Mostrando entradas con la etiqueta Calendario escolar de adiviñas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calendario escolar de adiviñas. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de junio de 2013

OREJAS…

Sabedes xa que animal é… Vímola no libroOrejas da colección “Adivina quien es” de Everest, a ilustración que acompaña a cada adiviñanza mostra unicamente as orellas do animal. Ao pasar a paxina pódese saber de que animal se trata e coñecer os seus hábitos e costumes. ¿Necesitades que vos mostremos as orellas do animal ao que fai referencia a adiviña elixida para o mes de xullo, ou xa estades listos para mandar un comentario coa solución?... 

martes, 28 de mayo de 2013

¿QUÉ VUELA?


No noso calendario escolar de adiviñas xa chegamos a xuño. A que escollemos para este mes é ben doada de acertar. O libro onde a atopamos contén 21 adiviñanzas relacionadas con animais ou obxectos que voan.  Seguro que sabedes a resposta… Agora soamente vos queda mandar un comentario coa solución… ou necesitades máis pistas…

martes, 21 de mayo de 2013

ADIVIÑA PARA O MES DE MAIO

¿Estades preparados?... Ven no libro “Adivinanzas” da editorial La Galera, o exemplar trae solapas para agochar a resposta, hai que intentar descubrir que hai detrás, as ilustracións con gran sentido do humor, axudan a conseguilo. ¿Tedes xa a solución para enviar un comentario?...

lunes, 13 de mayo de 2013

ADIVIÑAS DE PAPEL

Este é o libro de adiviñanzas que escollemos para o mes de abril. A elixida parece difícil pero como pista diremos que antes estivemos lendo adiviñas de Gloria Sánchez relacionadas coa escola. ¿Tedes xa a resposta para enviarnos un comentario?...

sábado, 4 de mayo de 2013

ADIVINANZAS DE ANIMALES

Aínda que a que escollemos para o mes de marzo é moito máis difícil que as anteriores, o titulo xa é unha pista. Sacámola da colección Adivinanzas da editorial La Galera, do libro dedicado ás de animais.
Cada unha das adiviñas que aparece no exemplar, ven acompañada de tres pistas para axudarnos a  acertalas. Traballámola o mércores e seguro que máis dun cativo lémbrase da solución. ¿Quen nos envía un comentario coa resposta?... se non recibimos ningún, comezaremos coas pistas que proporciona o libro.

jueves, 18 de abril de 2013

XOGANDO ÁS ADIVIÑAS


Seguimos co noso calendario de adiviñas. Esta semana cambiamos de ano, pasamos ao 2014 e tocoulle quenda a xaneiro. ¡Que ilusión fai lembrar que o día 6 é festivo porque veñen os Reis Magos!, despois todas as conversas dos cativos xiraban ao redor do que lle pensaban pedir As Súas Maxestades. Pero antes disto, no libro Xogando ás adiviñas,  limos varias e descubrimos que  cada vez cústanos menos atopar a solución. ¿E vós, sabedes xa a resposta á desta semana?...

viernes, 12 de abril de 2013

¿CAL É O ANIMALIÑO?...

¿Preparados para a seguinte adiviña?... Nesta ocasión a súa autora é Gloría Sánchez, dela xa coñecíamos as súas poesías pero non leramos as súas adiviñanzas. O mércores, no seu libro “Adiviñas de animais” vimos unha chea delas e estivemos lembrando algún dos libros que máis nos gustaran: “Dez piratas”, “Rimas con letra”… Se queredes familiarizarvos coas súas obras, fai un par de anos foi a escritora homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra e realizamos unha guía de lecturas á que podedes acceder clicando aquí. Para o calendario escollemos unha das máis doadas, seguro que xa todos sabedes cal é a solución… ¿Quen se anima desta vez a enviarnos un comentario coa resposta?...

miércoles, 3 de abril de 2013

¿QUE COUSA SERÁ?...

No libro “Adiviñas” que temos na biblioteca de aula atopamos a que eliximos para o mes de novembro. Nesta ocasión optamos por unha máis difícil cas anteriores. Como pista diremos que non fai referencia a ningún conto e que seguro que todos temos varias na casa. ¿Quen será o primeiro ou primeira en enviarnos un comentario coa solución?...

sábado, 16 de marzo de 2013

ADIVINA DE QUE CUENTO SOY

Este é o título do libro onde atopamos a adiviña que eliximos para o mes de outubro. Por agora seguimos coas relacionadas cos contos dos Irmáns Grimm. Esta obra ofrécenos a oportunidade de poñer a proba o que sabemos dos personaxes dos relatos clásicos a través de adiviñanzas, con pistas claras para que todos as poidamos acertar. Seguro que xa sabedes a solución … ¿Quen se anima a enviar un novo comentario coa resposta ao mes de outubro?.

jueves, 7 de marzo de 2013

ADIVIÑAS PARA TODO O ANO

O noso calendario escolar do vindeiro curso xa está en proceso de elaboración. Este ano ímolo dedicar ás adiviñas. Como andamos a voltas cos Irmáns Grimm, comezamos co libro El país de las adivinanzas”. Nel hai que descubrir  obxectos ou personaxes relacionados cos contos clásicos. Para agochar a resposta, colocamos unha portiña… Nas vindeiras semanas iremos completando o noso particular almanaque do curso 2013 / 2014. Con cada mes traballaremos un libro de adiviñas e animámosvos a resolver a que elixamos. Para empezar… ¿quen nos envía un comentario coa solución á do mes de setembro?...