Unha vez
rematada a festa do Magosto, foron moitos os carozos que sobraron e quedaron na
escola. Como outros anos, decidimos reutilizalos e empregalos para un dos seus usos tradicionais e que
actualmente estase a perder: o xogo. Con eles podemos facer torres, camiños,
debuxos, letras …. Desenvolver as habilidades motoras probando a encestar,
lanzar, recibir, manter en equilibrio …
Traballar as matemáticas contando, xuntando, comparando, quitando … Mellorar
as habilidades sociais compartindo, colaborando, respectando as normas … Potenciar
a creatividade, a imaxinación, a fantasía
… Por se todo isto non fora suficiente, é un xoguete ecolóxico, biodegradable,
non pesa e ao caer non fai ruído nin rompe. Así que esta semana de recreos
chuviosos os meniños xogaron cos carozos e construíron, compartiron, crearon,
imaxinaron pero sobre todo se divertiron.
Mostrando entradas con la etiqueta millo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta millo. Mostrar todas las entradas
viernes, 8 de noviembre de 2019
miércoles, 7 de noviembre de 2018
XOGANDO CON CAROZOS
Hoxe, cos
carozos que sobraron do Magosto que celebramos a semana pasada, estivemos
aprendendo un dos xogos cos que enredaban os nosos avós cando eran pequenos. Tratase
de facer unha torre o máis alta posible sen que caía ao chan poñendo cada neno un
carozo por quendas.
Tamén comprobamos que podemos facer nomes con
eles e nos vindeiros días seguiremos experimentando e creando. Probade
a xogar tamén vós na casa cos meniños, seguro que atopades un montón de usos
creativos. Animádevos a mandarnos fotos e publicarémolas no blog para compartir
ideas.
jueves, 3 de noviembre de 2016
XOGANDO CON CAROZOS
Esta
semana os carozos que sobraron do Magosto do venres foron os protagonistas dos
enredos de onte. Comezamos construíndo a torre do conto de Rampunzel e
rematamos xogando a encestar para recollelos.
martes, 19 de marzo de 2013
A RUTA DA PEDRA E DA AUGA
Como
funciona un muíño, que son os petróglifos, quen vivía no Monte do Castro hai moitos
anos… todo isto e máis poderemos aprender da man dos Bolechas co libriño que
hoxe levamos para casa. Foi un agasallo que trouxo esta mañá a Alcaldesa de
Ribadumia para todos os nenos da escola, nós, a cambio, ensinámoslle a dar
bicos de bolboreta e de spray. Se o coidades, no seguinte trimestre traerédelo
de novo á escola e empregarémolo para seguir desenvolvendo o proxecto do millo que
empezamos en outono.
jueves, 14 de marzo de 2013
¡CANTAS AVELAÍÑAS!
Ás
veces vense voar pola aula, ou pousadas nalgún sitio, pero sobre todo están na
bolsa onde gardamos as espigas
do millo que trouxemos no outono. A nós gústannos porque nos lembran o poema de
Xosé Mª Álvarez Blázquez, non pican, nin nos fan mal. Pero agora
descubrimos que, xunto co gurgullo, son grandes inimigas do gran. 
Furaron case
todos os que tiñamos, estragando algunhas espigas por completo.
No seguinte
trimestre investigaremos sobre estas pragas e as súas consecuencias. Hoxe
servíronnos de escusa para contar e sumar. Algúns xa estaban familiarizados con
esta operación matemática pero para outros foi unha divertida novidade.domingo, 11 de noviembre de 2012
FLOCOS DE MILLO
Todos
atentos, á expectativa, esperando que se producira o acontecemento. O sorriso
comezaba a debuxarse nos nosos rostros porque os grans empezaban a saír
disparados da máquina convertidos en flocos de millo.
Ao andar a voltas coas espigas e as súas
diferentes variedades, non podíamos deixar pasar a oportunidade de tostar os
grans e degustalos. O venres o mestre Rafa emprestounos a súa máquina de facer flocos de millo, collemos os grans do noso recuncho de froitos do outono e invitamos a todos a unha improvisada merenda no recreo.

domingo, 4 de noviembre de 2012
PSICOMOTRICIDADE CON CAROZOS
Na
aldea, despois da esfollada, é doado conseguir unha presa de carozos. Xa viramos
que podemos transformalos en xoguetes, pero a semana pasada empregámolos tamén para
facer psicomotricidade e desenvolver a nosa coordinación.

Divertímonos comprobando que podemos facelos
rodar coma unha pelota co pé ou man. Lanzalos ao aire e recollelos antes de que
nos caian ao chan resultounos máis complicado.
Pero o gran día do carozo tivémolo
o martes, cando a mamá de Aaron tróuxonos un saco deles para facer a brasa do
Magosto. Non deixamos pasar a ocasión e fixemos torres, o noso nome, debuxos, camiños… ata xogamos a encestar cando chegou a hora de recoller.jueves, 25 de octubre de 2012
XOGANDO CO MILLO
Pouco
a pouco imos descubrindo que, con ganas e imaxinación, son moitas as
posibilidades lúdicas que ten este humilde cereal.
Co follato e as barbas da
espiga, Martiño e a súa mamá, fixeron a simpática boneca da imaxe. Na escola, con
carozos estivemos levantando a torre do poema de Antonio Machado. 
Hoxe, no
libriño Xoguetes
e sons da natureza que temos na biblioteca de aula, vimos como facer
un colar con grans de millo e un bailarete cun anaco de carozo. Seguro que vós tamén
tedes múltiples propostas, se nolas enviades poderemos publicalas para aprender
e divertirnos todos.martes, 23 de octubre de 2012
FROITOS DE OUTONO
Grazas á colaboración das familias, o
noso recuncho vaise enchendo de: cabazas, castañas, landras, marmelos … Nos
vindeiros días, paseniño, iremos observando, comparando e estudando todos os froitos.
Esta semana ímola dedicar ao millo.
Hoxe estivemos vendo cales era as partes da
espiga e como se chamaban, como tiñamos que facer para esfollar e que hai
utensilios que facilitan o traballo.
Pero o que máis nos gustou foi debullar. Ao
principio custounos darlle con xeito, os nosos dediños esvaraban e os grans non
saían, pero despois non queríamos parar.
No encerado dixital vimos que coas
espigas poden facerse bonecas e xoguetes como os das imaxes.
Seguro que os
nosos avós saben desto unha chea e nos poden facer algunha para traer a clase e
ensinar aos nosos amigos. Os nosos maiores tamén foron pequerrechiños e xogaban
a crear os seus propios xoguetes, animádevos a ensinar aos máis pequenos toda
esa riqueza do noso patrimonio e evitemos que se perda.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












