lunes, 28 de marzo de 2022

ELEFANTES ASIÁTICOS


Traballando ao redor da India, descubrimos que aman moito aos elefantes e gustan de decoralos e facer desfiles con eles.


En clase visitamos varias web ao respecto e vimos diferentes vídeos.

E como xa sabedes que nos gusta a cociña, propuxemos elaboralo coa seguinte receita sinxeliña. A ver quen se anima a realizalo.


domingo, 27 de marzo de 2022

A HIXIENISTA DENTAL

 

O mércores pasado tivemos outra visita especial. Veu Maruxa, unha hixienista dental a falarnos da importancia de coidar a nosa dentadura. Contounos unha chea de curiosidades sobre os dentes dos animais do mundo e da importancia da alimentación no seu coidado.

Da súa man aprendemos que temos que lavarnos os dentes tres veces ao día e durante tres minutos. Para practicar tróuxonos unha boca xigante e un cepillo. Lembrounos que, nesta tarefa de hixiene bucal, non podemos deixar atrás a lingua, onde se acumulan multitude de xermes.

Para rematar deixounos unha bolsiñas con agasallos, consellos e unhas saborosas receitas para preparar merendas saudables.

lunes, 21 de marzo de 2022

FAI CLIC AO TEU BOCATA

O mércores pasado recibimos unha visita moi especial. Os científicos  Mar, Roi e Antonio viñeron a falarnos sobre a alimentación saudable e importancia que teñen os produtos do mar nela.

Ensináronnos diferentes tipos de peixes e mariscos e a maneira de pescalos e cultivalos. Cada un deles aporta diferentes nutrientes ao noso organismo e debemos de comelos tres veces á semana. Un xeito divertido de consumilos é a través de conservas.

 Para que probásemos o ricos que están, prepararon deliciosos bocatas de sardiña con queixo, leituga e tomate para todos. Por si todo isto fora pouco, trouxeron agasallos e folletos informativos que levamos para casa.



lunes, 14 de marzo de 2022

BICOS PARA A PAZ

Alá polo mes de xaneiro, a partir do contiño De que cor é un bico?, comezamos a traballar ao redor dos bicos. Cada meniño escolleu unha cor coa que representar os seus. Con todos eles creamos un mural cos nosos desexos de paz.

VACAS SAGRADAS

 

O noso viaxeiro Fogg chegou á India, un impresionante país onde as vacas son sagradas. No capítulo 6 da famosa serie televisiva "A volta ao mundo en 80 días", vimos as consecuencias para Tico e Rigodón de non tratar estes animais co seu debido respecto. Pero a nós serviunos de inspiración para  a proposta culinaria da semana pasada.

jueves, 10 de marzo de 2022

AS FILLOAS DE NOA

 

A Noa gústanlle as filloas de colores. Azul, vermella, amárela, verde.. e ata gris. Se queredes aprender a facelas, mirade as imaxes e o vídeo que nos enviou de todo o proceso. Grazas Noa por compartir connosco a túa receita.




lunes, 7 de marzo de 2022

LIBROS DE EXIPTO

Na nosa biblioteca escolar temos unha chea de libros de literatura infantil pero tamén moitos fondos onde buscar diversa información. Hoxe aproveitamos a nosa visita á biblioteca escolar para ver onde están situados os libros de Exipto. Comprobamos que todos teñen pegatina branca e o número 9 porque tratan de xeografía e historia.

FILLOAS

O Entroido chega ao seu fin, e nada mellor que despedilo cunha saborosa receita de filloas acompañada carnavalescas lecturas.

martes, 1 de marzo de 2022

ENTROIDO 2022

Este curso volvemos a celebrar o Entroido a nivel de aula para cumprir coas medidas sanitarias. “A volta ao mundo” no sentido  máis amplo da palabra foi a temática ao redor da que xiraron os nosos disfraces, cunha homenaxe especial á artista xaponesa Yayoi Kusama.

No transcurso da maña no puidemos xuntarnos co resto das clases pero divertímonos igual cantando, bailando, lendo contos, facendo manualidades e xogando. 



DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O Día de Rosalía pasou a celebrarse o 23 de febreiro trala aparición de nova documentación  que desvela a data real do seu nacemento. Dende hai varios anos a Fundación Rosalía de Castro propón conmemoralo lembrando o poema Miña casiña, meu lar”, no que unha muller pobre consigue facer un humilde caldo de gloria  a pesar de que carece de todo. Dende a nosa escola unímonos a esta iniciativa propoñendo a todas as familias elaborar un caldiño. Podedes ler as instrucións que da Rosalía no seu poema, empregar a nosa receita,  seguir os consellos de Xoanqui Ameixeiras do vídeo anterior ou facer a vosa propia versión.

A MOMIA DE NOA

 

Noa tamén animouse a elaborar esta divertida receita. Mirade nas imaxes que ben lle saíu.



A MOMIA DE ANA E NOA

E xa que andamos a coñecer o Antigo Exipto, propuxemos elaborar unha divertida momia. E aquí están as creacións das nosas espectaculares cociñeiras Ana e Noa.



EXIPTO

O barco onde viaxa o señor Fogg chega ao Canal de Suez. Aproveitamos a parada en porto para coñecer o impresionante Antigo Exipto.