A pesar da distancia, Marta fainos chegar esta preciosa foto
con todo o seu agarimo e un fermoso conto de base: “Así es mi corazón”. Graciñas Marta! Vémonos en setembro!
Mostrando entradas con la etiqueta Eu quedo na casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eu quedo na casa. Mostrar todas las entradas
viernes, 19 de junio de 2020
miércoles, 17 de junio de 2020
FELICIDADES BREO!!
No blog
de música, a mestra Lupe dedica un novo vídeo para celebrar o aniversario de
Breogán. Picade na imaxe para acceder a el. Parabéns!!
martes, 16 de junio de 2020
AVALIACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE
Xa están dispoñibles
na Aplicación Abalar da Xunta de Galicia os boletíns coa avaliación do terceiro
trimestre. Para máis información aquí.
O AGASALLO DE ROI
Como despedida,
Roi mándanos a foto dunha bonita malualidade que fixo para nós e unha mensaxe
moi especial para todos. Moitísimas grazas Roi!
viernes, 12 de junio de 2020
GUÍA DE LECTURAS DE JOAN MIRÓ
Debido á suspensión das clases, non puidemos continuar co noso
tradicional calendario escolar que este curso dedicabamos a Joan Miró. Pero non
queríamos renunciar tamén á recompilación de libros que normalmente facemos
nel. Por este motivos editamos a seguinte guía de lecturas na que recollemos
todos eses exemplares cos que traballamos pero dun xeito diferente. Esperamos
que pronto a nosa biblioteca escolar volva a abrir as súas portas para que
todos continuemos gozando deles.
martes, 9 de junio de 2020
O RETO DE MARTA E PABLO
![]() |
| Reto de Marta |
Chegou ao
correo o primeiro reto dos bocatas de produtos do mar. Seguindo as consignas dos Arroases, temos que adiviñar os ingredientes de dous megabocatas que
prepararon Marta e o seu irmán Pablo. Estades listos para xogar? Pois mirande
detidamente as fotos que nos mandan e enviarnos ao correo a lista de ingredientes.
![]() |
| Reto de Pablo |
O NOME MÁIS LONGO DE TODOS
Xa temos
a solución ao reto relacionado cos nomes das nosas familias. Lembrámosvos que
había dous finalistas: Ainhoa e Santiago. Marcos confírmanos que o que máis letras
ten é Santiago. Pero aínda atopou outro máis longo: María del Carmen!
lunes, 8 de junio de 2020
RAÍÑA DO MES DE XUÑO
Acaba de comezar o mes e xa temos a nosa primeira raíña da froita. Nunha semana
xa comeu: melón, sandía, kiwi, piña, amorodos, mango … Toda unha comefroitas! A ver quen vai ser o seguinte rei ou raíña de
xuño, animádevos a conseguilo!
NA PRAIA
Aínda
que baixaron as temperaturas, o bo tempo continúa na nosa comarca e son moitas
as actividades que xa podemos facer ao aire libre mantendo as medidas de
seguridade. Mirade Erik que ben o pasa na praia da casa dos seus avós.
XOGOS CON GLOBOS
Marta e
a súa amiga Suevia decidiron por en practica os xogos con globos que o mestre de educación física da nosa escola recomenda. Mirade
no vídeo que ben o pasaron e animarvos a practicar coma elas, veredes que
divertido.
viernes, 5 de junio de 2020
AVISO IMPORTANTE
O vindeiro mércores día 10 de xuño poderedes acudir ao
centro de 10 a 12 horas para a recollida e devolución do material escolar.
Activaremos o protocolo de medidas relativas á prevención fronte ao COVI 19 de acordo
coa resolución do 22-05-2020 da Consellería de Educación. Estas normas de
obrigado cumprimento serán as seguintes:
-
A entrega/devolución do material farase pola ventá da
biblioteca que dá á entrada da aula de Leiro.
-
Deberase manter a distancia de seguridade en todo momento
e empregar máscara.
-
Soamente unha persoa da familia será a encargada de
devolver o libro da biblioteca na súa bolsa e, no caso de que tamén os teñan na
casa, a mochila viaxeira da biblioteca, os cadernos viaxeiros e os contos da
biblioteca de aula.
-
A titora faravos entrega do material que hai que devolver
(carpeta, traballos, cadernos, libros, pandeireta …) nunha bolsa.
-
A persoa encargada de facer a devolución/recollida do
material asinará un xustificante. Se queredes podedes traer o bolígrafo de casa
para evitar compartir material. No caso de non poder vir ningún familiar ese
día, podedes autorizar a outra persoa.
-
A hixiene de mans será obrigatoria antes de despois da
recollida, a estes efectos na ventá haberá un dispensador de solución hidro
alcohólica.
