Mostrando entradas con la etiqueta Goya. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Goya. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de mayo de 2016

REMATAMOS O NOSO CALENDARIO DE GOYA



Durante todo o trimestre levamos moito traballiño para elaboralo, pero graciñas a el, coñecemos bastantes obras do autor, algúns datos importantes da súa biografía, traballamos os números ata o 31, repasamos os meses do ano e a diferenza entre os días laborables e festivos. Pero sobre todo seleccionamos e limos libriños que falan de Goya e as súas creacións.

A través deles descubrimos a familia real e os números romanos, a festa de San Isidro Labrador e o seu refrán, os horrores da guerra e como superar os medos a través da pintura.

lunes, 2 de mayo de 2016

lunes, 18 de abril de 2016

REMATAMOS O INVERNO…


No noso calendario escolar de Goya xa realizamos os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Como non podía ser de outro xeito, comezamos a estación máis fría do ano coa obra “A nevarada ou o inverno” e un libro da vida e obra deste gran artista contado a través pictogramas.

Para xaneiro eliximos “Mi pequeño museo de bellas artes” e, aínda que os meniños riron co gravado dun mono pintando a un burro titulado “Ni más ni menos” que aparece neste exemplar, optamos polo outro cadro representado: “Retrato de Doña Isabel de Porcel

E por último chegamos ao mes máis curto do ano para introducirnos no Entroido co “O enterro da sardiña”. É o propio autor quen no libro “Descubriendo el mágico mundo de Francisco de Goya” nos introduce neste e outros cadros que mostran a evolución do artista.

miércoles, 30 de marzo de 2016

O NOSO CALENDARIO ESCOLAR DE GOYA AVANZA


Para o mes de outubro escollemos o libro “Carlota y la princesa española”. Nel a pega que aparece representada no cadro chamado Don Manuel Osorio Manrique de Zúñiga” cobra vida, arranca unha xoia do vestido da protagonista do conto e escapa voando. 
Na súa fuxida métese noutro cadro do autor,“O Quitasol”, para pousarse na copa dunha árbore. A meniña, para recuperar o seu aderezo, terá que empregar o enxeño e contar coa axuda doutros personaxes das obras de arte do museo. Pero para observar detidamente este retrato co que ilustramos o mes de novembro, eliximos o exemplar titulado "La pintura entrada libre".

sábado, 12 de marzo de 2016

CALENDARIO ESCOLAR DE GOYA

Cada ano, entre o segundo e o terceiro trimestre, confeccionamos un calendario escolar do vindeiro curso que sirve de lembranza aos que marchan da nosa escola e de guía de lectura aos que quedan.
Nesta ocasión estámolo dedicando ao pintor español Francisco de Goya. Para súa elaboración, eliximos un cadro para cada mes e un libro onde aparece recollida a obra. Comezamos co setembro e, sen lugar a dúbidas, a pintura máis representativa para esta época é “A vendima ou o outono”. A creación na escola deste particular calendario temático, ademais de familiarizar aos nenos co mundo do arte, axúdaos a traballar a serie numérica ata o trinta, os meses do ano e a diferenciar os días laborables dos festivos.

E xa que andamos a falar de outono, aproveitamos para deixarvos “Canción de otoño”, o bonito poema musicado de Juan Ramón Jiménez co que nos despedimos desta estación cando traballamos Andalucía. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

viernes, 19 de febrero de 2016

LIBROS DE GOYA


Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, este curso imos coñecer ao pintor español Francisco de Goya. Esta semana, na nosa visita á biblioteca escolar, descubrimos que Zapatocas tíñanos preparado un recuncho cheo de libros onde puidemos ver moitas das obras deste autor. Aos cativos gustoulle especialmente contemplar os xogos cos que xa enredaramos na escola: “A pita cega”, “O pelele” e “Os zancos”. 

Nos vindeiros meses continuaremos traballando ao redor deste artista e precisamos saber onde están os exemplares que hai na biblioteca. O luns vimos que temos que ir á zona de consulta e buscar nos libros de arte que son os que teñen a cor rosa e o número 75.

jueves, 28 de enero de 2016

LOS ZANCOS

E continuamos cos xogos empregando os cadros de Goya como inspiración. Esta semana tocoulle quenda a “Los zancos”. Primeiro comentamos e vimos o cadro na páxina de “El Museo del Prado”. Despois quedamos abraiados coa destreza que mostran os mozos nas danzas de Anguiano, descenden xirando a toda velocidade por unha empinada costa sobre uns zancos de case medio metro de altura. E coma sempre deixamos para o final o máis divertido, enredar cos zancos.

jueves, 21 de enero de 2016

EL PELELE

Continuando cos cadros de Goya como inspiración, esta semana xogamos á nosa propia versión de “El Pelele”. Baseándonos nunha cantiga popular, manteamos a un peluche da clase co obxectivo de “curalo” se conseguiamos chegar ao final da canción sen que caera ao chan. É máis difícil do que parece pero moi divertido. 

miércoles, 13 de enero de 2016

A PITA CEGA

Este trimestre comezamos a nosa sesión semanal de xogos empregando cadros de Goya como inspiración. Este pintor do que coñeceremos máis datos nos vindeiros meses, ten obras como “La gallina ciega” que nos van a servir para aprender enredos e familiarizarnos co autor. Pero o primeiro é saber a dinámica do xogo. Con esta finalidade antes de empezar a practicar vimos o seguinte vídeo onde os protagonistas explican moi ben o proceso.

O seguinte paso foi aprender a canción que o acompaña. E para iso tamén temos animación.

Por último veu o máis divertido: xogar. E para non esquecer o proceso, unha ficha co título e a cantinela para a nosa recompilación.