Mostrando entradas con la etiqueta Cancións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cancións. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de enero de 2023

EL MAMUT CHIQUITITO

Como nos gusta a canción e o baile que nos ensinou a mestra Marta de Ribadumia!

 

Ademais de aprender a letra e o baile, descubrimos como debuxar un mamut a partir da contorna da nosa man.


viernes, 11 de diciembre de 2020

O APALPADOR

Como xa vén sendo unha tradición na nosa escola, coa chegada do Nadal traballamos ao redor da figura do Apalpador para dar a coñecer este personaxe das montañas do Courel. Para os que aínda non coñezan a súa historia, a continuación vos deixamos este vídeo do CEIP Coirón Dena.

Todos os anos, os meniños escríbenlle unha carta na que lle piden algún xoguetiño de madeira para a clase. El adoita vir recollelas ao noso festival de Nadal. Debido á pandemia, este curso non poderemos realizalo. Pero o Apalpador recibirá igualmente as misivas.

lunes, 26 de octubre de 2020

A ARAÑA PEQUENIÑA


Como nos gusta a todos esta pegadiza canción. Se enriba lle engadimos a mensaxe que transmite de superación persoal, a combinación é perfecta. A semana pasada, demais de traballar ao redor da letra da canción, no patio xogamos a converternos por uns intres na araña pequeniña e tentamos trepar pola barra. É difícil, pero mirade que ben o fan os maiores.



viernes, 9 de octubre de 2020

UN ELEFANTE SE BALANCEABA…

Seguro que todos coñecedes esta pegadiza canción. Estes días que andamos a voltas coas arañas, empregámola para traballar a numeración, pero sobre todo, para divertirnos. No parque infantil no que agora facemos o recreo, temos unha gran tea de araña. Ao ritmo da canción os meniños tamén foron converténdose en elefantes que se balanceaban. Que ben o pasaron!

sábado, 11 de abril de 2020

MARTA DEPORTISTA

O feito de ter que estar na casiña non debe impedir que fagamos exercicio cada día. Nos vídeos que Marta realizou xunto co seu irmán Pablo son unha boa mostra disto. Animádevos a imitalos e continuade enviándonos outras opcións.
.


Neste enlace tedes algunhas suxestións e a continuación déixivos o "Baile do movemento" do "Duo Tiempo del Sol" para motivarvos.

sábado, 30 de noviembre de 2019

PREPARANDO O FESTIVAL DE NADAL

O vindeiro día 20 de decembro celebraremos o noso tradicional festival de Nadal no que cada clase participa cantando unha panxoliña. Na nosa escola xa temos escollida a que dramatizaremos e andamos ensaiando. Para os que desexen practicar tamén na casa, a continuación vola deixamos.

domingo, 16 de diciembre de 2018

A NOSA PANXOLIÑA

O vindeiro venres 21 celebraremos o noso tradicional festival de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Xa vai tempo que comezamos cos preparativos e o “Villancico de las vocales” e título da panxoliña que imos cantar e dramatizar nós. Estes días andamos a ensaiar na escola e, para os que desexen facelo tamén en familia, a continuación vos deixamos o vídeo coa versión karaoke.

martes, 9 de octubre de 2018

O AUTO NOVO


O xoves pasado inauguramos a sesión semanal que imos dedicar aos xogos coñecendo unha das cancións máis populares dos “Pallasos da Tele”. Estes artistas circenses que coñeceremos en profundidade mais adiante, fixeron cantar e rir a miles de nenos con “El auto nuevo”.  Na nosa aula pasámolo xenial aprendéndoa e despois cantándoa na nosa andaina diaria.

jueves, 13 de octubre de 2016

MALVADOS E MALVADAS


O Ogro, O Lobo, O Zampón, A bruxa, A cabra, Os cazadores, “El capitán Garfio”… cada día aumenta o número de malos e malas que imos coñecendo. Xa limos todos os contos que tíñamos na nosa bolsa de lectura e volvemos a enchela con máis que collemos da biblioteca escolar. Ademais de ler as historias, estamos vendo as películas, escoitando cancións, traballamos cos nomes dos personaxes e, a partir deste venres, serán os protagonistas do noso obradoiro de cociña. A continuación vos deixamos un conto musicado de tres malos e unha avoíña que nos encanta. 

martes, 26 de abril de 2016

IMOS A UN CONCIERTO DE MAMÁ CABRA

Como xa vos comentamos na entrada anterior, co gallo do día do libro foron moitas as actividades que se desenvolveron no centro a semana pasada. Unha moi especial foi a saída a Pontevedra a ver o concerto-teatro “15 primaveras” patrocinado por Afundación. Nel o grupo musical Mamá Cabra fixo un percorrido pola súa historia e as súas mellores cancións para celebrar o seu quince aniversario.


Pero sen lugar a dúbidas a favorita dos rapaces foi a que traballaron coa mestra Olalla e que os deixamos a continuación.

Despois de repoñer forzas cos bocadillos, continuamos coa segunda parte da nosa excursión, a visita o Café Moderno e o obradoiro “Arquitecturas emocionais”. A través da súa mascota, Modernio, explicaron aos cativos como rehabilitaron o edificio, xogaron a identificar coas mans os materiais empregados e expresaron as emocións que os diferentes espazos producían. Ata fixeron de arquitectos por un día e deseñaron a súa propia habitación.

lunes, 22 de febrero de 2016

EL BAILE DE LOS ANIMALES

Sen lugar a dúbidas, a actividade estrela da semana pasada foi “El baile de los animales”.  Cada día gústanos máis isto de movernos ao son dunha música pegadiza seguindo unha coreografía predeterminada. Non sempre conseguimos seguir ben o ritmo nin realizar correctamente os movementos, pero o pasamos xenial.  Se a isto lle engadimos que posteriormente traballamos o texto da canción e avanzamos no coñecemento da lingua escrita, o resultado é enriquecedor para todos.

