A través do contiño “O gran libro dos medos do rato pequeno” descubrimos que todo o mundo lle ten medo a algo. Ás alturas, aos monstros, a caer polo desaugadoiro, á escuridade … expresalos axuda a afrontalos e iso foi o que fixemos a semana pasada. Cada meniño falou dos seus. No seguinte vídeo vimos que o temor ás arañas é un dos máis frecuentes pero tamén nos mostrou por que as arañas son tan especiais.
Mostrando entradas con la etiqueta Animais que dan medo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animais que dan medo. Mostrar todas las entradas
miércoles, 2 de diciembre de 2020
miércoles, 5 de noviembre de 2014
UN RATO QUE É A PERA
Esta e a proposta de Rita para intentar que a
mestra Ana supere o seu medo aos roedores. Trátase dunha rica receita de cociña
que preparou na casa. Tamén Mencía intentouno a través da papiroflexia cun dificilísimo
e precioso rato que realizou coa axuda do seu papá. Falamos de probar xogando a
“Ratón que te pilla o gato” pero nin coa cociña, nin coas manualidades, nin cos xogos lográmolo.
Hoxe xa nos deixou claro que por moito que fagamos, nin soporta nin soportará
aos ratos. Decidiu superar o seu medo asumíndoo.
Mentres, na aula, seguimos co noso caderno viaxeiro de animais que non asustan e
as nosas particulares estratexias para vencer os nosos temores. Mañá temos
previsto xogar a “Buscar un león” e intentar dominar así o susto aos felinos, dende que Adrián
propuxo o león temos moitas ganas, a ver que tal o pasamos.
martes, 28 de octubre de 2014
MÁIS ANIMAIS QUE NOS ASUSTAN
O noso caderno viaxeiro continua a súa andaina polos fogares dos cativos. Cada vez
coñecemos máis animais que espertan os nosos temores á vez que enriquecemos o
noso vocabulario. Na aula estamos facendo un mural entre todos e aprendendo como
se escriben os nomes. Por se queredes ir traballando sobre o tema, nos vindeiros días chegará as casas dos máis pequenos da
escola, pero xa hai quen ten moi clara a súa elección.
miércoles, 22 de octubre de 2014
ANIMAIS QUE DAN MEDO
O noso caderno viaxeiro de “Animais que dan medo” xa leva visitado varios fogares e, a través dos nosos temores,
imos aprendendo cousiñas novas. Aaron tenlle medo ás avespas, graciñas a iso estivemos
investigando e comprobamos que non son o mesmo que as abellas. Estas últimas
fabrican mel e se nos pican morren, ao contrario cas avésporas. Se non as
molestamos non fan nada, pero nunca debemos andar nos avespeiros.
Mencía optou
pola rá punta de frecha velenosa, tróuxonos moita información ao respecto e un
documental que nos deixou a todos abraiados, vai adxunto ao caderno viaxeiro para
quen o desexe ver na casa. Gabriel elixiu o tigre, vimos que é parecido ao
xaguar pero con raias e non vive na Selva Amazónica; na enciclopedia da biblioteca
de aula descubrimos que hainos brancos. Carlos tenlle
medo ás arañas, a verdade é que a case todos nos asustan, así que decidimos… ¡comelas!...
Xa vos contaremos o venres se nos saen ricas e seguiremos falando deses animais
que nos dan medo.
jueves, 9 de octubre de 2014
XOGANDO CO MEDO
Co gallo da festa do Samaín que celebraremos o
día 30, hoxe comezamos a traballar na escola ao redor do medo para que, xogando
con el, aprendamos a superalo. Por suposto saíron a relucir as pantasmas, pero
non dubidamos en empregar as teas dos disfraces para demostrar que non existen
e botar unhas risas.
Este curso ímonos centrar en aqueles animais que nos asustan,
sexa con ou sen motivo. Con este obxectivo creamos un caderno viaxeiro que nos
vindeiros días visitará os fogares dos cativos. Trátase de elixir un animal que
nos dea medo, escribir o seu nome e engadir unha foto ou debuxo. Posteriormente, en clase traballaremos ao redor do animal escollido e falaremos dos nosos temores. Por agora sabemos que a profesora Ana tenlle pánico aos ratos, a mestra Ángeles non soporta as cascudas... E a vosoutros ¿que animal vos asusta?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















