martes, 23 de abril de 2019

¡FELIZ DÍA DO LIBRO!


Para conmemorar o Día do Libro, hoxe os meniños levaron para casa a guía de lecturas do circo que editamos dende a biblioteca escolar e ao redor da que estivemos traballando este mes.

jueves, 11 de abril de 2019

VISITA AO PORTO E A LONXA DE PORTONOVO

Grazas ao programa “O Sabor da Aventura está no Mar” no que participa a nosa escola, onte puidemos gozar dunha excursión a Portonovo. Primeiro visitamos a Lonxa, onde nos explicaron o funcionamento da poxa e realizamos unha ficticia. Despois  vimos o etiquetado dos produtos e a información que proporciona. Ao rematar, tocoulle quenda ao porto e mostráronnos os diferentes tipos de redes e aparellos que empregan para capturar o peixe. E puxemos fin á xornada cunha rica merenda mariñeira para coñecer os produtos do mar dende o punto de vista culinario.

martes, 9 de abril de 2019

NUTRIAS MARINAS

A noticia publicada  en xaneiro no periódico Faro Vigo sobre as “nutrias marinas”, serviunos de detonante para buscar información e coñecer algunhas das características deste simpático mamífero.
Vimos varios vídeos, entre eles, no que podedes ver como nacen facendo clic aquí.

domingo, 7 de abril de 2019

BOTERO NA BIBLIOTECA


Nas últimas semanas, dedicamos a nosa visita á biblioteca a ver os libros que temos do artista Fernando Botero e como temos que facer para localizalos. Consultamos a CDU e comprobamos que teñen a pegatina rosa e o número 75 porque tratan de pintura.