Mostrando entradas con la etiqueta Gloria fuertes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gloria fuertes. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de abril de 2013

UNHA ADIVIÑA DEDICADA A CERVANTES…

No seu momento dixémoslle: “¡Ata pronto!”, e aquí a temos de novo, falamos de Gloria Fuertes, unha das nosas poetisas favoritas. Do seu libro “Adivinanzas de Gloria” sacamos a que escollemos para o mes máis curto do ano. Seguro que con tantas pista xa sabedes a solución, agora soamente vos queda mandar un comentario coa resposta.
E esta tarde, ás 18:00 horas, non os esquezades que tedes unha cita no Auditorio de Ribadumia co espectáculo "A nena e o grilo nun barquiñobaseado no novo disco-libro de Magín Blanco. Para os que desexen ir practicando as cancións aquí vos deixamos unha mostra.

domingo, 9 de diciembre de 2012

¡ATA PRONTO GLORIA!

Co cambio de mes chegou o momento de despedirse por un tempo da poetisa que nos acompañou nas últimas semanas, e fixémolo co seu divertido poema “Doña Pito Piturra”. Pero tamén toca darlle a benvida ao seguinte escritor, nesta ocasión , Antón Cortizas. Se co seu libro “Sopra neste furadiño” descubrimos os bicos de vento, co “Vestida co arco da vella” mergullarémonos nas cores… pero o primeiro coma sempre, recompilar os fondos que temos deste autor na nosa biblioteca. Durante este mes na hora de ler tamén podemos escoller entre os seu libros, xa vos contaremos cal acaba sendo o noso favorito.

viernes, 23 de noviembre de 2012

GLORIA E AS ADIVIÑAS

Na nosa biblioteca de aula temos un libro novo de Gloria Fuertes que nos encanta: “Diviertete con Gloria Fuertes”. Ten ilustracións grandes, versos para debuxar, para xogar… e un poema que ultimamente nos gusta moito: La araña de España”. Especialmente  cando recitamos ¡TACATÁ, TACATÁ! a ritmo de palmas con toque flamenco. Probade na casa cos cativos, seguro que vos divertides.
Pero Gloria ademais de contos e poemas, tamén escribía adiviñas. Esta semana traballamos unha moi relacionada co proxecto que estamos a desenvolver ao redor de Exipto, a ver se a acertades.




miércoles, 14 de noviembre de 2012

EN NOVEMBRO, GLORIA FUERTES

O ano avanza e o noso calendario poético tamén. Dende primeiro de mes andamos a traballar diversos poemas de Gloria Fuertes. O curso anterior, “La mosca y el mosquito” nos fixeron rir e, a semana pasada, “La eriza y el erizo” aumentaron o noso gusto pola poesía. Pero como tamén nos encanta iso de dar bicos, aproveitamos o poema para practicar e dalos “de ourizo”… con moito coidadiño… case sen tocarnos… para non pincharnos coas púas. E xa postos a andar a voltas cos ourizos, aprendemos a debuxalos de xeito sinxelo, seguindo os pasos que aparecen nas páxinas do libro “Como dibujar animalesque temos na biblioteca. Todo isto sen esquecer que imos avanzando no coñecemento do noso sistema de escritura, especilamente os maiores que xa van controlando o trazado das grafías das letras minúsculas ligadas.