Mostrando entradas con la etiqueta Don Quijote de la Mancha. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Don Quijote de la Mancha. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de abril de 2021

O MUÍÑO DE VENTO DE ERIK


O noso cociñeiro Erik tamén animouse a elaborar un divertido muíño de vento. Mirade na imaxe que chuliño lle quedou.

martes, 27 de abril de 2021

O MUÍÑO DE MARTA

A nosa cociñeira Marta animouse a elaborar un dos muíños de vento de Don Quixote. Mirade nas fotos que ben lle quedou.

viernes, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

Chega a fin de semana e con ela a nosa proposta culinaria. Nesta ocasión queremos renderlle unha pequena homenaxe a Don Quixote elaborando uns divertidos muíños de vento. Unha forma diferente de celebrar o Día do Libro en familia. 

E para ir quentando motores, nada mellor que esta alegre canción de Don Quixote.

Se vos animades, aínda estades a tempo de participar na proposta de recrear portadas. Ademais das colgadas no noso blog, podedes visitar o da aula de Ribadumia B e veredes unha chea de ideas divertidas.

martes, 20 de abril de 2021

COÑECENDO A DON QUIXOTE

Co gallo do Día do Libro, onte Zapatocas preparounos unha recompilación de libros ao redor da figura de Don Quixote. No transcurso desta semana iremos coñecendo algúns dos personaxes e aventuras da obra máis coñecida de Miguel de Cervantes.



jueves, 2 de mayo de 2013

¡MENCÍA ATOPOU A MOEDA DE DON QUIXOTE!

De Miguel de Cervantes temos xa moitas e pensabamos que non encontraríamos ningunha coa figura de Don Quixote. Pero fai uns días Mencía tróuxonola e vímola. Hoxe traballamos máis detidamente ao redor dela. Reparamos na súas cores e intentamos interiorizar o seu valor. Co resto das moedas continuaremos realizando actividades nos vindeiros días, mentres, seguimos lendo os libros de Don Quixote da nosa bolsiña de lectura, agora temos tamén os que nos prestaron na Biblioteca Municipal de Meis.

lunes, 29 de abril de 2013

MUÍÑOS DE VENTO

Sempre que podemos levamos ao noso obradoiro de cociña algunha das cousiñas que traballamos pola semana. Sen lugar a dúbidas, o que inmediatamente asociamos con Don Quixote son os muíños de vento e, o pasado venres, cociñámolos. A ver que vos parecen.

sábado, 27 de abril de 2013

UNHA ADIVIÑA DEDICADA A CERVANTES…

No seu momento dixémoslle: “¡Ata pronto!”, e aquí a temos de novo, falamos de Gloria Fuertes, unha das nosas poetisas favoritas. Do seu libro “Adivinanzas de Gloria” sacamos a que escollemos para o mes máis curto do ano. Seguro que con tantas pista xa sabedes a solución, agora soamente vos queda mandar un comentario coa resposta.
E esta tarde, ás 18:00 horas, non os esquezades que tedes unha cita no Auditorio de Ribadumia co espectáculo "A nena e o grilo nun barquiñobaseado no novo disco-libro de Magín Blanco. Para os que desexen ir practicando as cancións aquí vos deixamos unha mostra.

jueves, 25 de abril de 2013

CERVANTES NAS MOEDAS…

Vímolo onte nalgúns céntimos que tiña a mestra, tamén atopamos un no que aparecía a Porta de Brandeburgo. Martiño dicía, e con razón, que non miraba as moedas por ese lado senón polo outro onde poñía o que valían.
Para hoxe, se nos daban permiso os nosos papás, quedamos encargados de mirar nos petos para ver se atopabamos máis moedas nas que aparecera o creador de Don Quixote.
Laura tróuxonos unha de 10 céntimos na que aparecía, e Paula outra de 20, esta última tamén ensinounos unha moeda na que estaba o rei de España, ao que coñecemos de ver con frecuencia no xornal. Nos seguintes días seguiremos investigando e sobre todo mirando as moedas polas dúas caras a ver se topamos algunha na que apareza Don Quixote.

martes, 23 de abril de 2013

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe, aniversario da morte de Miguel de Cervantes, celébrase o Día Munidal do LibroNa nosa aula, para unirnos a esta conmemoración, repartimos entre os nenos a nova guía de usuarios da nosa biblioteca escolar. Durante o verán e o principio de curso, grazas ao orzamento recibido co premio do concurso nacional, foron moitos os cambios que se realizaron na biblioteca e, nesta guía actualizada, aparece recollida a nova distribución e unhas nocións básicas sobre a súa organización e funcionamento.

Como o ano pasado, estes días, tamén os estamos dedicando a coñecer a obra máis emblemática de Cervantes. O venres vimos o primeiro capítulo da serie televisiva “Don Quijote de la Mancha” da que nos encanta a súa pegadiza canción. Hoxe comezamos a ler o libro “Las aventuras de Don Quijote e a nosa bolsiña de lectura veu cargada de contos relacionados co “cabaleiro da triste figura”: “De la a A a la Z con don Quijote”, “Don Quixote e Breogan”, “Dulcinea, a nena cabaleira” …
O noso obradoiro de cociña deste venres tamén estará dedicado a Don Quixote, pero nós en lugar de pelexar cos muíños temos pensado comelos. Xa vos contaremos.
E para os que prefiran xogar, poden clicar na  imaxe inferior.

viernes, 27 de abril de 2012

NA HORA DE LER: DON QUIJOTE

Para conmemorar o día do libro, esta semana a nosa bolsiña especial para a “hora de ler” veu cargada de contos de Don Quijote. Aínda non rematamos de lelos todos pero, por agora, o favorito é “O dragón voador” da colección Don Quixote e Breogán de Anxo Fariña.
Para os que esta fin de semana opten por seguir coñecendo e xogando con Don Quijote, no blogue http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=112086 atopamos os enlaces que aparecen nas imaxes, se picades nelas poderedes decidir ver o mundo como Sancho ou como Don Quijote, rir coa aventura dos muíños ou coñecer a Cervantes.

martes, 24 de abril de 2012

COÑECENDO A DON QUIJOTE

Onte, aniversario da morte de Cervantes, celebrouse o Día mundial do Libro. Cando en clase reflexionamos sobre o motivo da elección desta data, os cativos nunca escoitaran falar de tan ilustre escritor nin do seu personaxe máis famoso: “Don Quijote de la Mancha”.  Para comezar a familiarizarnos con el decidimos ver no encerado dixital o primeiro episodio da famosa serie televisiva que leva o seu nome. Deste xeito descubrimos a Rocinante, o seu cabalo. Posteriormente atopamos varios libros na biblioteca coas súas aventuras. Pouco a pouco lerémolos e coñeceremos as andanzas deste cabaleiro.