Mostrando entradas con la etiqueta Aragón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aragón. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2016

ANIMAIS DE ARAGÓN


Debido as diferentes actividades complementarias que estivemos desenvolvendo nas últimas semanas, tiñamos algo abandonado o noso proxecto de Aragón. O luns pasado retomamos o tema consultando o atlas de animais que nos regalara o ANPA para a biblioteca polo día do libro.

jueves, 5 de mayo de 2016

DESPEDÍMONOS DE CANARIAS

Aínda que con moito retraso con respecto a cando o tíñamos previsto, onte por fin desmontamos o recuncho de Canarias e deixamos sitio para comezar a crear o espazo dedicado a Aragón. Así que xa sabedes, se na casa tedes contos, revistas, libros, DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos, folletos ou publicidade de axencias de viaxes, receitas… relacionado con esta Comunidade Autónoma e adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo traer para o noso novo recanto.

lunes, 11 de abril de 2016

ZAPATOCAS EN ARAGÓN


Hoxe, na nosa visita semanal á biblioteca escolar, atopamos unha nova carta da nosa mascota e tres libros: “La leyenda de San Jorge”, “De la A a la Z… Aragón” e “Primeros Exploradores: Dinosaurios”. Lendo a misiva de Zapatocas rapidamente descubrimos a relación entre eles. San Jorge é o patrón de Aragón e nesta terra atoparon moitos restos de dinosauros, incluso hai un parque sobre eles: Dinópolis.

A carta tamén fala de Goya, o pintor que andamos a coñecer este ano, e de Fluvi, a pinga de auga coa que traballaron na aula de natureza.  Nos vindeiros días e ata final de curso esta Comunidade Autónoma será o noso novo obxectivo, xa vos contaremos.