Onte, para conmemorar o Dia Escolar da Non Violencia e a
Paz, Zapatocas propúxonos unha actividade baseada no mural “Construír”
de Lidia Cao. Ao igual que as mulleres representadas na obra da artista, entre
todos creamos unha construción que representa a paz. Cada alumno colocou con
coidadiño unha peza co seu nome e a palabra que considera pode contribuír á non
violencia. A paz, coma a nosa construción, precisa do esforzo de todos para
conseguir o equilibrio.
Mostrando entradas con la etiqueta Lidia Cao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lidia Cao. Mostrar todas las entradas
miércoles, 31 de enero de 2024
DÍA DA PAZ
miércoles, 17 de enero de 2024
LIDIA CAO
A semana pasada, na nosa sesión semanal dedicada a
traballar ao redor da prensa, coñecemos unha muller que ten un traballo moi
especial. É muralista. Limos a
noticia, vimos algunhas das súas obras e quedamos abraiados. Nos vindeiros
meses seguiremos investigando ao redor desta artista galega.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


