Aínda que con moito retraso con respecto a
cando o tíñamos previsto, onte por fin desmontamos o recuncho de Canarias e
deixamos sitio para comezar a crear o espazo dedicado a Aragón. Así que xa
sabedes, se na casa tedes
contos, revistas, libros, DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos,
folletos ou publicidade de axencias de viaxes, receitas… relacionado con
esta Comunidade Autónoma e
adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo traer para o
noso novo recanto.
Mostrando entradas con la etiqueta Canarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Canarias. Mostrar todas las entradas
jueves, 5 de mayo de 2016
martes, 29 de marzo de 2016
COMENZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE
Despois das vacacións de Semana Santa,
empezamos lembrando algunhas cousiñas que nos quedaran pendentes. Unha delas é o
simpático baile canario “La punta y el tacón” que aprendemos coa axuda da mestra Olalla. Neste enlace tedes como
o fan os nenos dun colexio de Canarias probade a facelo na casa veredes que
divertido.
lunes, 7 de marzo de 2016
NA HORA DE LER: LENDAS CANARIAS
“El fantasma del Palacio Lercaro”, “La leyenda del pirata”, “La isla de San Borondón”, “La fuente de las brujas”… na biblioteca temos case todos os libros desta colección que
cada día imos lendo. Para os que prefiren velos todos xuntiños,
Carla tróuxonos un exemplar cunha recompilación que empregamos cando as outras
escolas os están a usar. Hoxe
tocoulle quenda a “La leyenda del Drago”, árbore milenario da illa de Tenerife, e descubrimos algúns dos usos
da chamada sangue de Drago.
Tras a portada e a contraportada de cada lenda, aparece
un precioso mapa de Canarias que empregamos antes de ler para intentar
memorizar os nomes das illas. A continuación vos deixamos un vídeo cunha
divertida canción que nos ensinou a mestra Olalla, seguro que tamén nos axudará
nesta tarefa.
viernes, 12 de febrero de 2016
SEMENTANDO TÁMARAS
A semana pasada coa mestra Ana na aula de natureza, os cativos
prepararon un riquísimo mousse de laranxa . Para a súa elaboración, ademais dos froitos da horta da
escola, precisaron de iogures naturais. Eses envases decidimos aproveitalos para plantar as támaras que
apañamos cando fomos ver a palmeira da igrexa de San Xoán de Leiro. Non sabemos se xerminarán e pero ímolo
intentar.
O primeiro furar cun punzón os envases,
despois botarlle terra e introducir dúas sementes. Por último levalos ao
invernadoiro e regar. Xa vos contaremos que vai pasando con elas e se antes de
fin de curso conseguiremos ter palmeiras para todos.
viernes, 5 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
Cancións, bailes, xogos, obradoiros, contos,
merendola, máscaras, disfraces, desfile … esta mañá na nosa festa de Carnaval tivemos de todo, ata o
sol acompañounos. Unha vez máis graciñas a todos os que axudaron a gozar deste
día tan especial.
jueves, 4 de febrero de 2016
A PALMEIRA DE LEIRO
Dado que andamos a coñecer a palmeira canaria, o venres fomos ver o
exemplar que hai no xardín
da igrexa de San Xoán de Leiro. Esta planta, considerada como
o símbolo natural do Arquipélago Canario,
produce uns froitos comestibles chamados támaras, parecidos aos dátiles pero de
sabor amargo e áspero que serven ocasionalmente para alimentar ao gando. Cando chegamos
vimos que o chan estaba cheo deles e non dubidamos en apañalos para observalos
detidamente na aula e probar a plantalos.
Comprobamos que o seu tronco é moi groso e
rugoso e que alcanza tal altura que a súa copa pode
observarse por encima dos tellados.
miércoles, 3 de febrero de 2016
TEMPO DE ENTROIDO
Despois duns días de duro traballo, os nosos
disfraces xa están listos para lucir o día da festa de Carnaval. Agora soamente
queda que o bo tempo do que hoxe gozamos continúe o venres e poidamos facer o tradicional desfile. Este curso os nosos traxes pretenden render unha pequena
homenaxe ao Entroido de Tenerife coa fantasía como protagonista.
Lembrade que este ano será na Casa de Cultura de
Ribadumia e que as familias poden vir tamén disfrazadas e participar da festa a
partires das 11:30.
martes, 26 de enero de 2016
PALMEIRA CANARIA
Como todos sabedes,
sempre que se nos brinda a oportunidade gústanos levar ao noso obradoiro de
cociña os proxectos que desenvolvemos na aula. Dado que Zapatocas anda a
visitar Canarias, quixemos elaborar un dos seus símbolos naturais: a palmeira.
Aínda que realizaremos máis actividades para coñecer esta planta tan usada en
xardinería, comezamos a familiarizarnos con ela o venres pasado do xeito máis
saboroso posible.
lunes, 18 de enero de 2016
LIBROS DE CANARIAS
Tan importante
como ter información é saber como acceder a ela. Con este obxectivo con cada
proxecto traballamos a educación documental ensinando aos cativos onde e como están
organizados os libros.
Hoxe comprobamos que o libro que nos deixou
Zapatocas sobre Canarias ten a pegatina branca co número 9 porque está situado
cos exemplares que tratan de diversos lugares do mundo. Nese mesmo andel
atopamos o que traballamos o mes pasado de Andalucía, outro de Madrid e incluso
de sitios que cústanos pronunciar.
sábado, 16 de enero de 2016
jueves, 14 de enero de 2016
O NOSO RECUNCHO DE CANARIAS
Xa desmontamos o recuncho de Andalucía e no
seu lugar comezamos a organizar o espazo dedicado a Canarias. Vimos que algúns dos
libros que tan xenerosamente nos trouxeran as familias contiñan información
sobre o novo centro de interese e xa estrearon o recuncho. Se na casa tedes
contos, revistas, libros, DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos,
folletos ou publicidade de axencias de viaxes, receitas… relacionado co tema e
adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo traer para velo na aula, enriquecer
o recanto de Canarias e aprender xuntos.
martes, 12 de enero de 2016
ZAPATOCAS EN CANARIAS
Onte, na nosa visita semanal á biblioteca
escolar, descubrimos unha nova carta da nosa mascota. Nela Zapatocas cóntanos
que marchou para Canarias e anímanos a buscar información sobre esta Comunidade
Autónoma.
Na nosa aula imos comezar un novo proxecto con este impresionante
lugar como protagonista, pero primeiro temos que desmontar o recuncho de
Andalucía e seleccionar que materiais conteñen tamén datos das Illas
Afortunadas. Para quentar motores no obradoiro de cociña desta semana
empregaremos como ingrediente un dos seus principais produtos: o plátano de
Canarias. Neste enlace
tedes información sobre este alimento e as características que o diferencian da
banana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































