Xa temos listos os nosos envases para levar mañá as
nutritivas castañas que asaremos coa axuda das familias.
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de octubre de 2023
MAGOSTO 2023
viernes, 21 de octubre de 2022
PREPARANDO O MAGOSTO
Con cartóns de leite baleiros, folios que non servían e
uns debuxos de castañas, mirade que recipientes realizamos para gardar as
castañas do magosto.
viernes, 8 de noviembre de 2019
XOGANDO CON CAROZOS
Unha vez
rematada a festa do Magosto, foron moitos os carozos que sobraron e quedaron na
escola. Como outros anos, decidimos reutilizalos e empregalos para un dos seus usos tradicionais e que
actualmente estase a perder: o xogo. Con eles podemos facer torres, camiños,
debuxos, letras …. Desenvolver as habilidades motoras probando a encestar,
lanzar, recibir, manter en equilibrio …
Traballar as matemáticas contando, xuntando, comparando, quitando … Mellorar
as habilidades sociais compartindo, colaborando, respectando as normas … Potenciar
a creatividade, a imaxinación, a fantasía
… Por se todo isto non fora suficiente, é un xoguete ecolóxico, biodegradable,
non pesa e ao caer non fai ruído nin rompe. Así que esta semana de recreos
chuviosos os meniños xogaron cos carozos e construíron, compartiron, crearon,
imaxinaron pero sobre todo se divertiron.
viernes, 1 de noviembre de 2019
SAMAÍN E MAGOSTO 2019
Bruxas,
vampiros, zombis, esqueletos, demos … o mércores a nosa escola quedou invadida polos
máis terroríficos e divertidos seres. A pesar da choiva e o mal tempo, os
meniños pasárono de medo cantando coa banda de musica, aprendendo a importancia
de reciclar, reutilizar e reducir coa bruxa Hermelinda e a fada 3Rs, lendo
contos de medo e gozando dunha arrepiante e deliciosa merendola.
Moitas grazas
a todas as familias que colaboraron traendo riquísimos e elaborados doces típicos
destas datas e aportando cabazos decorados para a exposición. E noso especial agradecemento
as que pasaron toda a mañá asando castañas a pesar da choiva e o fume.
miércoles, 7 de noviembre de 2018
XOGANDO CON CAROZOS
Hoxe, cos
carozos que sobraron do Magosto que celebramos a semana pasada, estivemos
aprendendo un dos xogos cos que enredaban os nosos avós cando eran pequenos. Tratase
de facer unha torre o máis alta posible sen que caía ao chan poñendo cada neno un
carozo por quendas.
Tamén comprobamos que podemos facer nomes con
eles e nos vindeiros días seguiremos experimentando e creando. Probade
a xogar tamén vós na casa cos meniños, seguro que atopades un montón de usos
creativos. Animádevos a mandarnos fotos e publicarémolas no blog para compartir
ideas.
jueves, 1 de noviembre de 2018
SAMAÍN 2018
Pero antes, tivemos unha mañá chea de actividades. Primeiro o Seprona explicounos como podemos axudar a coidar o medio ambiente. Despois, bailamos ao ritmo da banda de música e tocamos os seus instrumentos. Recuperamos forzas cunha merendola aterradoramente deliciosa que prepararon as familias dos nenos de cinco anos. Coa barriguiña chea recibimos á bruxa Montse, que coa axuda das mestras Olalla, Ana, Belén e Olalla, dramatizaron un arrepiante conto que nos encantou. Todo isto sen esquecer unha espectacular exposición de cabazas e un rico Magosto. Moitas grazas a todas as familias pola súa axuda e colaboración, e en especial ás que estiveron toda a mañá asando castañas a pesar da choiva e o frío.
jueves, 19 de octubre de 2017
PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO
Cada
curso, na festa do Samaín, realizamos un Magosto e levamos castañas asadas para
casa. Este ano, en lugar do tradicional cartucho, imos utilizar envases de Tetra
Brik que decoraremos nun obradoiro o día da celebración. Hoxe estivemos envolvéndoos
en papel de periódico e facendo a primeira parte do traballo. Os que non o trouxeron
aínda están a tempo.
jueves, 3 de noviembre de 2016
XOGANDO CON CAROZOS
Esta
semana os carozos que sobraron do Magosto do venres foron os protagonistas dos
enredos de onte. Comezamos construíndo a torre do conto de Rampunzel e
rematamos xogando a encestar para recollelos.
sábado, 29 de octubre de 2016
SAMAÍN 2016
¡Que susto levamos ao chegar e ver un enorme
Frankenstein na nosa aula! Pronto descubrimos que se trataba do mestre
Alejandro e comezamos cos xogos.
Despois decoramos cartuchos para meter as
castañas do noso Magosto e poder levalas para casa. Mentres, no Local social
estaban preparándose o mariñeiro Luís e os seus amigos para falarnos das
propiedades dos peixes. Trouxeron gorras para todos, unha chega de pegatinas e
outras cousiñas que vos entregaremos a vindeira semana.
Case sen darnos conta
chegou a hora de ver a exposición de cabazas e gozar da rica merendola
preparada por las familias. Coas forzas recuperadas enfrontámonos co bebedizo
da mestra Montse que disfrazada de bruxa fíxonos rir e tremer de medo.
Cos seus feitizos acabamos todos convertidos en momias e bailando “La momia de colores” baixo as indicación da mestra Olalla. E para rematar, a Banda Municipal de Ribadumia deleitounos coa súa musica. Graciñas a todos os que fixeron posible a festa e en especial aos que asaron as castañas.
Cos seus feitizos acabamos todos convertidos en momias e bailando “La momia de colores” baixo as indicación da mestra Olalla. E para rematar, a Banda Municipal de Ribadumia deleitounos coa súa musica. Graciñas a todos os que fixeron posible a festa e en especial aos que asaron as castañas.
martes, 10 de noviembre de 2015
A NOSA FESTA NOS XORNAIS
O xoves pasado non podíamos deixar pasar a
oportunidade de traballar o xornal sendo o noso colexio o protagonista da
noticia. O Diario de Arousa do domingo 1 de novembro publicou fotos da nosa
festa do Samaín e Magosto. A mestra Marta trouxo o periódico e na aula
aproveitamos para ver as imaxes e facer actividades ao redor da crónica.
La Voz de Galicia no seu formato dixital tamén fixo referencia á nosa festa e editou
o vídeo que vos deixamos a continuación.
jueves, 30 de octubre de 2014
viernes, 1 de noviembre de 2013
SAMAÍN E MAGOSTO 2013
Aínda que chegaron os
primeiros fríos do outono, os Teru Teru Bozu que construiramos con tanto agarimo a semana pasada, realizaron ben o
seu traballo. O sol saíu con forza, foi quentando a mañá e, as familias, aínda
que afumadas, asaron castañas para todos.

