Mostrando entradas con la etiqueta Excursións e saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursións e saídas. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de abril de 2024

IMOS AO TEATRO

A semana pasada fomos ao Auditorio de Abanca a ver a obra de monicreques Pingüín. Unha tenra e divertida historia sobre os cambios familiares tras o nacemento dun novo membro.

Ao rematar, aproveitamos a nosa visita a Pontevedra para brincar e xogar nun dos parques da vila.




O MONTE, FONTE DE RECURSOS


Grazas a mamá de Noel e á Escola de Enxeñaría Forestal Universidade de Vigo, puidemos coñecer o traballo desenvolvido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña.

Vimos como utilizan parcelas do monte para cultivar froitos do bosque e cogomelos, pero tamén para a produción de mel e a cría de cabalos e ovellas. Ademais aprendemos como plantar e a importancia que teñen as árbores nos ecosistemas.



Tras recuperar forzas cuns saborosos bocatas, volvemos para casa cunha chea de agasallos. Grazas Xana!


lunes, 30 de octubre de 2023

EXCURSIÓN A CLESA


O xoves pasado realizamos a primeira saída do curso para ir á fabrica Clesa.

 Durante a visita, observamos a maquinaria e explicáronnos como o leite se transforma en iogures e sobremesas.

Realizamos degustacións de algúns dos produtos que elaboran. 

Finalizamos a visita transformándonos en expertos chefs e elaboramos unha receita personalizada a base de iogur grego.




miércoles, 28 de junio de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Como remate final ao proxecto que desenvolvemos este curso ao redor da prehistoria, visitamos o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Nunha visita guiada, descubrimos os petróglifos, percorremos o poboado da Idade de Bronce e, por suposto, vimos a exposición.

Todo isto acompañados da monitora Carla e as súas explicacións.

Despois de repoñer forzas coa merenda, realizamos un obradoiro onde aprendemos como moían o millo miúdo na antigüidade e sementamos fabas.

martes, 16 de mayo de 2023

O ACUARIO DO GROVE

 

Cabaliños de mar, moreiras, medusas, tartarugas, peixes pallasos … ata pirañas! Todos estes habitantes do mar puidemos observar na nosa visita ao acuario, enmarcada dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben.

 Acompañados en todo momento polo monitor Borja, descubrimos diversos ecosistemas mariños.

Sen lugar a dubidas, un dos momentos máis especiais da visita, foi a oportunidade de ver de preto as estrelas de mar.


Ademais da visita guiada, participamos no obradoiro “Ollo co que pescas”. A través de xogos, traballamos ao redor do respecto e coidado do mar e os seus hábitats.


domingo, 23 de abril de 2023

IMOS AO TEATRO!

Feo foi o título da obra de teatro que fomos ver a Pontevedra o pasado mércores. Un espectáculo inspirado no conto O Paruliño Feo de Hans Christian Andersen.

Ao rematar, merendamos, xogamos un pouco e fomos visitar o edificio do "Café Moderno". Unha construción chea de historia e anécdotas. 

Na fermosa galería realizamos unha postal.

Despois baixamos ao xardín.


Contáronnos curiosidades das persoas que habitaron este inmoble e  quedamos abraiados coa altura das palmeiras.

Rematamos a visita vendo as dependencias interiores e escoitando as explicacións sobre a súa restauración.

jueves, 23 de febrero de 2023

EXCURSIÓN AO GROVE

 

Dentro do programa “Ti si que é un bo peixe” no que participa a nosa escola, hoxe fomos de excursión a O Grove para coñecer o mundo do mar e degustar algúns dos seus produtos.


Comezamos a xornada coa viaxe en autobús que sempre esperta a ilusión entre os máis pequenos.

Ao chegar visitamos a lonxa. Vimos algunhas das especies que se capturan, o etiquetado dos produtos pesqueiros e coñecemos o proceso da poxa.



Despois paseamos polo porto. Vimos os aparellos que se empregan para capturar o peixe e diferentes embarcacións.


A continuación, pasamos á Praza de Abastos onde observamos a gran variedade de peixes e mariscos que se poñen a disposición do consumidor.


Ao rematar deron agasallos para todos.

E por último, chegou o momento de coñecer os alimentos do mar dende o punto de vista culinario cunha merendola mariñeira. Que rica!