Mostrando entradas con la etiqueta Antonio Machado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antonio Machado. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de noviembre de 2015

ESCRITORES ANDALUCES

Juan Ramón Jiménez, Antonio Machado e Federico García Lorca teñen como nexo común haber nacido en Andalucía. Nas vindeiras semana traballaremos un chisquiño ao redor estes famosos escritores. O mércores pasado xa comezamos a quentar motores lendo “Platero y yo”.
Trátase dunha preciosa adaptación do clásico de Juan Ramón Jiménez que trouxo Carla para compartir connosco. Pero sen lugar a dúbidas o que máis nos gustou foi o vídeo que podedes ver a continuación facendo clic na imaxe de Platero.

martes, 6 de noviembre de 2012

ADEUS, ANTONIO MACHADO

Rematou o mes de novembro e chegou o momento de despedirse de Antonio Machado e cambiar de poeta. Pero non queremos facelo sen antes recomendarvos os libros que estivemos traballando estas semanas: “Antonio Machado para niños y niñas… y otros seres curiosos ”, “Mi primer libro sobre Machado” e “Mi primer Machado”.
Deste último, gustounos moito o poema “caballito de cartón”,
se na casa vos animades a construír un cos cativos, aquí  tedes como podedes facelo a partir dunha vasoira. Pero o noso verso preferido continua a ser “La plaza tiene una torre”, incluso xa aprendemos a debuxala.


miércoles, 17 de octubre de 2012

EN OUTUBRO, ANTONIO MACHADO

Este é o autor que eliximos para o mes en curso no noso calendario escolar da poesía. Gústanos sobre todo o seu poema “La plaza tiene una torre”, especialmente a parte onde o cabaleiro leva a flor, a dama, o balcón, a torre e ¡ata a praza!, aínda que non entendemos moi ben como fai para conseguilo. Pero nos divertimos cando xogamos coa mestra a que o cabaleiro tamén leva algún dos nosos nomes e temos que intentar adiviñar de quen se trata. Por certo, sabedes a quen está a levar nesta ocasión… ¿quen se anima a mandar un comentario coa resposta?...