Marta e
a súa amiga Suevia decidiron por en practica os xogos con globos que o mestre de educación física da nosa escola recomenda. Mirade
no vídeo que ben o pasaron e animarvos a practicar coma elas, veredes que
divertido.
Mostrando entradas con la etiqueta psicomotricidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta psicomotricidade. Mostrar todas las entradas
lunes, 8 de junio de 2020
lunes, 25 de mayo de 2020
OS ARRASTRES DE MARTA
Coa nova proposta do mestre de educación física mirade no vídeo de Marta que ben o
podedes pasar practicando. Un divertido xeito de darlle unha nova vida as
caixas de cartón e aos tubo de papel de cociña. Se probades a decoralos como se
fosen auténticos coches de carreiras seguro que vos quedan moi chuliños e vos
divertides dobremente. Neste enlace e aquí
tedes algunhas ideas.
lunes, 18 de mayo de 2020
O XOGO DOS BIRLOS
Seguindo as suxestións do mestre de educación física, Marta
practica o xogo dos birlos
á vez que lle dá outra vida aos tubos de papel hixiénico. Probade na casa e
veredes o ben que o pasades. Se os decorades primeiro, quedaranvos moi chuliños e divertirédesvos dobremente. Tedes
algunhas ideas aquí.
E a continuación máis propostas de educación física:
E a continuación máis propostas de educación física:
sábado, 11 de abril de 2020
MARTA DEPORTISTA
O feito
de ter que estar na casiña non debe impedir que fagamos exercicio cada día. Nos vídeos que Marta realizou xunto co seu irmán Pablo son unha boa mostra disto. Animádevos a imitalos e continuade enviándonos
outras opcións.
.
Neste enlace tedes algunhas suxestións e a continuación déixivos o "Baile do
movemento" do "Duo Tiempo del Sol" para motivarvos.
martes, 24 de marzo de 2020
DEPORTE NA CASIÑA
Hoxe vos
traemos esta proposta que nos enviou o mestre de educación física xunto co vídeo inferior que contén unha chea de posibilidades. E para motivarvos,
déixovos a presentación co último día que xogamos ao pañuelo. Así vos lembrades
dos vosos amigos e o mesmo vos animades a xogalo en familia aínda que sexa no
corredor da casa.
jueves, 20 de septiembre de 2018
AS MESTRAS ESPECIALISTAS
Onte a
profesora Olalla de música contounos como van ser ás súas clases e as actividades
que va a desenvolver . Hoxe, antes da merenda, tocoulle quenda á mestra Belén
de audición e linguaxe coa que aprenderemos articular e pronunciar mellor.
Despois
do recreo, coa profesora Olalla de Educación Física, lembramos todo o que
faremos para estar en forma e aumentar as nosas capacidades.
E, como tamén nos dará informática, a última hora, antes de marchar para casa, fomos á aula de ordenadores para ensinarlla aos novos alumnos e recordar as normas de comportamento.
E, como tamén nos dará informática, a última hora, antes de marchar para casa, fomos á aula de ordenadores para ensinarlla aos novos alumnos e recordar as normas de comportamento.
jueves, 25 de febrero de 2016
COAS RAQUETAS PARA CASA
Agora que os cativos xa remataron de
traballar en ximnasia coas raquetas e as pelotas que nos regalara o papá de Candela, chegou o momento de
personificalas co nome de cada neno e levalas para casa. Seguro que hoxe se
divirten intentando demostrar o aprendido e practicando en familia. Unha vez
máis, graciñas papá polo teu agasallo.
viernes, 6 de noviembre de 2015
PÁDEL
Dende que fai unhas semanas o papá de Candela
trouxéranos palas e pelotas de pádel de Salnés Padel para repartir entre os cativos, todos tíñan ganas de xogar con elas.
O xoves a mestra Araceli comezou a traballar sobre o tema na clase de ximnasia
e seguro que pronto aprenderán moitas cousiñas sobre este deporte. Para empezar
todos descubriron que pillar as pelotas non é doado pero … ¡que ben o pasaron!.
