miércoles, 22 de febrero de 2017

CATÁLOGO DE DISFRACES 2017

Coas ordes do Meco, o luns deu comezo no noso centro o tempo de Carnaval que acadará o seu punto culminante na festa do vindeiro venres. Para aqueles que aínda non saiban de que disfrazarse a continuación teñen o noso particular catalogo de Entroido 2017.  

jueves, 16 de febrero de 2017

PIZZA VEXETAL

Coa axuda dos nosos amigos os arroaces descubrimos o imporante que é incorporar o peixe a nosa dieta. Pero coa mestra Ana,  a pirámidedos alimentos e a patrulla medioambiental do aula de natureza, aprendemos que as verduras tamén son moi importantes para medrar sans. No noso obradoiro de cociña quixemos levar á práctica estes consellos e fai un par de semanas elaboramos estas riquísimas pizzas vexetais.

domingo, 12 de febrero de 2017

LEANDRO LAMAS

Os libros ilustrados por este artista galego van ser os protagonistas do calendario escolar do vindeiro curso. Son moitos os exemplares que temos de Leandro Lamas na nosa biblioteca e dedicaremos cada mes a un. O luns pasado descubrimos que temos poemas, libros disco e contos ilustrados por el. Paseniño nas vindeiras semanas iremos traballando ao redor de cada un deles.

lunes, 6 de febrero de 2017

¡CANTOS XOGUETES!


Un maletín para xogar aos médicos, unha cociña, unha tenda, unha caixa rexistradora, bonecos, roupiña, un berce … todo isto e moito máis trouxéronnos os Reis Magos e Papá Noel este mes. Chegaron cun pouquiño de retraso pero é que As Súas Maxestades teñen tanto traballo que non dan feito a tempo.

miércoles, 1 de febrero de 2017

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO


Comeza o mes de febreiro e con el o tempo de Entroido. Este ano os malos e malas dos contos serán os protagonistas do Carnaval da escola. Na nosa aula xa escollemos a malvada da que imos ir disfrazados e andamos a voltas confeccionando os traxes. Marcar, recortar, pegar, probar, seleccionar… ¡canto traballiño levamos! Mirade as fotos e seguro que adiviñades que personaxe escollemos.