Mostrando entradas con la etiqueta Lingua de signos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua de signos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de marzo de 2021

LISTO PARA LEVAR

 

Hoxe coa realización da portada, dimos por rematado o contiño “Limón” que empezamos fai varias semanas. Nos vindeiros días os meniños levarannos para casa co resto dos traballos do trimestre.


jueves, 4 de febrero de 2021

LIMÓN

 

Continuamos mergullándonos na lingua de signos e aprendendo novas palabras, nesta ocasión co contiño “Limón”. Paralelamente estamos  reescribíndoo e memorizándoo a través da súa versión musicada. 

Por se queredes practicar tamén na casa, deixámosvos os seguintes vídeos.


E xa que andabamos a voltas cos limóns, non podíamos deixar pasar a oportunidade de ir velos á horta da escola. Había bastantes froitos e a mestra Ana da aula de natureza repartiu a colleita ente todos.

lunes, 21 de diciembre de 2020

ANIMAIS

Como xa todos sabedes, este curso a mestra Malú anda a ensinarnos moitas palabriñas na lingua de signos. Secundando a idea da mestra Marta de Ribadumia, aproveitamos a sesión semanal que Malú ten connosco na aula para que nos axudara a aprender os signos das que aparecen no libriño “Animais”. Paralelamente e paseniño, ao longo do trimestre, fomos reescribindo  e memorizando este contiño. A semana pasada rematámolo e o venres levámolo a casa para poder cantarllo á familia. Para os que lle esquecera algún signo, no seguinte vídeo tedes todos na adaptación feita por Tareixa Martínez Barral e na que nos baseamos. 

 

viernes, 11 de diciembre de 2020

O APALPADOR

Como xa vén sendo unha tradición na nosa escola, coa chegada do Nadal traballamos ao redor da figura do Apalpador para dar a coñecer este personaxe das montañas do Courel. Para os que aínda non coñezan a súa historia, a continuación vos deixamos este vídeo do CEIP Coirón Dena.

Todos os anos, os meniños escríbenlle unha carta na que lle piden algún xoguetiño de madeira para a clase. El adoita vir recollelas ao noso festival de Nadal. Debido á pandemia, este curso non poderemos realizalo. Pero o Apalpador recibirá igualmente as misivas.

lunes, 30 de noviembre de 2020

SABES COMO ME CHAMO?



Se non te lembras do abecedario na lingua de signos española, podes consultalo facendo clic aquí. Animádevos a mandar un comentario coa solución e máis vídeos ao correo da escola.

domingo, 29 de noviembre de 2020

O NOSO NOME NA LINGUA DE SIGNOS

 

Grazas á mestra Malú, estamos aprendendo o abecedario e algunhas palabras na lingua de signos española (LSE). Hoxe vos deixamos este vídeo co alfabeto e unha proposta. Trátase de que animades aos nenos a deletrear o seu nome empregando esta lingua coma facemos na escola. Neste enlace tedes un exemplo de como o fan os alumnos do CEIP Tierra de Pinares. Se vos animades a enviarnos un vídeo facéndoo, publicarémolo. Pode participar toda a familia, será divertido tentar adiviñar como se chaman.

miércoles, 11 de noviembre de 2020

LINGUA DE SIGNOS

 

Apoiándonos nas ideas da mestra Marta de Ribadumia, e coa axuda da mestra Malú de educación física, os mércores imos dedicalos a coñecer a lingua de signos. Xa vos contaremos todo o que aprendemos.