Mostrando entradas con la etiqueta Frida Kahlo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Frida Kahlo. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de junio de 2021

REMATAMOS O TRIMESTRE


Case sen darnos conta chegamos a final de curso. Xa rematamos os traballos, empaquetamos todo e levamos as cousas para casa. Para meter todos os traballos do trimestre a mestra Ana axudounos a personificar unhas bolsiñas.

Nas últimas semanas completamos o calendario escolar de Frida Kalho. A portada é unha pequena guía de lectura. Nela aparecen recollidos os libros que consultamos ao longo do curso adaptados ás idades dos nosos alumnos. 

Quedara pendente de publicar neste blog a versión signada do conto Zapato, que con tanta ilusión reescribimos e memorizamos.


 Déixovola a continuación para que poidades practicar en familia.

A última crisálida que tiñamos, tamén saíu do seu casulo e soltámola para que puidera continuar o seu ciclo vital.


jueves, 20 de mayo de 2021

O PAVO DE ERIK

Erik tamén animouse a elaborar o noso nutritivo pavo de froitas. Mirade nas imaxes que chuliño e gracioso lle quedou.

miércoles, 19 de mayo de 2021

O PAVO DE MARTA

Dende que comezamos a coñecer as mascotas da artista Frida Kahlo, decidimos levalas ás nosas propostas culinarias da fin de semana para renderlle unha pequena homenaxe. Xa elaboramos o mono araña e o papagaio. Agora tocoulle quenda ao pavo. Nós propuxemos unha receita empregando pera como ingrediente principal.

Marta xa se animou a elaborala. Mirade nas imaxes que espectacular lle  quedou e a cara tan divertida que ten o pavo.



martes, 18 de mayo de 2021

CALENDARIO ESCOLAR DE FRIDA KAHLO

 

No terceiro trimestre sempre elaboramos un calendario do vindeiro curso que dedicamos a un artista. Nesta ocasión, a pintora protagonista é Frida Kahlo. En cada mes traballamos ao redor dunha das súas obras á vez que coñecemos os feitos máis relevantes da súa vida a través de diversa bibliografía. Paralelamente afianzamos o coñecemento da serie numérica ata o 31, os días da semana e os meses do ano.

Como este ano andamos a voltas cos animaliños, nos cadros seleccionados os protagonistas son as mascotas de Frida.












martes, 11 de mayo de 2021

O PAPAGAIO E A ABELLA DE ERIK

 

Neta ocasión o noso cociñeiro Erik elaborou dúas receitas xuntas. Na súa versión do papagaio empregou peladillo como ingrediente principal e mirade que ben lle quedou.


Para a abella, substituiu os arándanos por uvas e, como podedes apreciar nas imaxes, o resultado foi do máis divertido.


O PAPAGAIO DE MARTA

Marta tamén animouse a elaborar o papagaio dos cadros de Frida kahlo. Mandounos as fotos do proceso, mirade que bonito lle quedou.



domingo, 9 de mayo de 2021

OS PAPAGAIOS DE FRIDA KAHLO

Seguimos avanzando no coñecemento da vida e obra da pintora Frida Kahlo a través das súas mascotas. Esta semana tocoulle quenda aos seus papagaios. Propoñemos levar esta ave á nosa creación culinaria da fin de semana. Coma sempre optamos por unha receita sinxeliña, neste enlace tedes outra versión e aquí unha máis complicada pero moi divertida. 

Noa xa se animou a realizar a nosa proposta empregando tamén néspera. Mirade nas fotos que ben lle saíu.

martes, 13 de abril de 2021

FRIDA KAHLO NA BIBLIOTECA

Zapatocas, a mascota da biblioteca, preparounos un recuncho dedicado á artista Frida kalho. Onte, na nosa visita semanal, estivemos vendo os libros que nos tiña seleccionados. Paseniño iremos léndoos e aprendendo diferentes aspectos da súa vida e obra.

O MONO ARAÑA DE MARTA E ERIK

Xa temos outras dúas versións diferentes da proposta do mono araña de Frida kahlo. Nesta ocasión Marta empregou unha galleta coma base e Erik unha tortiña de millo. Mirade nas imaxes que chuliños quedaron.



 

lunes, 12 de abril de 2021

domingo, 11 de abril de 2021

O MONO ARAÑA DE MARÍA

María fixo a súa propia versión da receita do mono araña empregando unha filloa como base. Unha versión moito máis enxebre e nutritiva. Mirade na imaxe que ben lle quedou.


viernes, 9 de abril de 2021

O MONO ARAÑA DE FRIDA KAHLO


O xoves coñecemos a Fulang Chang, o mono araña que Frida Kahlo tanto amaba e pintaba nos seus autorretratos. Hoxe propoñemos levar esta mascota á nosa proposta culinaria da fin de semana. Optamos por esta receita sinxeliña pero tedes esta outra opción máis divertida.

martes, 23 de marzo de 2021

COÑECENDO A FRIDA KALO

 

Co conto “Frida kahlo y sus animalitos comezamos a coñecer unha das pintoras máis importantes da historia. Partindo das mascotas que inspiraron a súa arte, este libro narra a vida da artista mexicana.

jueves, 15 de mayo de 2014

FELIZ DÍA DA FAMILIA

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Familia. O domingo pasado xa tivemos un adianto coa VI Feira da Familia que organizou o Concello de Ribadumia e na que moitos dos cativos da escola participaron. 
Na aula celebrámolo esta mañá coa lectura parcial do conto “Unha chea de familias”. Nel, a protagonista descobre coa axuda do seu papá, que no edificio viven familias moi diferentes, pero todas teñen en común o amor que une aos seus membros. E aproveitando o tema, a semana pasada estivemos coñecendo á de Frida kahlo a través de fotografías e dos retratos realizados pola artista.

viernes, 25 de abril de 2014

A CASA DE FRIDA KAHLO

Vímola o martes, no encerado dixital, e puidemos facer unha visita virtual polo xardín, a cociña, o comedor, o dormitorio… Trátase do Museo Frida Kahlo tamén coñecido como A Casa Azul, o lugar onde naceu, viviu e morreu esta artista mexicana. Se na casa tamén queredes vela, podedes clicar no seguinte enderezo

Para os que prefiran coñecela xogando, poden facer clic na imaxe e accederán á casa de Frida. No seu dormitorio poderán decidir como vestila, na cociña axudala a realizar a súa comida favorita, no comedor coñecerán a súa familia…