jueves, 31 de diciembre de 2020

FELIZ 2021!

E despedimos o ano con estes vídeos que elaboraron as mestras Malú e Olalla e nos que participaron todos os meniños do colexio.

martes, 29 de diciembre de 2020

FESTA DE NADAL 2020

Este ano a nosa festa de Nadal tivo que ser diferente pero non por iso menos divertida. No transcurso da mañá creamos árbores de Nadal xigantes, escribimos as cartas aos Reis e a Papá Noel empregando catálogos de xoguetes, realizamos xogos de habilidade, cancións, bailes … E por suposto a visita da Apalpadora!




lunes, 21 de diciembre de 2020

ANIMAIS

Como xa todos sabedes, este curso a mestra Malú anda a ensinarnos moitas palabriñas na lingua de signos. Secundando a idea da mestra Marta de Ribadumia, aproveitamos a sesión semanal que Malú ten connosco na aula para que nos axudara a aprender os signos das que aparecen no libriño “Animais”. Paralelamente e paseniño, ao longo do trimestre, fomos reescribindo  e memorizando este contiño. A semana pasada rematámolo e o venres levámolo a casa para poder cantarllo á familia. Para os que lle esquecera algún signo, no seguinte vídeo tedes todos na adaptación feita por Tareixa Martínez Barral e na que nos baseamos. 

 

sábado, 19 de diciembre de 2020

O REI MELCHOR

A semana pasada propuxemos cociñar a Papá Noel, esta tócalle quenda ao rei Melchor. Marta xa o elaborou e mirade nas fotos que chuliño lle quedou. Quen máis se anima?


domingo, 13 de diciembre de 2020

sábado, 12 de diciembre de 2020

UN PAPÁ NOEL DE PLÁTANO

O Nadal continua sendo o tema das nosas propostas culinarias da fin de semana. Xa cociñamos os renos e agora tócalle quenda a Papá Noel. Preparados?

Na nosa receita optamos por unha brocheta, pero neste enlace tedes outras opcións e aquí unas divertidas versións con pan de molde.

viernes, 11 de diciembre de 2020

O APALPADOR

Como xa vén sendo unha tradición na nosa escola, coa chegada do Nadal traballamos ao redor da figura do Apalpador para dar a coñecer este personaxe das montañas do Courel. Para os que aínda non coñezan a súa historia, a continuación vos deixamos este vídeo do CEIP Coirón Dena.

Todos os anos, os meniños escríbenlle unha carta na que lle piden algún xoguetiño de madeira para a clase. El adoita vir recollelas ao noso festival de Nadal. Debido á pandemia, este curso non poderemos realizalo. Pero o Apalpador recibirá igualmente as misivas.

O PAPÁ NOEL DOS ANIMAIS

 

Na nosa visita á biblioteca da semana pasada, abrimos o segundo sobre da árbore de Nadal. Alí descubrimos o conto “La primera Navidad de los animales”. E por que nós, os animais, nunca temos agasallos?, protesta un coelliño que visita a Papá Noel na súa casa …  Así comeza esta divertida historia onde un animal de cada especie é designado para facer de Papa´Noel a súa maneira.

martes, 8 de diciembre de 2020

OS RENOS DE MARTA, NOA E ERIK

Xa temos as creacións dos nosos cociñeiros desta longa fin de semana. Presentamos tres versións diferentes e todas espectaculares. Coma bos creadores que son, adaptaron o prato aos ingredientes que tiñan. Mirade nas fotos coma os resultados foron moito mellores que a receita orixinal.




viernes, 4 de diciembre de 2020

O RENO DE PAPÁ NOEL

Continuando coa temática do Nadal, esta fin de semana chegan ao noso obradoiro de cociña os renos de Papá Noel. Listos para elaboralos? No vídeo aanterior, tedes una versión con pasteliños de chocolate. Na nosa receita propoñemos substituílos por sobaos cubertos de crema de cacao. Coma sempre, neste enlace tedes moitas opcións para estimular a vosa creatividade.

RODOLFO O RENO

 

jueves, 3 de diciembre de 2020

miércoles, 2 de diciembre de 2020

ARACNOFOBIA

A través do contiño “O gran libro dos medos do rato pequeno” descubrimos que todo o mundo lle ten medo a algo. Ás alturas, aos monstros, a caer polo desaugadoiro, á escuridade … expresalos axuda a afrontalos e iso foi o que fixemos a semana pasada. Cada meniño falou dos seus. No seguinte vídeo vimos que o temor ás arañas é un dos máis frecuentes pero tamén nos mostrou por que as arañas son tan especiais. 




martes, 1 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

 

Este xoves 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con discapacidade. Queremos sumarnos un ano máis á iniciativa “Baixo un mesmo paraugas” e para iso necesitamos a vosa colaboración. Como podedes participar?  Facede unha foto divertida en familia co voso fillo ou filla, levando cada un o seu paraugas aberto. Pensade nun desexo para completar a frase: Abrimos os nosos paraugas por …   

Facendo clic nesta páxina podedes ver fotos doutras persoas e os seus desexos por se necesitades inspiración. Mandade por correo electrónico as vosas fotos e frases  para que poidamos empezar a publicalas no noso blog o 3 de decembro, colaborando así na defensa e  visibilidade das persoas con discapacidade. Picando neste enlace podedes ver o que fixemos o curso pasado. Animádevos a participar!