¡Moitas grazas papá!.
miércoles, 6 de marzo de 2013
PSICOMOTRICIDADE EN KENIA
Altos
coma xirafas, gateando veloces coma guepardos, a catro patas coma cebras,
reptando coma crocodilos… É divertido explorar as posibilidades do noso propio corpo
mentres imitamos aos animais que coñecemos de Kenia.
domingo, 4 de noviembre de 2012
PSICOMOTRICIDADE CON CAROZOS
Na
aldea, despois da esfollada, é doado conseguir unha presa de carozos. Xa viramos
que podemos transformalos en xoguetes, pero a semana pasada empregámolos tamén para
facer psicomotricidade e desenvolver a nosa coordinación.

Divertímonos comprobando que podemos facelos
rodar coma unha pelota co pé ou man. Lanzalos ao aire e recollelos antes de que
nos caian ao chan resultounos máis complicado.
Pero o gran día do carozo tivémolo
o martes, cando a mamá de Aaron tróuxonos un saco deles para facer a brasa do
Magosto. Non deixamos pasar a ocasión e fixemos torres, o noso nome, debuxos, camiños… ata xogamos a encestar cando chegou a hora de recoller.jueves, 17 de mayo de 2012
¡FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Hoxe
estamos de celebración pero non vos esquezades de deitarvos cediño. Mañá imos
de excursión e hai que madrugar para chegar pronto á escola e non perder o autobús.
Ademais, lembrade que non poderedes durmir despois de xantar, temos que
aproveitar o día e aprender moitas cousas sobre o mundo das abellas. O mércores
en clase de psicomotricidade estivemos xogando a imitalas e a compartir panal. 
Tamén
aprendemos unha variante de “As abelliñas de San Miguel”, na que en lugar de
virarnos, cae de cachas o neno nomeado, para axiña volver a erguerse e seguir coa
roda. Coma sempre o máis divertido ven ao final cando caemos de cu todos á vez.
Ademais, lembrade que non poderedes durmir despois de xantar, temos que
aproveitar o día e aprender moitas cousas sobre o mundo das abellas. O mércores
en clase de psicomotricidade estivemos xogando a imitalas e a compartir panal. 
Tamén
aprendemos unha variante de “As abelliñas de San Miguel”, na que en lugar de
virarnos, cae de cachas o neno nomeado, para axiña volver a erguerse e seguir coa
roda. Coma sempre o máis divertido ven ao final cando caemos de cu todos á vez.
domingo, 22 de abril de 2012
PSICOMOTRIDIDADE CON GLOBOS
Dannos
medo cando estoupan, tamén desconcerto cando non sabemos a causa, pero sobre todo provocan risas e motivan. Poucos
son capaces de resistirse a golpear un globo antes de que toque o chan. Pero para conseguilo hai que controlar o propio
corpo, a coordinación de movementos, calcular a traxectoria de caída, non
tropezar cos demais mentres intentamos collelo… 
En resumo, contribuímos ao desenvolvemento de
destrezas e habilidades cun obxecto sinxelo e ao alcance de todos. Se queredes
pasar unha divertida tarde en familia aquí
vos deixamos a nosa proposta,
xogos con globos. Pero non esquezades que desinflados
poden ser moi perigosos e provocar
accidentes. Se os cativos os introducen na boca poden esganar, por este
motivo tamén hai que recoller inmediatamente os restos dun globo roto.domingo, 25 de marzo de 2012
REMATAMOS A SEMANA DA PRENSA

O venres puxemos punto final á Semana da Prensa, pero non ao noso traballo ao redor do xornal, que continuará estando presente cada mañá a primeira hora cando ollemos o periódico.
A despedida fixémola unha vez máis xogando. A semana pasada vimos como podíamos converter o diario en volantes, cadeiras, sombreiros… nesta ocasión simplemente tivemos que engurrar forte follas do xornal e o potencial multiplicouse ao quedar convertido en pelotas. martes, 21 de febrero de 2012
XOGANDO Á PETANCA
Xa estivemos practicando fai tempo cando limos a carta que Félix enviou a Sofía dende París, pero daquela aínda non tíñamos o material necesario e tivemos que improvisalo. Agora xa está a nosa disposición e, aínda que nos vexades con pinta carnavalesca, xogamos coa formalidade dun profesional. 
