Nesta ocasión os esqueletos chegaron aos ovos cunha
divertida proposta que a nosa cociñeira Lúa xa se animou a realizar.
Mostrando entradas con la etiqueta esqueletos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esqueletos. Mostrar todas las entradas
domingo, 6 de noviembre de 2022
O OVO ESQUELETO DE LÚA
miércoles, 19 de octubre de 2022
OS ESQUELETOS CHEGAN Á BIBLIOTECA
Zapatoca tamén quere mergullarse de cheo no mundo dos
esqueletos e preparou un recuncho cheo de libros desta temática. O luns limos o
seguinte conto que ten un esqueleto especial coma protagonista, pero tamén
fala de emocións e cadros famosos.
AS PIZZAS ESQUELETOS DE ANA, LÚA E NOA
Os esqueletos tamén chegaron
as casas de Ana, Lúa e Noa. As nosas cociñeiras elaboraron as deliciosas pizzas
que vedes nas imaxes. Que ricas!!
lunes, 17 de octubre de 2022
AS PIZZAS ESQUELETO DE ANTÍA E NOEL
O vindeiro 28 de outubro celebramos a festa do Samaín na
que os esqueletos serán os protagonistas. Para ir quentando motores, esta fin
de semana propuxemos elaborar pizzas con esta temática.
Os nosos cociñeiros Antía e Noel xa se puxeron marcha e mirade que estupendas lle quedaron.
jueves, 17 de noviembre de 2011
¡CANTOS ACCIDENTES!
Case todos os días ven no xornal algunha noticia relacionada cos accidentes de tráfico. Ultimamente varias delas causadas por animais. Na que limos a semana pasada, un dos ocupantes do coche sufriu feridas nas costelas. As “costilletas”, como as nomeaba ao principio unha meniña, non sabíamos onde estaban, pero co esqueleto da escola foron doadas de localizar. Tampouco sabíamos que era un corzo pero neste enlace observamos, machos, femias e crías.
lunes, 31 de octubre de 2011
CHEGOU A NOITE MÁXICA…
Na escola a celebramos o 28, pero era esta noite do 31 de outubro ao 1 de novembro cando comezaba o novo ano celta. Cabazas, melóns, sandías… todo sirve para facer caveiras con candeas e colocalas nas portas das casas. Aínda estades a tempo de participar desta tradición, pero sobre todo, de pasar un agradable rato en familia. Se necesitades inspiración aquí tedes algunhas fotos da exposición do cole. Para os que queiran saber máis do Samaín clicade aquí. E para os que desexen bailar... este pequeno vídeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












