Os mércores temos clase de música coa mestra Olalla, pero
como tamén lle encantan as manualidades, cada semana nos sorprende cunha
diferente. Nesta ocasión fíxonos experimentar coas cores. Partindo das
tonalidades básicas vermella, amarela e azul, conseguiu unha gama cromática dun
xeito sorprendente: con vasos comunicados con papel de cociña. A través destas
orixinais pontes, comprobamos como a auga “camiña” ata encher os vasos baleiros
e mesturar as colores. no seguinte vídeo tedes o proceso por se queredes experimentar tamén na casa.
lunes, 29 de noviembre de 2021
CANTAS CORES!
domingo, 28 de noviembre de 2021
OS AMIGOS DE PEQUEÑO AZUL E PEQUEÑO AMARELO
Vermello, laranxa, marón, gris, rosa … Cantos amigos teñen Pequeno Azul e Pequeno Amarelo! O venres xogamos con eles a facer rodas e ringleiras. En mestres enredabamos, traballamos as cores e os conceptos primeiro e último.
miércoles, 24 de noviembre de 2021
A CASA DE PEQUENO AZUL E DE PEQUENO AMARELO
Para xogar cos principais personaxes do conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, soamente necesitamos recortes de papel e debuxar as
casiñas. O resto conseguímolo coa imaxinación.
domingo, 21 de noviembre de 2021
UN NADAL INCLUSIVO
Esta semana Zapatocas preparounos na biblioteca unha árbore de Nadal moi especial. Está cheo de bólas numeradas que agochan portadas de contos que teñen en común o respecto á diversidade. Son lecturas inclusivas, onde todos os seres teñen cabida, ninguén queda fóra. A tolerancia, a comprensión, a empatía, a aceptación das diferenzas e a capacidade de poñerse no lugar dos outros, son as palabras claves desta proposta.
Cada semana, na nosa visita á biblioteca escolar, debemos buscar a bóla que corresponde ao número do día no calendario e ler o conto sorpresa do seu interior. O luns pasado tocounos “Unha casa a media”e encantounos. A ver que libro atopamos mañá.








