Mostrando entradas con la etiqueta Monos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Monos. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de abril de 2021

O MONO ARAÑA DE FRIDA KAHLO


O xoves coñecemos a Fulang Chang, o mono araña que Frida Kahlo tanto amaba e pintaba nos seus autorretratos. Hoxe propoñemos levar esta mascota á nosa proposta culinaria da fin de semana. Optamos por esta receita sinxeliña pero tedes esta outra opción máis divertida.

domingo, 5 de octubre de 2014

PARA MERENDAR… UN MONO


Como xa sabedes, gústanos levar ao noso obradoiro de cociña o tema que estamos a traballar na escola, así que, con esta particular receita, imos mergullarnos en “A Selva Amazónica” durante unhas semanas. Baseándonos na idea que vimos en http://www.nosolobebes.com/meriendas-divertidas-un-mono-hecho-de-galletas/  fixemos a nosa propia versión. Gabriel díxonos moi acertadamente que con doce leite podíamos acadar mellor a cor do mono león dourado, pero como a mestra non estaba segura de conseguila, optamos pola crema de cacao. Mencía tamén suxeriunos facer os ollos con uvas dado que estamos en plena época de vendima, pero ao final… ¿lembrades que empregamos para facelos?... a ver quen nos envía un comentario coa resposta.


viernes, 3 de octubre de 2014

MONO LEÓN DORADO


No comentario da entrada anterior Rita acertou de cheo. Dado que Félix anda pola Selva Amazónica, non podíamos deixar pasar a oportunidade de traballar esta noticia referente ao tamarino león dourado de Brasil. 
Primeiro xogamos a tentar adiviñar en que páxina do xornal estaba e despois vimos un pequeno reportaxe sobre este primate. Pero o que máis nos gustou foi ver como daban de comer a unha cría que súa nai abandonou. Por certo,  ¿lembrades onde deitaba a coidadora ao pequeno mono?... Se o sabedes podedes mandar un comentario coa resposta e se queredes volver a velo clicades aquí.