Mostrando entradas con la etiqueta A bruxa Brunilda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A bruxa Brunilda. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de octubre de 2015

¿ONDE ESTÁN OS CONTOS DA BRUXA BRUNILDA?


Na nosa visita anterior á biblioteca escolar vimos que os libros de bruxas teñen pegatina amarela porque son contos e están na zona de literatura infantil.

O luns continuamos reflexionando sobre a organización deste espazo e vimos que todos os contos da bruxa Brunilda teñen o anagrama da editorial Blume, por iso están situados no andel que ten o seu símbolo. Deste xeito, aínda que os rapaces non saiban ler, poden colocar o libro no seu lugar correspondente ao recoñecer o anagrama.

domingo, 11 de octubre de 2015

BRUNO, O GATO DA BRUXA BRUNILDA

Co gallo da festa do Samaín que celebraremos o día 29, as bruxas van ser o tema central do noso obradoiro de cociña durante as vindeiras semanas. Comezamos co Bruno, o gato protagonista dun dos nosos contos favoritos: La bruja Brunilda”, e ao redor do que estivemos traballando estes días.

lunes, 12 de marzo de 2012

VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO E O ESTADIO DE PASARON

Hoxe, cando chegamos á escola, xa estaban a esperar os autobuses. Puxemos os chalecos reflectores para non perdernos, metemos as bolsiñas de plástico coa merenda nos carriños e marchamos a Pontevedra. No Pazo da cultura, Orbil, a mascota do Salón do Libro, saíu a recibirnos e un monitor acompañounos ata a sala dos contacontos. A través dun xogo de cartas fomos elixido caixas cargadas de historias: A bruxa Brunilda, Monstros divertidos, allos para escorrentar aos vampiros…Logo tocoulle a quenda á “ruleta das cacas”: de paxaro, porco, cabuxa, vaca… din que trae boa sorte pisala, canto máis grande mellor… fixemos xirar a ruleta e, de costas, intentamos que parara no animal que a fai maior… Tamén buscamos trevos de tres e catro follas, lobos que querían enganar ás ovellas, vimos o noso traballo, estrelas fugaces, un carro de curandeiro, animais de pedra, pasamos por debaixo dun gran gato negro… Con tantas emocións a fame espertou e chegou o momento da merenda. Tras repoñer forzas, aínda nos quedaba coñecer o Estadio de Pasaron: as gradas, os trofeos, as camisetas, os vestiarios… e o mellor de todo, o campo coas porterías e balóns para xogar, aínda que sempre hai quen prefire observar dende o banquillo. Con tanto brincar as chaquetas e xerseis sobraban e o cansanzo ía apoderándose de nós. Era o momento de regresar e compartir as emocións do día coa familia.

martes, 18 de octubre de 2011

A BRUXA BRUNILDA

Hoxe no recuncho das cousas de meigas, tivemos a visita de Brunilda. Veu  presentarnos a súa colección de contos, prestounos o seu gorro e prometeunos volver outro día se nos portabamos ben. A mestra sacounos fotos pero quedoulle a cámara na escola, así que haberá que esperar a mañá para velas. O que si trouxo foron as primeiras páxinas deste simpático conto editado por BLUME. Picade na imaxe se queredes velo cos vosos fillos.