Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de mayo de 2021

AS CATRO “ESQUINITAS”

Como xa vén sendo tradición, os xoves despois do recreo os dedicamos a recuperar xogos tradicionais e outros enredos cos que nos divertirmos á vez que adquirimos diversas habilidades. Esta semana tocoulle quenda a Las cuatro esquinitas. Neste enlace podedes ver as súas normas que nós simplificamos. Como nos encanta xogar ao aire libre, substituímos esquinas por árbores como podedes ver no seguinte vídeo.

miércoles, 5 de mayo de 2021

XOGOS TRADICIONAIS

 

Os xoves, despois do recreo, recuperamos as sesións dedicadas aos xogos tradicionais. Cada semana traballamos ao redor dun. Aprendemos as súas normas, sacámoslle o  maior partido didáctico posible e sobre todo divertímonos practicando. Nas últimas veces o favorito foi “El pañuelito”, mirade nas fotos que ben o pasamos.


lunes, 12 de abril de 2021

OVOS DE PASCUA

Noa enviounos unhas bonitas fotos contándonos como xogara a atopar ovos de Pascua. Pareceunos unha excelente idea e decidimos imitala. Confeccionamos e decoramos ovos de papel. Despois, aproveitando o bo tempo da semana pasada, coa axuda da mestra Miriam e Ana xogamos a agochalos polo xardín. O máis divertido foi tentar atopar os que escondían os compañeiros. 


sábado, 21 de noviembre de 2020

REIRREI

No libriño “Reirrei” que limos esta semana, descubrimos o seguinte recitado para saltar á corda.


Empezamos a xogar e agora os maiores xa o conseguen.  Nos vindeiros días continuaremos practicando ata que lle saiga aos máis pequenos. Animádevos a facelo tamén na casa e recuperar ese divertido enredo infantil.



viernes, 9 de octubre de 2020

UN ELEFANTE SE BALANCEABA…

Seguro que todos coñecedes esta pegadiza canción. Estes días que andamos a voltas coas arañas, empregámola para traballar a numeración, pero sobre todo, para divertirnos. No parque infantil no que agora facemos o recreo, temos unha gran tea de araña. Ao ritmo da canción os meniños tamén foron converténdose en elefantes que se balanceaban. Que ben o pasaron!

sábado, 11 de abril de 2020

MARTA DEPORTISTA

O feito de ter que estar na casiña non debe impedir que fagamos exercicio cada día. Nos vídeos que Marta realizou xunto co seu irmán Pablo son unha boa mostra disto. Animádevos a imitalos e continuade enviándonos outras opcións.
.


Neste enlace tedes algunhas suxestións e a continuación déixivos o "Baile do movemento" do "Duo Tiempo del Sol" para motivarvos.

martes, 24 de marzo de 2020

DEPORTE NA CASIÑA


Hoxe vos traemos esta proposta que nos enviou o mestre de educación física xunto co vídeo inferior que contén unha chea de posibilidades. E para motivarvos, déixovos a presentación co último día que xogamos ao pañuelo. Así vos lembrades dos vosos amigos e o mesmo vos animades a xogalo en familia aínda que sexa no corredor da casa.


martes, 3 de marzo de 2020

XOGOS POPULARES

Como outros anos, os xoves dedicámolos  a lembrar eses xogos tradicionais cos que enredaban os nosos avós e a aprender outros máis actuais pero igualmente divertidos. No que vai de ano temos xogado a moitos, pero ultimamente o noso favorito é “Ratón que te pilla el gato”. Neste enlace podedes escoitar a canción se a tedes esquecida.

viernes, 8 de noviembre de 2019

XOGANDO CON CAROZOS


Unha vez rematada a festa do Magosto, foron moitos os carozos que sobraron e quedaron na escola. Como outros anos, decidimos reutilizalos e empregalos  para un dos seus usos tradicionais e que actualmente estase a perder: o xogo. Con eles podemos facer torres, camiños, debuxos, letras …. Desenvolver as habilidades motoras probando a encestar, lanzar, recibir, manter en equilibrio …  Traballar as matemáticas contando, xuntando, comparando, quitando … Mellorar as habilidades sociais compartindo, colaborando, respectando as normas … Potenciar a  creatividade, a imaxinación, a fantasía … Por se todo isto non fora suficiente, é un xoguete ecolóxico, biodegradable, non pesa e ao caer non fai ruído nin rompe. Así que esta semana de recreos chuviosos os meniños xogaron cos carozos e construíron, compartiron, crearon, imaxinaron pero sobre todo se divertiron.

