Mostrando entradas con la etiqueta Solidaridade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Solidaridade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de febrero de 2020

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS

Como xa sabedes a Fundación Amigos de Galicia está a desenvolver campañas de recollida de tapóns para financiar terapias que necesitan nenos con distintas problemáticas. O noso centro colabora con eles e actualmente é un dos seus puntos de recollida. Se de novo tedes tapóns na casa, podédelos traer á sede do CRA en Leiro mañá xoves 13 que pasarán a recollelos.

lunes, 2 de diciembre de 2019

BAIXO O MESMO PARAUGAS


Mañá celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Dende a nosa escola queremos unirnos á iniciativa “Baixo o mesmo paraugas” realizando unha andaina con paraugas pola discapacidade. Con paraugas de colores quérese representar unha sociedade diversa, que acolle a todos os seus integrantes de xeito igualitario, sen diferenzas, cun mesmo desexo de convivencia. Por todo isto, necesitamos que os nenos traían cadanseu  paraugas para facer unha gran “paraugada” por un mundo sen barreiras.

jueves, 8 de noviembre de 2018

XOIAS PARA INVESTIGAR


Esta semana foron moitas as conversas que tivemos ao redor das noticias que apareceron na prensa. Sempre xorden cousiñas que espertan o interese dos meniños e con frecuencia acudimos á biblioteca a buscar máis información ao respecto. Esta mañá centramos o noso traballo nunha nova que leramos cando andabamos a preparar a carreira contra a leucemia. Limos que Loli Beloso deseña xoias para investigar contra o cancro e, na prensa dixital, vimos fotos do seus traballo.

sábado, 27 de octubre de 2018

¡GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!

Despois dun par de semanas de preparativos, por fin deu chegado o día. Acompañados dos nosos amigos e familiares dimos a volta ao cole para apoiar a loita contra a leucemia infantil. Os donativos recadados pola comunidade educativa serán remitidos á Fundación “Unoentrecienmil”. Eses cartos serán destinados a unha Beca para a investigación da enfermidade. Graciñas a todos polo voso esforzo e participación.

lunes, 2 de diciembre de 2013

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA

Na actualidade son moitas as familias necesitadas e que carecen de recursos para poder vestir aos seus fillos  adecuadamente. A Fundación GLORR e a ONG Global Humanitaria organiza no noso centro unha campaña de recollida de roupa usada e calzado. Todas esas prendas que xa non usamos poden converterse nunha axuda para os nenos máis desfavorecidos do noso país. Na escola dispoñemos de bolsas para todos os alumnos que poidan colaborar. A organización pasará polo colexio a recoller as doazóns o vindeiro día 17 de decembro.

martes, 8 de octubre de 2013

TAPÓNS PARA MATÍAS

En colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, na escola comezamos unha nova campaña de recollida de tapóns de plástico. Nesta ocasión trátase dun neno que precisa dos cartos para pagar sesións de logopedia, fisioterapia e terapia ocupacional que lle permitan ter unha vida o máis normalizada posible. Se queredes máis información podedes contactar no teléfono 986 510 181 ou na conta de correo informacion@fundacionamigosdegalicia.org. Lembrade que non serven as tapas de tarros de cristal, nin chapas, nin de latas. Para os que teñan dúbidas sobre cales traer, neste enlace, tedes un listado dos tapóns de plástico que son válidos.

sábado, 23 de febrero de 2013

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS

Onte Antía tróuxonos unha gran caixa que preparara coa axuda da súa nai. Explicounos que é para botar todas as tapas de plástico que poidamos xuntar. Un amigo do seu irmán necesita un andador e o Centro de Atención de Discapacitados da Comarca en Cambados está levando a cabo esta campaña de recollida. Serven os tapóns de botellas de auga, deterxentes, pastas de dentes, tetra briks... Os venres a súa mamá será a encargada de recollelos e levalos ata o centro organizador. Se queredes colaborar, a partir de agora, podedes traer á escola de Leiro todas as tapas ou tapóns de plástico que atopedes.