A verdade é que nunca falta un verme, unha mosca ou algún outro bicho que nos distraia pero… ¡hai tantas cousas que chaman a nosa atención e é tan difícil centrarse nunha soa!
miércoles, 8 de febrero de 2012
O PARACAÍDAS
Aínda que algúns de nós enredabámonos e collíamos cando tíñamos que soltar e soltabamos cando tiñamos que coller…
hoxe en clase de psicomotrici-dade, coa axuda do paracaídas, aprendemos a importancia de coordinar a propia acción coa dos compañeiros.
Cando lograbamos seguir as consignas do mestre acomodando ritmos, movementos e direccións; gozabamos provocando ondas, mergullándonos no seu interior, lanzando a pelota… Sen lugar a dubidas, un elemento ideal para fomentar a cooperación. Probade na casa a crear o voso propio paracaídas cunha saba vella.
hoxe en clase de psicomotrici-dade, coa axuda do paracaídas, aprendemos a importancia de coordinar a propia acción coa dos compañeiros.
lunes, 6 de febrero de 2012
RUGBY, DIFÍCIL DEPORTE

Ao principio, cando recortamos a foto, parecía que se trataba de futbol pero, cando limos a noticia, comprobamos que se trataba de Rugby. A maioría dos cativos nunca escoitara falar del. Buscamos na enciclopedia dos deportes como se xogaba e, como non nos quedou moi claro, pedimos axuda ao profe Rafa.
A verdade é que non entendimos case nada pero rimos moito. Ao final como sempre simplificamos as cousas e rematamos xogando ao rugby ao noso xeito.miércoles, 11 de enero de 2012
CARTA DE FÉLIX DENDE PARÍS
Sofía, a protagonista do conto “Cartas de Félix” que estamos lendo na aula, recibiu outra misiva do seu peluche. Como podedes ver na imaxe, marchou para París.
Antes das vacacións estivemos traballando sobre esta carta e incluso intentamos aprender a xogar á petanca. Agora imos a investigar e coñecer cousiñas desta cidade e do país onde está situada, xa vos contaremos.
viernes, 16 de diciembre de 2011
DEPORTES NO XORNAL
Pouco a pouco imos familiarizán-donos coas sección do periódico. Ultimamente estámonos centrando nos deportes. A maioría de nós xa aprendemos a localizar as fotos sen maior dificultade, agora ven o difícil, saber de que deporte se trata. O fútbol distinguímolo con facilidade pero, co resto, aínda nos queda moito por traballar.
Por agora andamos a recortar as fotos que atopamos nos xornais atrasados para ir identificándoos e clasificándoos coa axuda do profe Rafa. Se queredes saber porque temos nas fotos a cariña pintada de ratiños, visitade o blogue de música do cole ou picade directamente aquí, veredes que ben o pasamos na clase anterior.
sábado, 12 de noviembre de 2011
SEMANA DA BUXAINA NA ESCOLA
O luns hai que lembrarse de traer decorada a buxaina que levamos o venres para casa. Pero sobre todo, non vos podedes esquecer de xogar moito en familia con ela esta fin de semana.
Na columna da esquerda deste enlace http://www.baldufa.com/portalinicio.htm, tamén tedes unha interesante recompilación se picades en “países y peonzas”.Como nota curiosa sinalar este “trompo alimenticio” para promover hábitos nutritivos saudables. Picade na imaxe se queredes máis información.miércoles, 9 de noviembre de 2011
POR SAN MARTIÑO, BUXAINAS AO CAMIÑO
¡Que doado parece cando a baila o profe Rafa e que difícil cando a lanzamos nós!. Intentámolo coa súa axuda, agarrándonos el o brazo, dicíndonos como debíamos colocarnos… pero ¡que complicado!... o que máis nos gusta é cando a colle coa man sen que deixe de bailar, pona na nosa e a buxaina continua bailando… Xa sabedes, o venres é o día do peón, a ver se entre todos conseguimos aprender e, sobre todo, evitar que desaparezan estes xogos que tanto nos poden facer desfrutar en familia. Así que papá, avó, mamá… practicades con nós e veredes canto rimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