domingo, 17 de marzo de 2019

PASE MISÍ

Co regreso do bo tempo, retomamos as nosas sesións de xogos ao aire libre. Esta semana tocoulle quenda a “Pase Misí

lunes, 29 de octubre de 2018

XOGANDO COS MEDOS


A sesión semanal de xogos, estamos a dedicarlla a enfrontarnos aos nosos medos. Baseándonos na canción de Rosa León “Jugando al escondite” creamos a nosa propia versión substituíndo o lobo por cada un dos nosos temores.

martes, 9 de octubre de 2018

O AUTO NOVO


O xoves pasado inauguramos a sesión semanal que imos dedicar aos xogos coñecendo unha das cancións máis populares dos “Pallasos da Tele”. Estes artistas circenses que coñeceremos en profundidade mais adiante, fixeron cantar e rir a miles de nenos con “El auto nuevo”.  Na nosa aula pasámolo xenial aprendéndoa e despois cantándoa na nosa andaina diaria.

miércoles, 3 de octubre de 2018

RABO DE BOI


Como xa vos contamos na entrada anterior, o venres imos facer unha rica receita coas abelás da horta, pero onte empregámolas para aprender  o tradicional xogo de “Rabo de boi”.  O enredo é moi sinxelo, trátase de agochar nunha das mans o froito seco mentres se di o recitado que hoxe escribimos e tedes na imaxe. Ao rematar hai que adiviñar en que man está. Probade na casa veredes como lle gusta aos meniños.

domingo, 11 de marzo de 2018

A TÍA MÓNICA

Nas últimas semanas, a nosa sesión de xogos dedicámola a aprender e bailar a canción de “La tía Mónica” coa versión musical de “Dúo tiempo de Sol”. A continuación deixámosvos o vídeo por se queredes xogar tamén na casa.

martes, 23 de enero de 2018

MARÍA “LA COCOTERA”

A semana pasada, a nosa sesión semanal de xogos dedicámola a practicar o baile da canción “María la Cocotera”. Aínda que xa a traballaramos o trimestre pasado, non tivemos tempo de aprender ben o baile. A continuación tedes o vídeo por se queredes practicar na casa.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

PASE MISÍ PASE MISÁ

Hoxe na sesión semanal de xogos, tocoulle quenda á nosa versión de “Pase misí, pase misá”. Neste enlace tedes a canción por se non vos lembrades dela. Mirade nas fotos que ben o pasamos.

lunes, 13 de noviembre de 2017

ZAPATILLA POR DETRÁS

Baseándonos na música dos CantaJuegos e cambiando a zapatilla por unha castaña, fai un par de semanas dedicamos a nosa sesión semanal de xogos á “Zapatilla por detrás”.

viernes, 20 de octubre de 2017

O HOME DO SACO

Este xigantón que leva nun saco aos nenos que se portan mal e andan sós polos camiños no serán, empregábase para facer que os nenos volveran a casa cedo. Para superar o medo a este ser mitolóxico, o pasado mércores dedicámoslle  a nosa sesión semanal de xogos. Baseándonos na canción de Rosa León “Jugando al escondite”, creamos a nosa propia versión substituíndo o lobo polo home do saco, papel que asumía a mestra.

miércoles, 11 de octubre de 2017

SOY UNA SERPIENTE

Hoxe dedicamos a nosa sesión de xogos a “Soy una serpiente”. Un divertido enredo que podedes ver facendo clic aquí.

miércoles, 4 de octubre de 2017

OS XOGOS TRADICIONAIS

Este curso imos dedicar os mércores a coñecer e practicar os enredos tradicionais. Comezamos hoxe coa nosa versión particular da canción “Un elefante se balanceaba…” . No desenvolvemento do xogo convertemos unha corda en tea de araña e nós pasamos a ser os elefantes que se balancean.