Hoxe coa realización da portada, dimos por rematado o
contiño “Limón” que empezamos fai varias semanas. Nos vindeiros días os meniños
levarannos para casa co resto dos traballos do trimestre.
Mostrando entradas con la etiqueta Óscar Villán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Óscar Villán. Mostrar todas las entradas
miércoles, 10 de marzo de 2021
LISTO PARA LEVAR
jueves, 4 de febrero de 2021
LIMÓN
Continuamos mergullándonos na lingua de signos e aprendendo novas palabras, nesta ocasión co contiño “Limón”. Paralelamente estamos reescribíndoo e memorizándoo a través da súa versión musicada.
Por se queredes practicar tamén na casa, deixámosvos os seguintes vídeos.
E xa que andabamos a voltas cos limóns, non podíamos deixar pasar a oportunidade de ir velos á horta da escola. Había bastantes froitos e a mestra Ana da aula de natureza repartiu a colleita ente todos.
miércoles, 18 de diciembre de 2019
LÚA
Dende que
viramos e cantaramos o contiño de Lúa
a principio de curso, decidimos que era ideal para reescribilo e practicar as
grafías das letras en minúscula. No transcurso do trimestre os meniños foron realizándoo
e hoxe por fin levárono para casa. Agora xa todos os maiores teñen a súa propia versión
personificada.
domingo, 28 de octubre de 2018
CDU ILUSTRADA
Na nosa biblioteca os libros clasifícanse polas materias das
que tratan seguindo a clasificación decimal universal (CDU). Así, a cada
materia correspóndelle unha cor e un número dende o 0 ata o 9. O luns pasado comezamos a traballar cos meniños coa
versión ilustrada por Óscar Villán. Paseniño iremos facendo actividades para que
aprendan a manexarse con soltura na nosa biblioteca e desenvolvan habilidades
como usuarios
sábado, 14 de abril de 2018
O CARACOL REMOLDIÑO
Despois
de elaborar a “Miau”,
no noso obradoiro de cociña dedicado aos contiños ilustrados por Óscar Villán,
fai unhas semanas tocoulle quenda a “O caracol Remoldiño”
jueves, 12 de abril de 2018
TRABALINGUAS
O pasado
día 21 de marzo, para conmemorar o Día da Lingua Materna, comezamos a traballar na aula ao redor dos trabalinguas.
Durante o terceiro trimestre imos xogar e recuperar estes ditos populares que
resultan difíciles de pronunciar sen se trabucar.
En clase aprendemos o do Cuco
que aparece na imaxe superior e que copiamos do libro de Everest “Trabalinguas”. Pero queremos coñecer moitos máis, principalmente aqueles que forman parte da tradición oral.
Por isto, hoxe comezou a funcionar un caderno viaxeiro que pasará por todos os fogares dos meniños para que, coa axuda da súa familia, escriban e ilustren un trabalinguas. Se queredes ir practicando tedes moitos exemplos en https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/page/2/

Para deseñar
a portada as maiores imitaron as letras de Óscar Villán que tanto lles gustan
facer. Despois
veu o máis complicado: ordenalas correctamente e ir seleccionado as que
faltaban para escribir a palabra correctamente.
Por isto, hoxe comezou a funcionar un caderno viaxeiro que pasará por todos os fogares dos meniños para que, coa axuda da súa familia, escriban e ilustren un trabalinguas. Se queredes ir practicando tedes moitos exemplos en https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/page/2/

miércoles, 21 de marzo de 2018
¡FELIZ DÍA DA POESÍA!
Cada 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía. Na nosa aula
celebrámolo levando para casa un poema de Antonio Rubio
que comezaramos a reescribir fai tempo. Trátase do libriño “Zapato”
ilustrado por Óscar Villán e musicado por Cristina Martín Sanz.
lunes, 12 de marzo de 2018
domingo, 4 de marzo de 2018
O COELLIÑO BRANCO
Xa fai
moito que fixeramos esta receita inspirada no conto “O coelliño branco”, pero
quedara pendente de publicala no noso blog. Un xeito divertido de animar aos
meniños a comer plátano. Nas vindeiras semanas continuaremos cociñando contos
que teñen ao ilustrador Óscar Villán como protagonista.
domingo, 18 de febrero de 2018
EXPOSICIÓN DA CAMELIA 2018
O venres, a pesar da choiva e o mal tempo, as familias
trouxeron camelias das máis variadas formas e tamaños. Con moitos pétalos, con
poucos, rosas, brancas, vermellas, de dúas cores, pechadas, abertas, grandes,
pequenas … paseniño fomos observándoas todas e descubrindo as súas diferenzas.
Logo, baseándonos nas ilustracións dos libros de Óscar Villán “O abecedario” e “Cinco”,
reproducimos o seu particular estilo e realizamos as letras e números do cartel
da nosa exposición. Rematamos creando os debuxos e fotos para participar no concurso
organizado polo Concello. Moitas grazas ás familias que coa súa colaboración fixérona posible.
martes, 30 de enero de 2018
DÍA DA ILUSTRACIÓN
Como
xa vos comentaramos nunha entrada anterior, cada 30 de xaneiro, en memoria do
nacemento de Castelao e para salientar o papel dos ilustradores, celebrase o
día da ilustración. Desde a biblioteca escolar quixemos conmemóralo editando
unha guía de lectura dedicada Óscar Villán.
lunes, 15 de enero de 2018
SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS
Nas nosas últimas visitas á biblioteca escolar descubrimos
a Sabela, a protagonista do conto “Sabela e as zocas máxicas” ilustrado por Óscar Villán. Da súa man e a través do
desenvolvemento do ProxectoTerra, pretendemos que os meniños melloren o coñecemento que teñen do lugar
no que habitan.
domingo, 14 de enero de 2018
ÓSCAR VILÁN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























