Mostrando entradas con la etiqueta Donas de si. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Donas de si. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de abril de 2024

O MONTE, FONTE DE RECURSOS


Grazas a mamá de Noel e á Escola de Enxeñaría Forestal Universidade de Vigo, puidemos coñecer o traballo desenvolvido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña.

Vimos como utilizan parcelas do monte para cultivar froitos do bosque e cogomelos, pero tamén para a produción de mel e a cría de cabalos e ovellas. Ademais aprendemos como plantar e a importancia que teñen as árbores nos ecosistemas.



Tras recuperar forzas cuns saborosos bocatas, volvemos para casa cunha chea de agasallos. Grazas Xana!


miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ

Onte, para conmemorar o Dia Escolar da Non Violencia e a Paz, Zapatocas propúxonos unha actividade baseada no mural Construír de Lidia Cao. Ao igual que as mulleres representadas na obra da artista, entre todos creamos unha construción que representa a paz. Cada alumno colocou con coidadiño unha peza co seu nome e a palabra que considera pode contribuír á non violencia. A paz, coma a nosa construción, precisa do esforzo de todos para conseguir o equilibrio.

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Para conmemorar o Día da ilustración, onte levamos para casa unha guía de lectura que recompila os contiños que temos na biblioteca de Gómez. Paseniño na aula estamos lendo todos e facendo actividades ao seu redor.

lunes, 29 de enero de 2024

A PANTASMA DAS BRAGAS ROTAS

Continuamos traballando ao redor dos libros ilustrados por Gómez. Nesta ocasión tócalle quenda a “A pantasma das bragas rotas”, un divertido conto cun final inesperado.




miércoles, 24 de enero de 2024

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O vindeiro 30 de xaneiro conmemórase o Día da ilustración. Este ano dedicámolo a artista Gómez, autora das imaxes do libro Daniela Pirata. Estamos vendo e lendo moitos dos contos que ten ilustrado e realizando actividades ao seu redor. Comezamos a semana pasada coa divertida obra “Un dedo no nariz”

miércoles, 17 de enero de 2024

LIDIA CAO


A semana pasada, na nosa sesión semanal dedicada a traballar ao redor da prensa, coñecemos unha muller que ten un traballo moi especial. É muralista. Limos a noticia, vimos algunhas das súas obras e quedamos abraiados. Nos vindeiros meses seguiremos investigando ao redor desta artista galega.

lunes, 27 de noviembre de 2023

FOTÓGRAFA

A palabra fotógrafa parece sinxela  pero para os nenos pequenos non é fácil de pronunciar. Descubrímolo na nosa sesión semanal dedicada á prensa. No xornal “La Voz de Galicia” limos unha noticia sobre unha fotografa de Vilagarcía que ten recibido varios premios polo seus traballos. A nova serviunos para, ademais de coñecer o seu labor, falar doutras profesións.

NAVEGANDO POLA NON VIOLENCIA



miércoles, 22 de noviembre de 2023

DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


O vindeiro día 25 conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Para celebralo, na escola tivemos unha xornada de contacontos e obradoiros sobre igualdade.




lunes, 6 de noviembre de 2023

A BRUXA E A SÚA CASA

 

Nesta ocasión recibimos as fotos dunha terrorífica bruxa cociñada pola nosa chef Antía. Para a elaboración dos pelos empregou un nutritivo plátano. Que medo!

E o noso bruxo Aarón animouse a preparar a casa da bruxa. 


Que bonita lle quedou!

lunes, 23 de octubre de 2023

A BRUXA SOFRONISA

Nunha das nosas visitas semanais á biblioteca escolar, descubrimos o conto “Daniela Pirata e a bruxa Sofronisa”. A partir da súa lectura comezamos a mergullarnos no fascinante mundo das meigas. 

 

As nosas cociñeiras Ana, Noa e Yaiza xa se puxeron en marcha e mirade que creacións máis divertidas nos mandaron. 



Na receita que traballamos en clase propoñiamos empregar tortiñas de arroz para facer a cara. As nosas chefs Noa e Ana optaron por empregar arepas. Un xeito de divertirse dobremente realizando a masa. 

Grazas familias por compartir as imaxes connosco! 


lunes, 9 de octubre de 2023

DANIELA PIRATA


Estes días o conto ao redor do que están a xirar parte das actividades que desenvolvemos na aula titúlase “Daniela pirata”. Este bonito álbum ilustrado ensínanos que todos podemos ser o que desexemos sen importar o noso xénero, pero tamén, que para ser capitán hai que ser xusto.