Co gallo da pasada festa do
Samaín, e a partir da lectura do conto “O home lobo”, mergullámonos de cheo nos contos que teñen a estes seres coma
protagonista e aos medos relacionados con eles e a lúa. Dende a biblioteca
escolar fixemos unha recompilación con todos e elaboramos a seguinte guía
de lecturas. Cando rematemos de traballar con ela en formato papel levarémola
para casa.
Mostrando entradas con la etiqueta Lobos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lobos. Mostrar todas las entradas
martes, 19 de noviembre de 2019
domingo, 27 de octubre de 2019
UNHA MISIVA ESPECIAL
A semana
pasada a irmá de Gael fíxonos chegar unha carta cun debuxo dun lobo que nos
gustou moito. Decidimos redactar unha resposta e darlle as grazas por tan
agradable presente. Entre todos puxémonos de acordo co contido e serviunos de detonante
para traballar ao redor das partes dunha misiva. Entre isto e os contos de cartas
que andamos a ler, aos meniños entráronlles moitas ganas de escribir aos seus
amigos e familiares. Animádevos na casa a axudar aos nenos a envialas e veredes
que ben o pasades e a ilusión que fai recibilas.
domingo, 20 de octubre de 2019
COMER UN LOBO
Dende que
limos este divertido contiño, decidimos que chegara o momento de cambiar as
tonas e ser nós quen comera ao lobo. Así que se na casa tamén queredes cociñar
un para merendar, a continuación vos deixamos a receita.
lunes, 14 de octubre de 2019
A LÚA E OS LOBOS
No
contiño Quen levou a lúa? ao redor do que traballamos a semana pasada
na biblioteca, limos que os lobos ouvean á lúa chea. Non sabemos se será
verdade pero imos investigar e intentar aprender cousiñas deste impresionante
animal.
Paralelamente
estamos traballando a educación documental para comprender como está organizada a nosa biblioteca escolar. Cada semana facemos actividades cos libros que lemos
para saber onde están colocados e como temos que facer para acceder á
información que buscamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










