O vindeiro
mércores celebraremos na nosa escola a festa do Samaín. Para coñecer mellor
esta tradición, Zapatocas preparounos na biblioteca un recuncho con contos e diverso
material relacionado co tema. Paseniño estamos léndoos e entre risas enfrontándonos
aos medos.
Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Informática. Mostrar todas las entradas
lunes, 28 de octubre de 2019
martes, 8 de octubre de 2019
O SISTEMA SOLAR
Onte
aproveitamos a nosa sesión semanal no aula de informática para traballar ao
redor do sistema solar. Para os que desexen aprender xogando tamén dende casa,
a continuación deixamos o vídeo que vimos e os xogos LIM que realizamos.
Picade enriba da imaxe e accederedes ás actividades.
martes, 1 de octubre de 2019
INFORMÁTICA
A
semana pasada comezamos coas clases de informática. Cada luns, a través de
xogos, realizaremos diversas actividades para aprender a manexar o rato, facer
clic, premer e arrastrar. Paralelamente empregaremos os ordenadores para
reforzar contidos traballados na aula á vez que os meniños vanse familiarizando
coa linguaxe informática.
Esta
semana foi o contiño “A que sabe a lúa?” o que empregamos como detonante para
traballar todos eses aspectos. Se na casa tamén queredes xogar picade na imaxe
inferior e accederedes ao LIM.
martes, 10 de marzo de 2015
FINALIZAMOS “AS OBRAS”…
Xa rematamos os cambios na aula e agora
dispoñemos de máis espazo de traballo e visualizamos mellor o encerado dixital
dende diferentes ángulos. Ademais, despois de moito tempo pechado por avarías,
hoxe conseguimos poñer en marcha o recuncho do ordenador. É moi velliño e non vai
a conexión a internet pero podemos traballar
co procesador de textos e introducir xogos. Todos os cativos querían probalo
pero temos que ir por quendas. Seguro que nos vindeiros días quitarémoslle
moito partido.
miércoles, 26 de noviembre de 2014
UNHA PARTIDA DE OCA EN FAMILIA
Esta é a proposta para hoxe. Agora que
andamos a aprender a xogar á oca, aos cativos tamén lles fai ilusión facelo na
casa. A semana pasada xa comezamos a realizar as fichas cos nomes dos membros de
cada familia. Como teñen que ser pequeniñas para que collan no taboleiro e os
más novos da clase aínda non teñen moita maña niso de escribir, fixémolos no
ordenador. Os maiores axudaron aos pequenos e esta mañá, despois de imprimilas
e plastificalas, puideron levalas para casa. Xa nos contaredes que tal saen esas
partidas. Se vos animades podedes mandarnos fotos e publicarémolas nesta entrada.
lunes, 12 de mayo de 2014
PREPARANDO O DÍA DAS LETAS GALEGAS
Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro. Baseándonos nos materiais
elaborados pola coordinadora do equipo de normalización lingüística do noso
centro, esta semana imos coñecer un pouquiño da vida e obra deste escritor
galego.
Hoxe comezamos a familiarizarnos co seu nome vendo un conto da súa
traxectoria e, en informática, realizamos algunhas das actividades propostas
polo Seminario Galán. Se
na casa tamén queredes facer as actividades podedes clicar na imaxe da esquerda e
accederedes ao LIM.
domingo, 27 de enero de 2013
O AÑO PITAÑO
Este
foi o poema que traballamos esta semana para seguir coñecendo a obra de Xosé Mª
Álvarez Blázquez.
Gústanos e fainos rir cando o escoitamos recitado por nenos
pequenos na seguinte presentación http://www.youtube.com/watch?v=QxXcd_qscJw.
Pero o que realmente preferimos é ir a informática e facer os xogos LIM da
escola de Barciela do CRA de Vilaboa. Se na casa tamén queredes probar, picade
na seguinte imaxe.viernes, 18 de enero de 2013
POLO LARANXAL…
Así
comeza o poema de Xosé María Álvarez Blázquez que estivemos traballando esta
semana. ¡Canto traballiño lle deu aos maiores conseguir facer o “H” en ligada!...
Comprender que os números 1, 2 e 3 pódense escribir empregando letras, tampouco
foi doado. Pero pasárono en grande dramatizando os versos.
Todos querían ser
avelaíñas e xogar a agocharse detrás das laranxeiras.
Contar as avelaíñas era
máis fácil. Sobre todo se o facemos cun xogo no ordenador. Para todos aqueles
que tamén queiran aprender o poema mentres xogan, no seguinte enlace http://seminariogalan.org/inicio/ver/59
teñen varias actividades que realizou o Seminario Galán co gallo de ser Xosé Mª Álvarez Blázquez o autor
homenaxeado o día das letras galegas do
ano 2008.
jueves, 10 de enero de 2013
XEROGLÍFICOS
Esta foi a palabra
que elixiu Mencía para o noso dicionario de palabras relacionadas con Exipto. Antes
de dar vacacións, ensinaranos toda a información que buscara ao respecto coa
axuda da súa familia na casa.
Comprobamos que no Antigo Exipto os
escribas empregaban eses debuxos aos que chamamos xeroglíficos, e deixamos
toda a información no noso recuncho.
En informática, co mestre
Rafa, estivemos compoñendo e escribindo o noso nome empregando eses signos. Se queredes
probar a facer os dos vosos amigos, podedes intentalo nos seguintes enlaces http://www.egipto.com/museo/alphabet/name.html
http://www.desarrollosdg.com.ar/educativos/comunicacion/traductor.php.
O martes lembramos como se escribía esta palabra e, como nos gusta ver
o noso nome en xeroglífico, fixémolo tamén en formato papel.miércoles, 7 de diciembre de 2011
XOGO DO APALPADOR
Na escola seguimos aprendendo cousiñas sobre o Apalpador. Estamos confeccionando un catálogo de xoguetes de madeira para decidir entre todos cal queremos que nos traia. Pouco a pouco imos coñecendo algúns animais propios da zona onde vive ou cales son os obxectos que usa, á vez que nos imos familiarizando co ordenador e as súas funcións. Para os que lle gustaron os LIM do outro día, deixámoslles este que o CEIP de Arzúa fixo para os nenos de infantil, lembrade que soamente tedes que picar na imaxe e despois nas frechas de abaixo para cambiar de actividade.
domingo, 27 de noviembre de 2011
AS NOSAS BUXAINAS
![]() | ||
Galácticas
|
![]() |
Esteladas |
¡Que bonito está o mural que se montou coas buxainas de todos os cativos!. Hainas para todos os gustos…
![]() |
Preparadas para o Nadal |
![]() |
Coloridas |
E moitas máis que non son capaz de colgar...
Nas clases de informática, ademais de traballar as partes do peón, os pequenos tamén deixaron aflorar a súa faceta artística. Se queredes ver todas as fotos, podedes visitar a galería de imaxes da web do cole ou acceder directamente picando aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























