Mostrando entradas con la etiqueta Alemaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alemaña. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2015

DESPEDÍNDONOS DE ALEMAÑA…


O curso vai chegando o seu fin e con el o momento de rematar os proxectos comezados. Aínda nos queda moito por coñecer do país xermano pero temos que ir desmontando o noso recuncho.  No transcurso da vindeira semana iremos devolvendo os materiais ás familias que tan xenerosamente compartiron connosco. Hoxe realizamos unha pequena merendola e probamos os alimentos producidos en Alemaña que tíñamos: obleas, galletiñas, chocolate de améndoa, de abelás e o que máis éxito tivo: o chocolate de iogur.

lunes, 8 de junio de 2015

PIRAMIDE DE NADAL

A semana pasada o noso recuncho de Alemaña tivo unha achega moi especial: unha pirámide de Nadal. A maioría de nós nunca escoitara falar dela pero Rita, ademais desta preciosa construción de madeira, tróuxonos información ao respecto. É unha especie de carrusel con forma de pirámide rematado cunha hélice que se move ao prender as candeas da base. Emprégase como elemento decorativo de Nadal nalgunhas zonas do país xermano e algunhas poden alcanzar o tamaño dun edificio.
Ver cada un dos seus pisos cheos de figuriñas encantounos, pero comprobar como se movían as aspas ao acender  as candeas, deixounos abraiados.
Neste enlace podedes volver a ver como montan a Pirámide de Nadal no mercado de Nadal de  Schweinfurt.
 Unha vez máis graciñas ás familias por compartir connosco os seus pequenos tesouros.

jueves, 28 de mayo de 2015

A PORTA DE BRANDEBURGO NO XORNAL

Vímola no periódico que nos trouxo José a principios de semana. No recuncho que temos de Alemaña comprobamos que aparece nunha das imaxes de Rita e en todos os exemplares que falan de Berlín.  No libro que Carla deixounos para o recanto, limos que é un dos símbolos de Berlín e aproveitamos para coñecer un pouquiño das súas características e historia.


miércoles, 20 de mayo de 2015

UN ALIMENTO ESPECIAL…


Hoxe Adrián trouxo para compartir connosco un agasallo que lle deron á súa familia. Tratase dun pretzel alemán. Limos a información que nos aportou a súa mamá e descubrimos que se trata dun tipo de galleta ou bolo con forma de lazo e cun sabor lixeiramente salgadoEscoitamos no ordenador como se pronuncia esa palabra e intentamos reproducila. Vimos a súa receita e falamos dos seus ingredientes. Á hora da merenda, despois de observalo detidamente, partímolo en anaquiños e probámolo todos. ¡Que ben sabía esa galleta salgada de Alemaña!...
 Pero este non é o único alimento alemán que temos no noso recuncho, Rita trouxo varios paquetes de chocolates de diferentes sabores. Temos moitas ganas de probalos pero como están envasados podemos reservalos e traballar un chisquiño ao redor deles primeiro. Moitas grazas ás familias por compartir connosco e axudarnos a enriquecer o noso labor educativo.

lunes, 18 de mayo de 2015

A CASIÑA DE CHOCOLATE

Agora que o noso amigo Félix volveu a Alemaña, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levar ao noso obradoiro de cociña un dos contos máis famosos dos Irmáns Grimm. Aínda que non calculamos ben a cantidade de crema de cacao que necesitabamos e quedaron un pouquiño escasas, o venres non deixamos nin unha casiña de chocolate sen comer.

miércoles, 6 de mayo de 2015

MERGULLÁNDONOS EN ALEMAÑA


Pouquiño a pouco, coa colaboración das familias,  o noso recuncho do país xermano vai collendo xeito. Hoxe, para quentar motores, ondeamos e levamos para casa a bandeira que fixeramos a semana pasada. 
Na hora de ler, onte xa rematamos as lecturas dedicadas aos canguros, e está mañá a nosa bolsiña veu cargada de contos dos Irmáns Grimm. Estes escritores nacidos en Alemaña, percorreron o país recollendo contos e lendas que logo recompilaron nos chamados contos de fadas.

martes, 21 de abril de 2015

BUSCANDO INFORMACIÓN DE BERLÍN



Dende a semana pasada sabemos que a nosa lebre viaxeira volveu a Berlín xunto a súa amiga Sofía. Agora queremos saber cousas desta cidade. Onte, na nosa visita semanal á biblioteca escolar, atopamos dous libros que falan desta urbe. 
Comprobamos que están colocados con outros exemplares que tratan de países, por iso teñen unha pegatina branca e o número nove. Nas súas páxinas os cativos atoparon moitas imaxes que chamaron a súa atención. Pouco a pouco, e ata final de curso, iremos véndoos detidamente e intentaremos mergullarnos na cultura do país xermano.

jueves, 16 de abril de 2015

NA HORA DE LER… CONTOS DE CANGUROS


Chegou o momento de despedirnos do noso recuncho de Australia para deixar sitio ao novo proxecto que imos empezar: Alemaña. Pero non podíamos despedirnos do país dos canguros sen facerlle unha pequena homenaxe a este singular animal. Por iso hoxe a nosa bolsiña de lectura veu cargada de libros que teñen a este marsupial como protagonista. Cada día o encargado irá elixindo cal lemos. Foi José quen estreou a sesión escollendo “Kangu va de excursión”.

lunes, 13 de abril de 2015

FÉLIX VOLVE A CASA


Soubémolo está mañá cando rematamos de ler o conto “Cartas de Félix o explorador”. Pero … ¿onde está a casa de Félix?... Os cativos tiñan claro que antes de emprender a súa viaxe vivía con Sofía e a súa familia pero ningún lembraba que residía en Berlín. E agora temos outra dúbida … ¿en que lugar do mundo se atopa esa cidade?...