Á maioría dos meniños da aula aínda lles custa aclararse cos conceptos dereita e esquerda. Hoxe con este divertido baile que vimos na aula de Ribadumia b, estivemos traballando estas nocións. Preparados para practicar tamén na casa?
Mostrando entradas con la etiqueta Bailes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bailes. Mostrar todas las entradas
jueves, 21 de enero de 2021
domingo, 11 de marzo de 2018
A TÍA MÓNICA
Nas últimas semanas, a nosa sesión de xogos dedicámola a
aprender e bailar a canción de “La tía Mónica” coa versión musical de “Dúo tiempo de Sol”. A continuación deixámosvos o vídeo por se queredes xogar
tamén na casa.
martes, 23 de enero de 2018
MARÍA “LA COCOTERA”
A semana pasada, a nosa sesión semanal de xogos dedicámola a practicar o
baile da canción “María la Cocotera”. Aínda que xa a traballaramos o trimestre
pasado, non tivemos tempo de aprender ben o baile. A continuación tedes o vídeo
por se queredes practicar na casa.
martes, 29 de marzo de 2016
COMENZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE
Despois das vacacións de Semana Santa,
empezamos lembrando algunhas cousiñas que nos quedaran pendentes. Unha delas é o
simpático baile canario “La punta y el tacón” que aprendemos coa axuda da mestra Olalla. Neste enlace tedes como
o fan os nenos dun colexio de Canarias probade a facelo na casa veredes que
divertido.
martes, 1 de marzo de 2016
BAILANDO…
lunes, 22 de febrero de 2016
EL BAILE DE LOS ANIMALES
Sen lugar a dúbidas, a actividade estrela da
semana pasada foi “El baile de los animales”.
Cada día gústanos máis isto de movernos ao son dunha música pegadiza
seguindo unha coreografía predeterminada. Non sempre conseguimos seguir ben o
ritmo nin realizar correctamente os movementos, pero o pasamos xenial. Se a isto lle engadimos que posteriormente
traballamos o texto da canción e avanzamos no coñecemento da lingua escrita, o
resultado é enriquecedor para todos.
E para que tamén bailedes na casa, a
continuación vos deixamos o vídeo de Brujicanciones no que nos baseamos.
sábado, 13 de febrero de 2016
UN BAILE EN PIXAMA
A orde do Meco para o xoves da semana
pasada era clara: ¡Vir á escola co pixama posto!. E así acudimos todos a
clase, moitos con bata de casa e zapatillas incluídas para que non nos faltara
detalle.
Con esta cómoda vestimenta, practicamos o divertido baile “Tomaditos
en parejas” de Brujicanciones que aprendemos para a festa de Entroido.
A continuación vos deixamos o vídeo por se
queredes probar a realizado na casa, veredes que ben o pasades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














