Para conmemorar o Día da ilustración, onte levamos para
casa unha guía de lectura que recompila os contiños que temos na biblioteca de
Gómez. Paseniño na aula estamos lendo todos e facendo actividades ao seu redor.
miércoles, 31 de enero de 2024
DÍA DA ILUSTRACIÓN
lunes, 24 de octubre de 2022
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!
Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas co fin de concienciar á sociedade da importancia da lectura e para agradecer o labor dos bibliotecarios. Para conmemoralo, dende a biblioteca escolar editouse a seguinte guía de lectura onde os dinosauros son os protagonistas.
sábado, 23 de abril de 2022
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Para celebrar un día tan especial, onte a ANPA da nosa
escola repartiu entre todo alumnado do centro minilibros de Kalandraka. Son contos
de pequeno tamaño pero cun contido e unha forma moi coidada. Ideais para levar
de viaxe.
Dende a biblioteca escolar tamén quixemos conmemorar esta
data tan especial editando a seguinte guía de lectura en
formato dixital.
miércoles, 2 de febrero de 2022
domingo, 19 de diciembre de 2021
POR UN NADAL INCLUSIVO
Zapatocas xa nos fixo chegar a última guía de lectura con
todas as novidades que se mercaron dende a biblioteca escolar relacionadas coa
inclusión.
domingo, 24 de octubre de 2021
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para concienciar da importancia do seu papel na sociedade, cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Dende a nosa escola tamén nos unimos a esta conmemoración editando a seguinte guía de lectura dedicada ás pantasmas. Todos estes libros están a vosa disposición na nosa biblioteca escolar.
sábado, 30 de enero de 2021
DÍA DA ILUSTRACIÓN
Como xa os comentaramos nunha entrada anterior, hoxe celébrase o Día da ilustración. A nosa escola únese a esta celebración editando a seguinte guía de lectura dedicada a Eric Carle, ilustrador ao redor do que estamos traballando este trimestre.


















































