Mostrando entradas con la etiqueta Festa da auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa da auga. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de junio de 2022

FESTA DA AUGA

Aínda que o día amenceu nubrado e algo fresco, tivemos unha xornada espectacular onde a auga foi a gran protagonista. 

Mentres o sol non quentaba, a mestra Marta deleitounos cun divertido conto no que tíñamos que contar rás. 

Despois, coa axuda da mestra Ana e Rebeca, construímos unha reciclando un tubo de papel hixiénico.


Case sen darnos conta o sol comezou a quentar e puidemos empezar cos xogos. 

Primeiro coas camisetas postas, despois, ao entrar en calor, foron sobrando.


Fixemos carreira, superamos obstáculos, recatamos animais... 


Pero o mellor veu ao final cando comezou a batalla coas pistolas de auga ...




lunes, 28 de junio de 2021

FESTA DE FIN DE CURSO

Despois de todo un ano do máis diferente, chegou o momento da despedida tamén dun xeito moi distinto. Como non podíamos xuntarnos coas familias e amigos doutras clases, decidimos seguir a proposta da mestra Marta e argallar “A festa da auga”. Á escola acudimos co traxe de baño, a toalla, as chanclas, dúas máscaras de reposto e unha muda de roupa na mochila polo que puidera pasar. Mentres esperabamos a que o día quentara máis para comezar cos xogos de auga, construímos unha divertida libélula con pinzas da roupa.


Despois quentamos motores cos bailes e xogos: O Twist dos ratiños, Son unha serpe, Tomadiños en parella, O baile dos animais, María a cocotera … con tanto movemento entrou fame e chegou a hora da merenda.

Despois de recuperar forzas o sol xa quentaba. Puxemos os traxes de baño e comezamos cos enredos de auga.

Primeiro carreiras por grupos para encher os caldeiros

Logo a pescar tapas de plásticos coma se fosen peixiños

Non podíamos deixar de practicar o noso xogo favorito: o pañuelito pero cunha versión máis divertida substituíndoo  por un globo con auga. 

E para rematar, a batalla con pistolas de augas e mangueira.





Case sen darnos conta chegou o momento de secarnos e cambiarnos de roupa

E xa con todo recollido, aínda tivemos un anaquiño de tempo para facer pulseiras cunhas peciñas para ensartar que nos deu a mestra Marta. Sen lugar a dubidas foi unha despedida de curso  moi diferente pero do máis divertida. Grazas a todas as familias pola súa colaboración e as mestras Ana e Marta por animarnos a facer esta inesquecible “Festa da auga”. Volvemos en setembro.