E para que tamén bailedes na casa, a continuación vos deixamos o vídeo de Brujicanciones no que nos baseamos.

sábado, 13 de febrero de 2016

UN BAILE EN PIXAMA


A orde do Meco para o xoves da semana pasada era clara: ¡Vir á escola co pixama posto!. E así acudimos todos a clase, moitos con bata de casa e zapatillas incluídas para que non nos faltara detalle. 
Con esta cómoda vestimenta, practicamos o divertido baile “Tomaditos en parejas” de Brujicanciones que aprendemos para a festa de Entroido.
A continuación vos deixamos o vídeo por se queredes probar a realizado na casa, veredes que ben o pasades.

miércoles, 13 de enero de 2016

A PITA CEGA

Este trimestre comezamos a nosa sesión semanal de xogos empregando cadros de Goya como inspiración. Este pintor do que coñeceremos máis datos nos vindeiros meses, ten obras como “La gallina ciega” que nos van a servir para aprender enredos e familiarizarnos co autor. Pero o primeiro é saber a dinámica do xogo. Con esta finalidade antes de empezar a practicar vimos o seguinte vídeo onde os protagonistas explican moi ben o proceso.

O seguinte paso foi aprender a canción que o acompaña. E para iso tamén temos animación.

Por último veu o máis divertido: xogar. E para non esquecer o proceso, unha ficha co título e a cantinela para a nosa recompilación.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

LA TARARA

Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, na escola estamos a traballar ao redor dalgúns escritores andaluces. Esta semana centrámonos no poema “La Tarara” que Federico García Lorca compuxo a partir dunhas coplas populares. Estes versos, nalgunhas zonas de España, son empregados como xogo de roda que nós aproveitamos para aprender.

Hai moitas versións musicadas de “La Tarara”, a continuación vos deixamos a de Antonio Vega que é a que máis nos gusta.

martes, 6 de octubre de 2015

SOY UNA SERPIENTE

Hoxe xogamos, enredamos e traballamos ao redor da divertida e pegadiza canción que vos deixamos a continuación. Probade a practicar na casa veredes que ben o pasades. 


martes, 22 de septiembre de 2015

OS MARTES… XOGOS TRADICIONAIS

Este curso, coa axuda da mestra Olalla, imos dedicar  as dúas últimas horas dos martes a traballar ao redor dos xogos tradicionais. A idea é, ademais de recupelalos, basearnos neles para avanzar no coñecemento da lingua escrita á vez que aprendemos a xogar en grupo. Comezamos está mañá coa canción popular “Un elefante se balanceaba” que vos deixamos a continuación por se queredes xogar tamén na casa.


Primeiro, comprobamos si sabíamos contar ata 15 e ensaiamos todos xuntos para axudar aos máis pequenos. Despois, para aprender a canción, vímola un par de veces no encerado dixital. Acto seguido, a mestra Olalla converteunos en elefantes e, no Local Social, seguindo as consignas da letra, fomos montándonos nunha improvisada tela de araña que con tanto peso rompeu mentres botabamos unhas risas.

Para non esquecer todos os xogos e cancións tradicionais que imos aprender, ao rematar de xogar escribimos o título da canción para ir creando a nosa propia recompilación. Os pequenos con letras móbiles e moita axuda. Para os medianos e maiores engadimos tamén a letra e os números. Unha mágoa que chegara a hora da saída e non nos dera tempo de volver a xogar.

jueves, 27 de febrero de 2014

O RATO XAPONÉS

Este é o título da pegadiza canción que estivemos escoitando e bailando hoxe na escola. 
As mestras do CRA de Bergondo tamén desenvolveron un proxecto ao redor de Xapón e ademais desta simpática canción que copiamos do blogue de música, no da biblioteca atopamos o conto da princesa Sukimuki que vos deixamos a continuación.

miércoles, 5 de junio de 2013

LOBOFEROZ

Este é o título do conto no que nos imos basear para preparar o teatro da festa de fin de curso que celebraremos o 21 de xuño. Andamos a traballar ao redor da versión cantada por Almudena Janeiro do libro disco Contos en cantos. Por agora soamente estivemos vendo os personaxes que aparecen e decidindo o que vai facer cada un. Aínda non nos aclaramos, confundímonos e sáenos todo ao revés, pero rimos moito e pasámolo moi ben ensaiando. Se na casa tamén queredes coñecer a historia e aprender esta simpática canción, no seguinte vídeo tédela para que fagades un karaoke familiar.

jueves, 11 de abril de 2013

ULTIMOS DÍAS EN KENIA

Despois de todo un trimestre en Kenia, chegou o momento da despedida. Hoxe comezaron a marchar para casa os materiais aportados polos cativos e, entre mañá e a vindeira semana, remataremos cos que quedan. Nesta ocasión optamos por dicirlle adeus a este país africano cantando e bailando a canción que aprendemos co mestre Felipe:  “Jambo Bwana”, que ven a dicir algo así como: ¡benvidos a Kenia!.