lunes, 30 de mayo de 2022

DÍA DA FAMILIA

 

Cada 15 de maio celébrase o Día Internacional da Familia. O seu obxectivo é crear conciencia da importancia da familia na sociedade. Na nosa escola unímonos a esta celebración cunha xornada de convivencia de todas as aula do centro na  escola de Sisán.



 Comezamos a mañá cunha exposición dos debuxos feitos polos nenos das súas familias e fixemos xogos diversos.


Despois a asociación Gotas desenvolveu un obradoiro sobre os diferentes tipos de familia e regalounos unha librería moi especial que o ANPA dotou de libros. 

E rematamos a xornada creando música con material de refugallo da man de  Matrácala.


PIZZA PIRATA

 

Xa que andamos a voltas cos piratas, esta fin de semana propuxemos elaborar unha saborosa pizza con esa temática. Mirade no seguinte vídeo que doada é de facer.

A CAPITÁ CORTEGADILLA

 

Fai unhas semanas, a mestra Rebeca de educación física tróuxonos unha sorpresa espectacular. Nun dos seus paseos polo río Umia atopou unha botella cunha mensaxe que compartiu connosco. Resulta que a tripulación da capitá Cortegadilla, encargada de coidar o medio ambiente na Illa de Cortegada, desapareceu. Cortegadilla pedía a nosa axuda para rescatala e dábanos unha serie de pistas para conseguilo. Xunto cos nenos da escola de Sisán, comezamos a busca. Pero primeiro realizamos este baile pirata para quentar motores.

Despois chegaron as probas. Para rescatar a cada membro da tripulación debíamos superar unha: resolver adiviñas, facer castelos de area, camiños de follas, tirarnos polo tobogán, adiviñar obxectos polo tacto …



Paseniño os piratas foron aparecendo e entre todos recuperamos a toda a tripulación incluído o loro Refunfuñón.



E para agradecernos a nosa axuda, a capitá Cortegadilla enviounos o seguinte vídeo no que nos invita a coñecer a súa illa.

REI E RAÍÑAS DA FROITA

Xa temos o noso rei e raíñas da froita dos meses de abril e maio. Están feitos uns auténticos comefroitas. Parabéns por unhas merendas tan saudables.

miércoles, 18 de mayo de 2022

O ARCO DA VELLA E A SERPE DE ANA E NOA

 

Ana e Noa tamén se uniron á iniciativa de cociñar os poemas de Florencio Delgado que fan referencia ao arco da vella e a serpe. Mirade nas imaxes de todo o proceso que ben lle saíron.







martes, 17 de mayo de 2022

lunes, 9 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 

Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta Florencio Delgado. Son múltiples as actividades desenvolvidas dende diferentes ámbitos para dar a coñecer a figura e obra do autor homenaxeado. A ANPA da nosa escola uniuse a esta iniciativa convocando o IV concurso de debuxo das Letras Galegas. Na nosa aula seleccionamos algúns dos poemas que máis se adaptan as idades dos nosos alumnos e participamos ilustrándoos.


Unha das estrofas que máis gustou na clase, foi unha que fai referencia ao arco da vella. Como non podía ser doutro xeito, decidimos levalo ás nosas propostas culinarias da fin de semana. A ver quen se anima a cociñalo. Nos propuxemos unha receita con froitas pero neste enlace tedes outra saudable versión con verduras.

lunes, 2 de mayo de 2022

MAIOS 2022

Para darlle a benvida a primavera, cada curso realizamos un maio. Trátase dunha construción feita con paus e cuberta con fiúncho, flores e outros adornos ao redor da que cantamos coplas a ritmo de claves.

 Este ano, grazas ao ANPA da escola, volveron a acompañarnos os gaiteiros.





O MONO DOURADO DE NOA

 

Nas últimas semanas, as nosas propostas culinarias tiveron coma protagonistas algúns animais que viven en China. A nosa cociñeira Noa animouse a elaborar un mono dourado. Mirade nas imaxes que ben lle quedou.