Unha carreira solidaria, un contacontos arrepiante, unha
obra de teatro para morrer de risa, un túnel do terror, unha exposición de cabazas,
un saboroso Magosto, bailes, música, disfraces e unha gran merendola. Na festa
do Samaín deste curso tivemos de todo. Ata o sol animouse a saír e
acompañarnos. Grazas a todos o que colaboraron e fixeron posible esta
tradicional festa.
lunes, 6 de noviembre de 2023
FESTA DO SAMAÍN 2023
lunes, 14 de noviembre de 2022
A ARAÑA PEQUENIÑA
Como nos gusta esta canción! E se a acompañamos das arañas que realizamos con tubos de papel, moitísimo máis.
miércoles, 9 de noviembre de 2022
A PIZZA TELARAÑA DE ANTÍA
Xa temos a creación da nosa cociñeira Antía. Mirade que
boa pinta ten a súa pizza con araña xigante incluída!
domingo, 6 de noviembre de 2022
A PIZZA TELARAÑA DE BRAIS
E despedímonos do Samaín cunha saborosa pizza telaraña. O noso chef Brais xa a cociñou elaborando ata a masa. Está feito un cociñeiro espectacular.
O OVO ESQUELETO DE LÚA
Nesta ocasión os esqueletos chegaron aos ovos cunha
divertida proposta que a nosa cociñeira Lúa xa se animou a realizar.
SAMAÍN 2022
Tras a pausa provocada polas restricións da pandemia,
este curso puidemos recuperar unha das nosas festas tradicionais: o Samaín.
Este ano as pantasmas e as catrinas foron as protagonistas da xornada. A ANPA decorou o recinto dun xeito espectacular e asou as castañas do Magosto. Moitisimas grazas!!!
As familias pola súa parte axudaron aos meniños a preparar os calacús para a exposición de cabazas.
Comezamos a mañá gozando coa actuación da banda de música
de Ribadumia.
Despois xogamos co medo.
Pintamos caretas de catrinas e escoitamos contos.
Recuperamos forzas cunha rica merendola en familia.
Rimos coa terrorífica obra de teatro das mestras Olalla e Montse.
Bailamos baixo a batuta da mestra Olalla.
Rematamos o día coa carreara solidaria Unoentremil contra a leucemia infantil.
martes, 25 de octubre de 2022
PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN
Hoxe coa axuda da mestra Ana realizamos unhas divertidas
arañas reciclando tubos de papel hixiénico. Mañá xogaremos con elas e colocarémolas nunha arañeira xigante que nos trouxo Noa para decorar a clase.
lunes, 22 de noviembre de 2021
AS RECEITAS DE MEDO DE NOEL
Araña, pantasma bruxa … Noel está feito un cociñeiro de medo. Mirade nas imaxes que espectaculares e divertidas lle quedaron todas as propostas. Grazas familia por compartir connosco as vosas creacións.
domingo, 7 de noviembre de 2021
BRUXAS
Esta semana despedimos as nosas suxestións culinarias
dedicadas ao Samaín co personaxe máis clásico: a bruxa e a súa vasoira. Dúas divertidas
receitas para elaborar en familia.
martes, 2 de noviembre de 2021
SAMAÍN 2021
O venres pasado celebramos na nosa escola a festa máis terrorífica do ano. Grazas á mestra Olalla pasamos unha xornada de medo na que houbo unha exposición de cabazas, bailes, cancións, xogos e diversos obradoiros.
Ademais, a mamá de Izan, un neno da escola
Sisán, deleitounos cunha dramatización espectacular do conto Corre, corre
cabaciña.
Por se todo isto fora pouco, a ANPA do colexio organizou
un magosto e unha nutritiva merendola a base de chulas de calacú, pantasmas de
plátano e cabazas de mandarinas. Grazas a todos por facer posible un día tan
especial.
BALEIRANDO CALACÚS
Unha das actividades que máis gusta aos meniños
relacionada co Samaín é baleirar cabazas e decoralas. A semana pasada coa
mestra Ana, ademais de facelo, os nenos separaron as pebidas da polpa para obter
sementes que plantar o vindeiro curso.
















































