A semana pasada completamos o mes de xullo
cun “Autorretrato”
do artista e onte, o de agosto, coa obra “Adoración dos Reis Magos”. Coma sempre buscamos nos diferentes libros cada cadro pero
non sempre hai imaxes deles en todos os exemplares. O que gusta máis aos nenos
é recoñecer nas ilustracións as obras que xa traballamos e lembrar o seus
títulos. Pero o feito de atoparnos co rei Baltasar nunha pintura de Velázquez
deunos moito do que falar.
Mostrando entradas con la etiqueta Velázquez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Velázquez. Mostrar todas las entradas
martes, 26 de mayo de 2015
jueves, 21 de mayo de 2015
A RAÍÑA DONA MARIANA DE AUSTRIA
Dende que vimos o cadro de “As Meninas” e
varios contos que teñen á infanta Magarita como protagonista, este personaxe
histórico gustou á maioría dos cativos. En diferentes obras de Velázquez recoñecimos
ao seu pai o rei Felipe IV e ao seu medio irmá o príncipe Baltasar Carlos. Faltábanos
a súa mamá, a raíña dona Mariana de Austria, pintura que eliximos para ilustrar
o mes de xuño no calendario escolar que estamos elaborando. Son varios os libros que temos onde aparece recollida esta obra e o luns na nosa visita á biblioteca
escolar estivemos buscándoa en todos. Pero, sen lugar a dúbidas, o exemplar que
Mencía compartiu connosco foi onde a puidemos observar con máis detalle.
jueves, 14 de mayo de 2015
AS LANZAS
“La infantita quiere buñuelos” é o título dun dos libros que a biblioteca municipal de Meis cedeunos en préstamo temporal mentres esteamos a traballar ao redor da
figura de Velázquez. Escollémolo para ilustrar o mes de maio do noso calendario
escolar do autor. Nel cóntanos unha trasnada argallada pola infanta Margarita e
Nicolasito, o anano representado no cadro As Meninas que anda a molestar ao can. A trama comeza cando a princesa quere
tomar o chocolate con buñuelos destinado a súa media irmá e as damas. Pero non
pode … o seu pai, o rei Felipe IV, ten que recortar os gastos da corte para
facer fronte ás débedas da guerra e á mala xestión. Unha delas quedou
inmortalizada na obra “A rendición de Breda, ou As lanzas” de Velázquez que eliximos para o mes de
maio. Entre realidade
e fantasía, gozamos da lectura deste divertido libro á vez que coñecemos algúns
dato da época do pintor.
lunes, 11 de mayo de 2015
FELIPE IV A CABALO
O noso calendario escolar de Velázquez
continua avanzando. A semana pasada chegamos ao mes de abril e foron “Las Tres Mellizas” as encargadas de achegarnos o cadro “Felipe IV a cabalo”.
Aínda que tamén observamos a obra en detalle accedendo á galería
on line do Museo do Prado e, por suposto, nos libros que temos na escola, o que máis gustou
aos cativos foi ver a Velázquez pintándoa na animación do vídeo que vos deixamos
a continuación.
martes, 5 de mayo de 2015
A FRAGUA DE VULCANO
A semana pasada, cando limos o conto “Colás y su amigo Velázquez” vimos nas súas páxinas moitos dos cadros que xa
coñecemos deste gran pintor español. De todas elas escollemos a obra “A fragua de Vulcano” para ilustrar o mes de marzo no noso calendario escolar
de Velázquez.
Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis gustou aos cativos foi ver na Audioguía
infantil do Museo do Prado ao deus Apolo cobrar vida no cadro e chamar por
Vulcano. Se na casa tamén queredes gozar
con esta animación á vez que aprendedes algunhas cousiñas, podedes facer clic aquí,
ao rematar a animación de As Meninas tedes que pinchar en “volver al indice”, situar o cursor
na frecha da dereita e continuar clicando nela ata que apareza a obra desexada,
volver a facer clic sobre ela e comezará a infanta Margarita coa súa explicación.
lunes, 27 de abril de 2015
AS FIANDEIRAS
No cadro que escollemos para o mes de febreiro,
Velázquez representa nun primeiro plano a
unhas fiandeiras pero tamén conta “A fábula de Aracne”.
Aracne era unha moza cunha especial habilidade para
tecer tapices, tanto que fixo unha competición coa deusa Minerva para ver cal
das dúas creaba o tapiz máis fermoso. Inesperadamente Aracne vence no concurso.
A deusa enfadada converte a Aracne nunha araña condenada a estar tecendo o
resto da súa vida.
lunes, 20 de abril de 2015
MATEO DE PASEO POLO MUSEO DO PRADO
Co noso calendario escolar de Velázquez xa chegamos ao mes de xaneiro. Nesta ocasión a
princesa Margarita sae do cadro “As
Meninas” para acompañar a “Mateo de paseo polo Museo do Prado”. De todas as obras do autor que aparecen no
libro seleccionamos “O principe Baltazar Carlos cazador” para ilustrar esta folla do almanaque. Para todos os
que desexen coñecer un pouquiño máis
deste cadro, a continuación deixámoslle o seguinte vídeo de ArteHistoria.
jueves, 9 de abril de 2015
FELIPE IV VESTIDO DE CASTAÑO E PRATA
“Carlota y la princesa española” é o conto que escollemos para o mes de decembro no calendario escolar
de Velázquez que estamos realizando. Carlota, o mesmo que varias nenas
da nosa aula, quere ser princesa. Para confeccionar un vestido como os das infantas, acude coa súa avoa ao museo para ver retratos
delas. Pensa que así terá a inspiración necesaria para facer o seu disfrace.
