Mostrando entradas con la etiqueta Yayoi Kusama. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Yayoi Kusama. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de octubre de 2022

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

 

O xoves pasado fomos ao Museo de Pontevedra a coñecer a Trea, unha boneca que viaxou no tempo para contarnos como era a vida fai millóns de anos.

Da súa man, e empregando réplicas arqueolóxicas, descubrimos algúns dos materiais significativos que se exhiben no Museo e por que son tan importantes.

Incluso puidemos non soamente tocar, senón tamén probar, os torques de ouro.


Despois recuperamos forzas coa merenda.

Ao rematar camiñamos ata o Café Moderno para visitar unha exposición sobre a arte Pop.

Alí descubrimos unha obra da artista Yayoi kusama que coñecemos o curso pasado. 

Acabamos a xornada decorando cabazas imitando o seu particular estilo a base de puntos.

miércoles, 22 de junio de 2022

A CAIXIÑA DOS BICOS

 

Esta semana por fin repartimos os biquiños que fixeramos en xaneiro. Con eles enchemos as caixiñas que decoraramos imitando o estilo de Yayoi Kusama. Levámolos para casa gardadiños por se durante o verán botamos en falta aos amiguiños.

martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

Este curso volvemos a celebrar o Entroido a nivel de aula para cumprir coas medidas sanitarias. “A volta ao mundo” no sentido  máis amplo da palabra foi a temática ao redor da que xiraron os nosos disfraces, cunha homenaxe especial á artista xaponesa Yayoi Kusama.

No transcurso da maña no puidemos xuntarnos co resto das clases pero divertímonos igual cantando, bailando, lendo contos, facendo manualidades e xogando. 



martes, 19 de octubre de 2021

AS CABAZAS DE YAYOI KUSAMA

O día da festa do Samaín realizaremos unha exposición de cabazas decoradas na que vos animamos a participar. Hoxe en clase estivemos vendo varios vídeos de como facer para baleiralas, aínda que tamén podemos adornalas sen necesidade de cortalas.

Inspirándonos na artista xaponesa Yayoi Kusama decidimos decorar unha empregando pegatinas de círculos de cores. A esta artista contemporánea encántanlle as cabazas e ten un xeito moi particular de representalas. Paseniño iremos coñecéndoa.