Mostrando entradas con la etiqueta Rececuario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rececuario. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de junio de 2019

O CIRCO DE VERÁN CHEGA A SISÁN

Nas últimas semanas organizamos un concurso de debuxo para deseñar o que sería o cartel anunciador do festival de fin de curso. Como xa todos sabedes, este ano entre todas as escolas realizaremos unha función de circo con pallasos, magos, forzudos, mimos … e  ata unha muller bala. Cada meniño realizou o seu deseño e propuxo un nome para este espectáculo único que faremos mañá. Na imaxe tedes o resultado cunha montaxe de debuxos de todas as escolas e o nome máis votado. No pavillón estarán expostas todas as propostas dos nenos, buscade a do voso fillo.
Tamén xa está rematado o noso rececuario cos códigos QR que dan acceso as diferentes receitas colgadas neste blog. Mañá na festa estarán  os de todas as escolas. Se levados no voso móbil un lector  instalado poderedes acceder ás de todas as aulas.

martes, 18 de junio de 2019

BACALAO CON COLIFLOR

E rematamos o noso rececuario coa nutritiva e rica receita de Suevia.

MERLUZA

E agora pasamos aos peixes. Comezamos coa merluza e propoñemos dúas riquísimas opcións. A receita de merluza rebosada de Roi e a merluza en salsa verde de Marta.


lunes, 17 de junio de 2019

RISOTTO

Continuamos coas receitas que formaran parte do noso rececuario. Tócalle quenda as gambas para facer un rico risotto. Tomade nota da saborosa proposta que nos fan Lía e o seu papá.

viernes, 14 de junio de 2019

ZAMBURIÑAS Á MARIÑEIRA

A receita de Marcos ten como ingrediente principal as zamburiñas. No noso recuncho de tesouros do mar temos moitas cunchiñas delas. Nun primeiro momento os meniños confundíanas coas vieiras pero en canto as compararon rapidamente aprenderon as distinguilas polo seu tamaño.

jueves, 13 de junio de 2019

RECECUARIO


Estes días andamos a reler todas as receitas que trouxeron os meniños da casa polo Nadal. Con elas e as cunchiñas e peixes do noso recuncho de tesouros do mar, andamos a construír un rececuario. Para elaboralo, estamos a transformar unha caixiña de cartón nunha maqueta. Nela imos introducir os peixes e mariscos que viñan nas receitas de cada meniño. Enriba deles poñeremos códigos QR que remitirán a enlaces do noso blog onde colgaremos as receitas aportadas polas familias. Se no seu momento non o fixerades, aínda estades a tempo de participar.

miércoles, 15 de mayo de 2019

VIEIRAS AO FORNO

Xa sabedes que semanalmente ollamos o xornal e lemos as novas que por un ou outro motivo resúltanos interesantes. A volta das vacación de Semana Santa, nunha relacionada co turismo e a gastronomía da nosa Comunidade, descubrimos unha receita de Vieiras ao forno. Iso foi o detonante para volver a ver as que trouxemos da casa e temos expostas na clase. Comprobamos que son cinco as que temos e que vos deixamos a continuación para os que se animen a cociñalas.