-
Non está permitido:
·
O acceso ao interior da escola
·
O uso do patio
·
As reunións de varias persoas no recinto escolar
·
A asistencia dos nenos e nenas
Contactade coa titora no correo electrónico escoladeleiro@gmail.com se tedes calquera dúbida. No caso de que haxa algún cambio comunicarémolo no blog. O profesorado continuará
coa actividade telemática. Moitas grazas pola vosa colaboración.
jueves, 4 de junio de 2020
O TEMPO NO CONFINAMENTO
Queredes saber
cantos días de sol tivemos durante a corentena? Choveu máis en maio ou en
abril? Houbo máis días nubrados que solleiros? Grazas ao rexistro meteorolóxico de Lía, podemos resolver todas estas dúbidas á vez que
practicamos as sumas. Animádevos a realizar vos tamén as vosas propias
anotacións nos calendarios! E se
queredes practicar sumas neste enlace e aquí tedes varias opcións.
miércoles, 3 de junio de 2020
O RETO DOS ARROASES
Xa temos
a solución ao reto comefroita de Marcos, nola envía Roi
ilustrada dun xeito moi chuliño e accederedes a ela picando enriba da imaxe da brocheta desa entrada. Lembrade que podedes seguir enviando novos
desafíos engadindo a variada froita de tempada que tedes nesta entrada da aula de Ribadumia B, xa vedes que as posibilidades creativas aumentan.
Animádevos a incluílas e crear novos pratos?
Pero agora
son Os Arroases os que nos piden participar. Queren que lle poñades as pilas aos
bocatas incluíndo as vosas conservas favoritas: atún, sardiña, mexillón, polbo … Aderezalos ou decoralos como máis vos
guste, con leituga, cenoria … Mandade as fotos das vosas creacións e os demais
intentaremos adiviñar os ingredientes. Neste enlace e aquí tedes
moitas ideas, incluso podedes poñerlle nome a vosa creación. Listos para xogar?
CALENDARIOS DO CONFINAMENTO
O luns
comezou o mes maio e Lía lémbranos que toca empezar un calendario novo. Ela foi
cubrindo todos os dos meses anteriores e envíanos os seus almanaques de
confinamento. Para os que necesiten axuda coa ficha, neste enlace podedes descargala.
TIBURÓN Á VISTA
Comezan a
chegar ao correo da escola os traballos co tiburón peregrino como protagonista.
Polo pronto temos un realizado en plastilina por Marcos e un debuxo de Erik . Animádevos
a seguir enviando e encheremos esta estrada de quenllas.
martes, 2 de junio de 2020
O MIRONIN DE LÍA
Preséntovos a Lili, o Mironin que onte creou Lía coas súas cores
favoritas. Non sei se a noite pasada xa comezou a vivir aventuras na Fundació
Joan Miró. No interior de que obra credes que se instalará Lili? Animádevos a mandarnos un correo coa vosa
elección e un debuxo coa vosa propia versión da obra. Neste enlace tedes moitas. Tal vez puido saír do cadro “Mont-roig, a igrexa e a vila” que vos deixo a continuación ou quizás non, a ver que opinades. Tamén podedes crear outros Mironins, escoller o cadro do que saíu ou contarnos as aventuras que imaxinades para el.
A NOITE ESTRELADA DE MARCOS
A lúa, as estrelas, o firmamento e unha gama de azuis. Marcos animouse a
plasmar no seu debuxo o pequeno anaco do universo que observa dende a súa
fiestra como propoñiamos na entrada “Unha horta de estrela”. Para os que necesiten inspiración, a continuación vos
deixamos a obra de Joan Miró “Paisaxe na noite”, seguro que vos motiva.
lunes, 1 de junio de 2020
O TIBURÓN PEREGRINO
Hoxe tamén
imos empregar o xornal para coñecer outro animal que estes días saíu nas
noticias: o tiburón peregrino. Como podedes ver neste artigo, grazas ao confinamento estase a deixar ver dun xeito pouco
frecuente. Pospóñovos descubrir algunhas cousiñas desta quenlla lendo cos
meniños a información aparecida nese periódico dixital e vendo as imaxes que ilustran esta entrada e o seguinte vídeo.
Agora con todo o aprendido, seguro que estades preparados para facer un precioso debuxo ou modelalo en plastilina como explican neste vídeo.
ESCRIBINDO CON ARTE
Esta fin de semana de sol e calor, Marta, o seu irmán Pablo, as nosas antigas
alumnas Mencía e Suevia e as súas mamás, fixeron unha autentica obra de arte en
equipo cos nomes dos nenos da escola. Cunhas cunchiñas, area e moito agarimo,
mirade nas fotos que preciosos quedaron. Xogade a buscar o voso, están todos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























