Follas de diferentes tamaños, formas e cores, landras,
castañas, paus ... con todos estes
tesouros que cada día atopamos á hora do recreo, os meniños crean, inventan,
experimentan, xogan e, sobre todo, deixan voar a súa imaxinación. O feito de
que a nosa escola estea inmersa en plena natureza, permítenos aproveitar e
gozar destes tesouros que o outono nos ofrece.
Mostrando entradas con la etiqueta Recreo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recreo. Mostrar todas las entradas
jueves, 14 de octubre de 2021
TESOUROS DE OUTONO
sábado, 10 de abril de 2021
PAMPULLOS
Esta semana a primavera tróuxonos un bonito agasallo. Á volta
das vacacións de Pascua, atopamos o xardín do parque da escola cuberto de
pampullos. Non puidemos resistirnos á tentación de apañalos e elaborar
pulseiras de flores.
jueves, 29 de octubre de 2020
AS CLASES AO SOL
Seguindo
as recomendacións sanitarias, aproveitamos o bo tempo dos últimos días para
trasladar as actividades escolares ao exterior. Como somos pouquiños, en canto
o sol comeza a quentar, sacamos as mesas e as cadeiras e … ¡a traballar ao aire
libre!.
jueves, 26 de octubre de 2017
ANDANDO E MOITO MÁIS
Agora que xa levamos máis dunha semana de andaina diaria
e os pequenos saben máis ou menos camiñar en fila, comezamos a integrar a
observación da contorna e os xogos nos nosos percorridos. Gardar o equilibrio
para evitar caer a un imaxinario río cheo de crocodilos, enredar coa alfombra de
follas que o outono deixou no xardín, descubrir as primeiras setas que empezan
a saír … son algúns dos múltiples estímulos que cada mañá atopamos.
martes, 17 de octubre de 2017
AS ESCOLAS DA MILLA
O
sedentarismo converteuse nunha ameaza para os meniños que pasan máis horas
sentados fronte á televisión e o ordenador que xogando ou realizando actividades
ao aire libre. Para combatelo, o programa escolar “Las escuelas de la milla”
anima a todos os colexios a axudar aos nenos a
percorrer unha milla diaria cos seus compañeiros de clase. Ao igual que o curso
pasado, na nosa escola decidimos participar adaptando o reto ás idades dos
nosos alumnos. Se a climatoloxía o permite, cada día camiñaremos ao redor do
centro ata acadar o quilómetro diario. Deste xeito, ademais de adquirir hábitos
saudables e outros beneficios,
estaremos en forma se a final de curso decidimos volver a facer un anaquiño do Camiño de Santiago como o ano pasado.
Comezamos
hoxe facendo un percorrido pequeniño pero traballando aspectos importantes como
saber ir en fila, seguir o camiño marcado, no empuxar, adaptar o ritmo da marcha aos máis
pequenos, esperar polos demais …
jueves, 21 de septiembre de 2017
COÑECENDO O AULA DE NATUREZA
Onte a mestra Ana veu a explicarlle aos meniños como vai
ser o traballo que van realizar na aula de natureza durante o
curso. Ensinounos as ferramentas e utensilios, falounos das medidas de
protección, presentounos as súas mascotas e incluso mostrounos unha chea de
sementes para que apreciaramos o diferente que poden chegar a ser. Para rematar
contounos a bonita historia de “O carballo con botas” que ten unha semente moi
especial como protagonista: a landra.
E falando de landras, mirade na foto que boneco máis xeitoso
fixo con elas Laura e a súa mamá. Estes días o patio de recreo está cheo destes froitos secos e aos
cativos encántalles xogar con eles. Neste enlace
tedes varias ideas por se vos apetece a fin de semana axudar aos vosos fillos a
levalas á práctica.
lunes, 14 de septiembre de 2015
ADAPTÁNDOSE Á ESCOLA NO RECREO
Xogar ao pilla e á roda, facer castelos de area,
tirarase pola randeeira, abanearse no bambán e na moto, enredar coas follas e
as pedriñas, pasear a carretilla … nada mellor que o patio de recreo para
experimentar, relacionarse, crear vínculos afectivos e, sobre todo, axudar aos
máis pequenos a integrarse nas rutinas da escola de xeito gradual.
viernes, 22 de mayo de 2015
UN RECREO ESPECIAL
Hoxe, á hora do recreo, o vento toleirón
sopraba con forza. Cando fomos buscar a mangueira para regar e evitar que o
aire levantara a area e entrara nos ollos, descubrimos que xunto ao invernadoiro
a herba estaba cortadiña e a temperatura era ideal. Inmediatamente decidimos cambiar
o noso campo de xogo para esa zona. Ao principio, os pequenos estaban
descolocados no novo espazo pero, tras uns minutos de adaptación, mirade nas
fotos que ben o pasaron enredando na herba.
viernes, 21 de noviembre de 2014
O VENRES AO SOL…
Que ben o pasamos hoxe xogando no patio de
recreo. Despois de toda a semana sen poder subir ao tobogán polas pozas creadas
pola choiva, está mañá gozamos do lindo con este agasallo de bo tempo que nos
fixo o outono. Enredabamos tan felices todos xuntos, que a mestra non puido
resistir a tentación de quitarnos estas fotos.
viernes, 19 de septiembre de 2014
RECREOS CHUVIOSOS
Aínda
non chegou o outono pero non para de chover. Levamos varios días sen poder saír
ao patio do recreo e xa está inundado con tanta auga. Pero non por iso deixamos
de xogar libremente despois da merendar. Hoxe probamos a facer carreiras cos
cabalos de goma espuma, casiñas cos túneles, equilibrios cos zancos,
lanzamentos coas pelotas de tea… aínda que preferimos xogar ao aire libre,
dentro da escola tamén o pasamos ben enredando cos amigos.
miércoles, 10 de septiembre de 2014
O NOSO PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA
Estivemos cos amigos, xogamos,
cantamos, debuxamos, escribimos, merendamos, enredamos coa area nova que botaron
no patio de recreo, brincamos no parque, montamos no tobogán, limos o conto “As
sete cabuxas e o lobo” … tivemos unha mañá do máis completa. Pero sobre todo, portámonos como auténticos
chicos maiores, incluso os máis pequerrechiños que viñan á escola por primeira
vez.
miércoles, 29 de mayo de 2013
NOS DÍAS DE CHOIVA… VISITA AO SALÓN DE PEITEADO
Volven
os días de choiva e non podemos saír ao patio de recreo, pero si xogar nos diferentes
recunchos da aula. Unha boa opción é aproveitar o mal tempo para lavar, peitear
e amañar os cabelos no salón de peiteado que temos no recanto dos disfraces. Mergullados
no seu xogo simbólico, os cativos deixasen acicalar cunha paciencia admirable.
viernes, 15 de febrero de 2013
jueves, 24 de enero de 2013
¡SAÍU O SOL!
Despois
de tantos días de choiva, vento, temporal e incluso “cicloxénise explosiva”,
hoxe, por fin, puidemos gozar dun recreo no patio.
Primeiro tivemos que arranxar
os buratos que deixaran as pozas da auga e secar os tobogáns, pero despois
brincamos felices. Fixo tan bo tempo que ata foron necesarias as viseiras. Unha
mágoa que as previsións para mañá volvan a dar choiva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















































