lunes, 30 de mayo de 2022

A CAPITÁ CORTEGADILLA

 

Fai unhas semanas, a mestra Rebeca de educación física tróuxonos unha sorpresa espectacular. Nun dos seus paseos polo río Umia atopou unha botella cunha mensaxe que compartiu connosco. Resulta que a tripulación da capitá Cortegadilla, encargada de coidar o medio ambiente na Illa de Cortegada, desapareceu. Cortegadilla pedía a nosa axuda para rescatala e dábanos unha serie de pistas para conseguilo. Xunto cos nenos da escola de Sisán, comezamos a busca. Pero primeiro realizamos este baile pirata para quentar motores.

Despois chegaron as probas. Para rescatar a cada membro da tripulación debíamos superar unha: resolver adiviñas, facer castelos de area, camiños de follas, tirarnos polo tobogán, adiviñar obxectos polo tacto …



Paseniño os piratas foron aparecendo e entre todos recuperamos a toda a tripulación incluído o loro Refunfuñón.



E para agradecernos a nosa axuda, a capitá Cortegadilla enviounos o seguinte vídeo no que nos invita a coñecer a súa illa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario