano o noso tradicional calendario escolar temático vai estar dedicado a Leandro Lamas. En cada mes, ademais da serie numérica, imos traballar obras realizadas polo autor, un libro e un verso do poema “Doce meses para gozar” ilustrado el. Xa realizamos setembro, outubro e comezamos novembro. Mirade no recuncho da biblioteca as imaxes tan coloridas que crea.


domingo, 12 de febrero de 2017

LEANDRO LAMAS

Os libros ilustrados por este artista galego van ser os protagonistas do calendario escolar do vindeiro curso. Son moitos os exemplares que temos de Leandro Lamas na nosa biblioteca e dedicaremos cada mes a un. O luns pasado descubrimos que temos poemas, libros disco e contos ilustrados por el. Paseniño nas vindeiras semanas iremos traballando ao redor de cada un deles.

lunes, 2 de mayo de 2016

lunes, 18 de abril de 2016

REMATAMOS O INVERNO…


No noso calendario escolar de Goya xa realizamos os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Como non podía ser de outro xeito, comezamos a estación máis fría do ano coa obra “A nevarada ou o inverno” e un libro da vida e obra deste gran artista contado a través pictogramas.

Para xaneiro eliximos “Mi pequeño museo de bellas artes” e, aínda que os meniños riron co gravado dun mono pintando a un burro titulado “Ni más ni menos” que aparece neste exemplar, optamos polo outro cadro representado: “Retrato de Doña Isabel de Porcel

E por último chegamos ao mes máis curto do ano para introducirnos no Entroido co “O enterro da sardiña”. É o propio autor quen no libro “Descubriendo el mágico mundo de Francisco de Goya” nos introduce neste e outros cadros que mostran a evolución do artista.