Pero cando os personaxes dos cadros de Velázquez cobran vida, descobre que moverse
co armazón de arame que leva debaixo da saia a infanta Margarita non é doado.
Será o mesmísimo “Felipe IV vestido de castaño e prata” o encargado de poñer fin á aventura da
protagonista do conto.
lunes, 23 de marzo de 2015
VELLA FRETINDO OVOS
Este bodegón de Velázquez é o cadro que escollemos
do libro “Historia de los grandes cuadros” para ilustrar o mes de novembro no calendario escolar que estamos confeccionado.
As obras deste xénero teñen como escenario tabernas ou cociñas e amosan moitas
clases de alimentos así como tixolas e fontes.
Esta mañá, na biblioteca escolar,
buscamos este cadro nos diferentes libros do autor e non tivemos problema para
atopalo representado en varios deles. Considerada unha das súas mellores obras, este óleo
pintouno cando soamente tiña dezanove anos.
lunes, 16 de marzo de 2015
UN CADRO DE VELÁZQUEZ
Este é o título do libro que escollemos para o mes de outubro no noso calendario
escolar 2015/16 de Velázquez. A través del, esta mañá na biblioteca escolar, mergullámonos
na obra máis famosa do pintor: As Meninas.
En cada páxina fomos coñecendo ademais do autor, as persoas representadas na obra: a infanta Margarita coas súas meninas María Agustina Sarmiento e Isabel Velasco; os seus acompañantes Mari Bárbola e Nicolás de Pertusato; a súa coidadora, Dona Marcela de Ulloa; un gardadamas; o apousentador real, José Nieto; e reflectidos estratexicamente nun espello, os reis Felipe IV e Mariana de Austria.
Como puidemos comprobar, este cadro aparece
recollido en case todos os libros que temos na biblioteca que falan do autor,
porque é a súa obra mestra e a culminación da súa carreira.
En cada páxina fomos coñecendo ademais do autor, as persoas representadas na obra: a infanta Margarita coas súas meninas María Agustina Sarmiento e Isabel Velasco; os seus acompañantes Mari Bárbola e Nicolás de Pertusato; a súa coidadora, Dona Marcela de Ulloa; un gardadamas; o apousentador real, José Nieto; e reflectidos estratexicamente nun espello, os reis Felipe IV e Mariana de Austria.
miércoles, 11 de marzo de 2015
CADA MES UN CADRO E UN LIBRO
Como xa ven sendo tradición na nosa escola,
no segundo trimestre do ano comezamos a confeccionar un calendario escolar temático que sirva aos maiores de lembranza do seu paso por infantil e aos
demais de guía de lectura. Este curso ímolo dedicar a Velázquez. Como
recollemos no título desta entrada, cada mes traballaremos un cadro deste
artista e un libro onde apareza recollida a súa creación.
Empezamos o noso particular almanaque do
curso 2015/16 en setembro coa obra “O vendedor de auga de Sevilla” e o exemplar “Velázquez para niños”. Nel limos que o artista naceu en Sevilla e observamos a
pintura. Posteriormente explicamos e dramatizamos como se desenvolvía o oficio representado no cadro nunha
época na que o abastecemento de auga non estaba xeneralizado.
Paralelamente estamos montando un novo
recuncho en clase e na biblioteca escolar dedicado a este gran artista. Se na casa tedes libros,
imaxes, postais, láminas, enciclopedias, xoguetes, contos … relacionado co
pintor que vos apeteza compartir, podédelo traer para velo na aula, enriquecer
o noso novo recanto e aprender todos xuntos.
lunes, 9 de marzo de 2015
VELÁZQUEZ NA BIBLIOTECA
Fai unhas semanas no suplemento dominical XL Semanal número 1423,
vimos un anuncio no que aparecía o cadro “As Meninas”. Comentamos que fora creado por un pintor chamado Velázquez que
tamén aparece autorretratado no lenzo. Hoxe aproveitamos a nosa xornada na
biblioteca escolar para ver os libros que temos deste autor.
Comprobamos que o cadro representado na
revista está en case todos os libros que temos del. Limos que unha das
meniñas debuxada é a infanta Margarita e que o seu pai era o rei Felipe IV.
Tamén constatamos que todos tiñan a pegatina
rosa e número 75 porque falan de arte.
Fomos á zona documental buscamos a cor
rosa e vimos onde temos que colocalos cando rematemos de traballar con eles. Na
nosa biblioteca de aula tamén temos un pequeno espazo dedicado aos libros de
arte e aproveitamos para recoñecelo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















































