Como nos gusta esta canción! E se a acompañamos das arañas que realizamos con tubos de papel, moitísimo máis.
lunes, 14 de noviembre de 2022
miércoles, 9 de noviembre de 2022
A PIZZA TELARAÑA DE ANTÍA
Xa temos a creación da nosa cociñeira Antía. Mirade que
boa pinta ten a súa pizza con araña xigante incluída!
domingo, 6 de noviembre de 2022
A PIZZA TELARAÑA DE BRAIS
E despedímonos do Samaín cunha saborosa pizza telaraña. O noso chef Brais xa a cociñou elaborando ata a masa. Está feito un cociñeiro espectacular.
lunes, 22 de noviembre de 2021
AS RECEITAS DE MEDO DE NOEL
Araña, pantasma bruxa … Noel está feito un cociñeiro de medo. Mirade nas imaxes que espectaculares e divertidas lle quedaron todas as propostas. Grazas familia por compartir connosco as vosas creacións.
martes, 19 de octubre de 2021
AS ARAÑAS DE NOA E ANA
Xa nos chegaron ao correo as fotos das arañas elaboradas
por Noa e Ana. Mirade que chuliñas lle quedaron. Grazas familia por compartir
as imaxes connosco de todo o proceso.
domingo, 17 de octubre de 2021
PARA MERENDAR… ARAÑAS!!
Como vos comentabamos na entrada anterior, esta fin de semana propoñemos cociñar arañas. Coma outras veces, optamos por unha receita sinxeliña pero no seguinte vídeo tedes como facer pizzas e ovos de arañas.
Pero se preferides os sabores doces, neste enlace accederedes a como facelas con galletas. E por último, para os amantes da froita e as receitas saudables, facendo clic aquí tedes unha saborosa araña de mandarina. Xa sabedes, que podedes mandarnos as vosas creacións a escoladeleiro@gmail.com
miércoles, 2 de diciembre de 2020
ARACNOFOBIA
A través do contiño “O gran libro dos medos do rato pequeno” descubrimos que todo o mundo lle ten medo a algo. Ás alturas, aos monstros, a caer polo desaugadoiro, á escuridade … expresalos axuda a afrontalos e iso foi o que fixemos a semana pasada. Cada meniño falou dos seus. No seguinte vídeo vimos que o temor ás arañas é un dos máis frecuentes pero tamén nos mostrou por que as arañas son tan especiais.
miércoles, 11 de noviembre de 2020
AS ARAÑAS DE PEPA PIG
Onte, cos seguintes vídeos de Pepa Pig, os meniños, ademais de divertirse véndoos, aprenderon a debuxar arañeiras.
sábado, 7 de noviembre de 2020
INSECTOS OU ARÁCNIDOS?
Dende que varios picudos vermellos entraron pola fiestra da escola, andamos a investigar e aprender cousiñas destes insectos. Esta semana
estivemos a ver as partes do seu corpo e a comparalo coas arañas. Mirade nas
fotos o que descubrimos.
jueves, 5 de noviembre de 2020
TASMA EL FANTASMA
Paseniño imos lendo e traballando ao redor dos libros recollidos
na guía
de lectura: Quen lle ten medo ás arañas?. Esta semana tocoulle quenda a “Tasma
el fantasma. La princesa de los juguetes". Ao pantasma protagonista do conto
danlle medo as arañas do faiado, ata que a princesa dos xoguetes lle ensina a
facer unha chea de cousas coas arañeiras.
Nós tamén quixemos xogar con elas. Como non temos,
empregamos cordas e un chico de imaxinación. Coa axuda da mestra Malú, os
meniños saltaron á corda, convertemos
unha pedra en cama elástica, e ata fixemos ioiós.
lunes, 26 de octubre de 2020
A ARAÑA PEQUENIÑA
sábado, 24 de octubre de 2020
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA
miércoles, 21 de octubre de 2020
LIBROS DE ARAÑAS
No recuncho
que nos preparou Zapatocas na bibliotecas temos moitos libros que tratan de
arañas. O luns, na nosa visita semanal á biblioteca, estivemos véndoos e
reflexionado cos meniños sobre o seu contido. Algúns son contos, cos que nos
divertimos e teñen unha pegatina amarela e o número 8. Pero outros, son libros
de consulta que serven ademais para buscar información. Nestes últimos, a cor
da súa pegatina é verde porque tratan da natureza e o número 59 porque falan de
animais.
jueves, 15 de octubre de 2020
A BRUXA E A ARAÑA DE ERIK
Mirade as divertidas versións de araña e bruxa que cociñou Erik na súa casa. Está feito un auténtico chef.
viernes, 9 de octubre de 2020
UN ELEFANTE SE BALANCEABA…
martes, 6 de octubre de 2020
A ARAÑA DE MARTA
Xa chegou ao correo a creación doutra das nosas chefs de
Leiro. Nesta ocasión é Marta a que amosa a súa saborosa creación. Que ricas
están as arañas para merendar!















