Exposición de cabazas decoradas, xogos
con carozos, cancións,
películas, bailes, contacontos e
marcapáxinas con dragóns como protagonistas e, por suposto, obradoiro de cornetes
para levar castañas asadas para casa.

Coma sempre, con tanta actividade
entrounos fame e nada mellor que unha rica merendola ao sol cunha chea de doces
preparados polas familias: biscoitos, tortas, rosquillas, chulas de calacú,
filloas… ata terroríficos dedos monstruosos. Pero o mellor quedou para o final,
a actuación do Mago Noel deixou abraiados aos pequenos e espertou a risa nos
maiores. Graciñas a todos pola vosa colaboración e axuda. E os que desexen ver todas as fotos, poden visitar a galería do blogue do colexio, a súa páxina web ou clicar directamente aquí.
domingo, 4 de noviembre de 2012
PSICOMOTRICIDADE CON CAROZOS
Na
aldea, despois da esfollada, é doado conseguir unha presa de carozos. Xa viramos
que podemos transformalos en xoguetes, pero a semana pasada empregámolos tamén para
facer psicomotricidade e desenvolver a nosa coordinación.

Divertímonos comprobando que podemos facelos
rodar coma unha pelota co pé ou man. Lanzalos ao aire e recollelos antes de que
nos caian ao chan resultounos máis complicado.
Pero o gran día do carozo tivémolo
o martes, cando a mamá de Aaron tróuxonos un saco deles para facer a brasa do
Magosto. Non deixamos pasar a ocasión e fixemos torres, o noso nome, debuxos, camiños… ata xogamos a encestar cando chegou a hora de recoller.jueves, 1 de noviembre de 2012
SAMAÍN E MAGOSTO 2012
¡Que frío facía o mércores cando
chegamos á escola coas nosas cabazas!...
Pero cos xogos de pelotas e as carreiras de vasoiras logo
entramos en calor.
Despois, xa quentiños, no aula de informática vimos uns divertidos
debuxos do monstro do lago Ness e, na biblioteca, as últimas novidades en
contos de medo. 
Entre risas e sobresaltos, escoitamos caladiños as historias. Como
o noso monstro favorito é o das galletas, fixemos un marcapáxinas del. 
Decoramos
un cucurucho para meter as castañas asadas e aprendemos a debuxar morcegos. Con
tantas emocións a fame espertou. A pesar de que as predicións anunciaban
chuvascos, o sol acompañounos á hora da merenda e biscoitos de noces, tortas de
castañas, chulas de calacú… 
foron desaparecendo dos pratos como por arte de
maxia. Coa barriguiña ben chea xogamos no patio todos xuntos e non fixeron
falta nin os abrigos. Pero o mellor veu ao final coa actuación do mago Noel. Abraiounos cos seus trucos, sorprendeunos con xogos malabares de luces de cores, fíxonos rir coas súas bromas…
todos queríamos saber o mesmo: ¿como o fai?... sen darnos conta chegou á hora de marchar e como non podían faltar as castañas, levamos os nosos cucuruchos cheos delas para casa. Graciñas a todas as familias pola súa colaboración e por axudarnos a facer deste, un día especial.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































