Mostrando entradas con la etiqueta Polo Norte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Polo Norte. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de mayo de 2014

PARA MERENDAR… ¡UN IGLÚ!

Esta foi a sorpresa que nos tiña preparada Rita a semana pasada para celebrar o día do seu santo. Un impresionante iglú de “mousse” de chocolate recuberto de nubes, situado nun riquísimo Polo Norte de biscoito con nata. Esquimós, un caribú, un oso e outros animais polares cos que xogamos ao rematar de merendar, completaban esta deliciosa torta. Graciñas á Rita e a súa familia por elaborar esta espectacular receita e compartila con nós.

martes, 6 de mayo de 2014

CONTOS DO POLO NORTE


Esta semana a hora de ler está dedicada aos contos do Polo Norte. Empezamos onte co “¡Porque te quero tanto! e hoxe continuamos con “Agustina se muda al Polo Norte. Mañá o encargado terá que decidir entre “Os mil brancos dos esquimós” e Pequeño inuit. O luns, na nosa visita semanal á biblioteca, vimos que editoriais son as que os publican e como temos que facer para localizalos nos andeis cando os queremos levar en empréstito para casa.



miércoles, 30 de abril de 2014

MOTOS DE NEVE

Félix falounos delas na carta que enviou a Sofía dende o Polo Norte e a semana pasada vimos unha no xornal “Diario de Arousa”. Hoxe empregámola como escusa para traballar a numeración das páxinas deste periódico.

lunes, 28 de abril de 2014

DVD DO OSO POLAR


Xa sabemos que na biblioteca hai moitos contos, enciclopedias e libros, pero hoxe comprobamos que tamén temos DVDs . 
Como andamos a voltas co Polo Norte, vimos parte do documental El reino del oso polar para  aprender, ademais de como viven estes animais, como localizar os DVDs que temos na biblioteca escolar. Nos vindeiros días desta semana que se anuncia chuviosa, remataremos de ver como medran os osiños polares e como a súa mamá intenta protexelos.

jueves, 10 de abril de 2014

BUSCANDO INFORMACIÓN DO POLO NORTE

O pasado luns aproveitamos a nosa visita á biblioteca escolar para localizar os libros que falan do Polo Norte. Esta semana comezamos a montar un novo recuncho en clase para colocar todo o material que consigamos ao respecto. 
Vimos un vídeo de Félix no Polo Norte e xa empezamos a familiarizarnos co vocabulario relacionado co tema: osos polares, renos, morsas, aurora boreal, Polo Sur… A nosa investigación está en marcha, aínda que quedará interrompida polas vacacións de Semana Santa, continuaremos á volta.



martes, 1 de abril de 2014

FÉLIX NO POLO NORTE

Onte soubemos que a nosa mascota viaxeira leva varias semanas vivindo cun neno esquimó no Polo Norte. O luns na biblioteca limos a súa última carta e xa comezamos a buscar información sobre este novo lugar. Como sempre, se na casa tedes materiais relacionado co tema, podedes traelo á escola para aprender todos xuntos.